Pesquisar neste blogue

terça-feira, 3 de julho de 2007

Reflexións estivais.



Reflexións estivais









I. deus e o demo.

O membro da curia eclesiástica Cañizares, arcebispo de Toledo e vicepresidente da Conferencia Episcopal, vén de afirmar que colaborar na implantación da materia Educación pra cidadanía e “colaborar con el mal”. Esta linguaxe encol o “maligno” xa é ben coñecida prós que lemos fontes que recollen a verborrea cainita de Pla i Daniel ou do padre Nieto, fascista asasino da illa-cárcere de San Simón. Certamente, a inmoralidade distes ditadores de sancristía non se para en barreiras, acaso colaboraban co ben no franquismo ao dar o beneplácito á materia Formación del Espíritu Nacional? Pra alén diso, cómpre sinalar que a formación dos cidadáns no espíritu da tolerancia e a democracia é un lugar común na Europa, a non ser que os españolistas prefiran abandonar a UE e vivir do tixolo e o rosario. Alemaña, Suecia, Bélxica, Franza, Italia ou o Reino Unido xa contan con esta materia, cuxa implantación se contemplou precisamente no seo da UE; UE que algúns tanto alababan cando da Carta Outorgada neoliberal rexeitada na Franza e na Holanda. Cañizares debe querer máis o modelo polaco de integrismo católico có europeo de liberdade e respeito á pluralidade ideolóxica, en definitiva, á democracia. No entanto, isto non quita que na UE foque moito por facer, como impor as políticas sociais e de benestar ás políticas de mercado e lucro; e o respeito e recoñecemento das nacións sen estado á ditadura das mairorías dos estado-nacións en falsas democracias bipartidistas made in Washintong.

II. Apatía política, abstención e democracia.

« Os filósofos limitaron-se a interpretar o mundo de diversos modos. Do que se trata é de transforma-lo», Karl Marx, Teses sobre Freuerbach (1988).

Malia a transcendencia destas municipais, onde a participación adoita ser sempre máis alta que nas nacionais ou nas estatais, en Chantada a abstencións creceu nestas últimas municipais e do 36’41% do 2003 pasou-se ao 37’67% distes últimos comicios. A nível nacional, a porcentexe de cidadáns da Galiza que non acoden a votar é tal que xa nos debe encomezar a impacientar a todos, á clase política especialmente. Amais, o pior do caso é que a mocedade, teoricamente donde sairán as fornadas futuras de demócratas e políticos, é netamente abstencionista e son poucos inda os mozos implicados de ceo na RES PUBLICA, o cal non implica a afiliación a nengún partido senón que conleva posuír una ideoloxía e unhas ferramentas coas que analisar a realidade e criarse un espírito crítico e proprio. As causas son múltiplas e respostan á idea de que “todos os políticos son iguais”, o cal xunguido cun cenario estatal bipartidista e de crispación superflua conleva a unha perda progresiva e constante de interese pola política, como se esta non incidise no quefacer diario das persoas. A mocedade que tanto loitou nas rúas contra o franquismo, nas fabricas a carón dos obreiros no maio do 68, nas praias galegas cando o Prestige... ú-la? É a minoría ruidosa, criminalizada polos donos do capital a cotío, que tenta infrutuosamente substraer á masa inerte de pasotas da inacción e a alienación. Nós, os mozos, deberiamos tentar trasformar paseniñamente o mundo, porén semella que desexamos instalar-nos no hedonismo e limitar-nos a observar, xa sen xiquera analisar e interpretar o noso mundo. Iste é o verdadeiro fin da Historia e non o que pronosticaba Fukuyama, pois se nos esquecemos do pasado o futuro ficará preñado das eivas que asolagaron tantas vegadas a Galiza.


