Pesquisar neste blogue

sexta-feira, 1 de junho de 2007

O motor do cambio en Chantada!!!



Falou o pobo chantadino e pronunciou-se claramente a prol dun cambio, motor do cal foi, incostestabelmente, o BNG. triplicando o número de edís e representación, ficamos a 400 votos de enconverternos na 2ª forza política e, amais, foi o BNG a única formación que subiu no concello de Chantada (o do PSOE non se pode considerar unha subida cando 3/4 da candidatura pertencían a ICH). Así pois, damos as grazas a todos e a todas os que confiastes no BNG e agardamos non defraudarvos durante os vindeiros catro anos, contamos con que colaborades con nós e nos mandedes suxerencias, queixas, propostas... Desde os concellos tamés se fai país!

6 comentários:

Anónimo disse...

boas. noraboa por este espazo no que se pode ver a realidade nacionalista que pretendedes levar a cabo en chantada.

Anónimo disse...

Olaa...
Noraboa por ese cambiazo en Chantada..., xa eran horas....por fin a ESQUERDA CHEGA AO PODER...jaj..como ten q ser...
OxalA outros concellos tomasen boa nota...(((Saviñao-->20 anos de maioría absoluta do PP)))... En fin, a aproveitar a situacion...
UN SAUDO.

Anónimo disse...

Noraboa,

Xa é hora de que en Chantada cambien as cousas.

O interesante sería que Piñeiro fose o alcalde.

Saúdos dende Donostia

Anónimo disse...

Agora toca o pior, afacerse a lidiar con dúas forzas políticas que veñen demostrando un desinterese xeneralizado por Chantada. O PSOE debería comprender dunha vegada por todas que o BNG nen é lazarillo nen caduceo de ninguén e que, en Chantada, é o BNG quen debe gobernar porque foi o motor do cámbio e Piñeiro é unha figura que non provoca repulsa aos votantes de nengún partido... non se pode dicir o mesmo dalgúns viraventos.

Anónimo disse...

Que vos parece que o BNG goberne co PSOE se aceitan a Piñeiro de alcalde, que se pacte co PP ou que goberne o PP en minoría?

Anónimo disse...

O AFIADOR:
Persoalmente, e recalco o de persoalmente, preferiría un pauto BNG-PE sempre e cando o alcalde fose Ildefonso, xa que a cidadanía rexeitou ao PP e clamou por un cámbeo, motor do cal foi o BNG. Non entendería un apoio a taboada como alcalde xa que é un viraventos e non merece gobernar. Chantada merécese algo millor; Chantada merece a Ildefonso. Agárdannos catro anos duros, moi duros.