III. Pásate ao galego!

O pasado día 17 de maio estivemos en Compostela, na Praza do Toural, na manifestación a prol da língoa galega. O lema da Mesa pola Normalización Lingüística diste ano foi ben claro:
TEMOS LINAGUA PROPIA: QUEREMOS VIVIR NELA.
Incide entón, nos desastrosos efectos do “bilingüismo harmónico” que esta nova lei de 50-50 non poderá paliar por insuficiente. No bilingüismo social sempre una língoa prevalece sobor da outra , ou sexa é un estadio previo á total asimilación do galego por parte do castelán, agora enconvertido polo Imperialismo meseteiro en español. Plantéxase a desaparición do galego como unha escolla libre e democratica dos galegos cando están conculcando adoito os direitos colectivos do pobo galego, cunha preeminencia do castelán en todos os ámbitos: ensino, mass meia, relixión, xardíns da infancia, documentación oficial, libros, cinema...
De non tomar medidas, e na concienciación da mocidade está a espranza de futuro, o galego rematara por ser unha língoa confinada ao parlamento, onde a clase política a chapurrea, “cho falan” como Touriño e Núñez Feijo[1]. A situación actual do galego é intolerábel e o desleixo da administración fraguiana motivou a perda dunha oportunidade histórica pra invertir a caída de utentes do galego, especialmente entre as camadas máis novas da populación do noso país. Hai un cuarto de século que a língoa de María Mariño obtivo recoñecemento oficial no Estatuto de Autonomía como « língoa propria de Galiza», porén a ninguén se lle escapa que continúa moi por debaixo dos mínimos necesarios prá normalización ideomática.
Efectivamente, sen unha política valente e arriscada o galego ten a batalla perdida. Cómpre impor o cumprimento da lei de Normalización e ampliar a implantación do galego en todos os níveis do ensino até un 70% como mínimo e no caso dos mass meia até un mínimo do 50%. Estas medidas redundarían na implantación social do galego, pois, actualmente, segue sen ser posíbel desenvolver, de forma normalizada, un decorrer vital en galego e violan-se a cotío os direitos lingüísticos dos galegos.
Emporiso é normal que os nacionalistas galegos demandemos a participación da sociedade nos procesos de normalización lingüística, porende coidamos imprescindíbel que as proprias administracións dean exemplo expresando-se con normalidade e corrección en todas as súas actuacións na língoa da nosa nazón: EN GALEGO NA GALIZA.
Igoalmente, des Galiza Nova consideramos imprescindíbel que toda a militancia do BNG, e portanto de Galiza Nova, adquira un compromiso inequívoco co idioma empregando-o sempre e en todos os espazos, pois esta é a millor dorma de promocioná-lo. A prática lingüística da militancia debe ser coherente coa defensa do uso social do galego, pois debe haber paridade entre a ideoloxía e a praxe de cadaquén como se indica nos estatutos do BNG. Unha terra, un pobo, unha fala!
[1] « Convén combater a tese paralisante de que é unha aberración ao galego que se anda a falar e escreber por aí, polo que seria mellor non emprega-lo. É inevitábel que calquer proceso de restauración social dun idioma conleve un periodo de prática dubidosa, contraditória e mesmo “incorrecta” desde unha estrita posición normativista ancorada nun sistema lingüístico “puro”. Se queremos que o galego sexa unha língua viva, con prática socal detrás, teremos que pasar por un proceso no que unha planificación rigorosa vai ser difícil, semrpe e cando seca algo máis que un mero proxento normativista no papel», Francisco Rodríguez Sánchez: Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza, Laiovento Edicións, Compostela ,1998, páx. 115.

Agora sim. Festival do Castro 2007


Eis o cartaz do Festival do Castro 2007 de Pantom, já que anteriormente puxeramos ao serviço dos utentes o da passada ediçom, fazemos assí justiça e recomendamos-vos que nom faltedes a esta cita. Nesta ediçom hai grupos realmente interessantes em vários estilos: rock, hip-hop, pasa-rúas... e um jantar popular que moitos de nós nom no-lo imos perder. Já sabedes este verao todos ao Festival!