Pesquisar neste blogue

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2013

RESUMO PLENO DÍA 7 de Febreiro de 2013



2.- Deuse conta dos decretos da Alcaldía

3.- Por parte do Grupo de Goberno, en Xunta de Facenda celebrada o xoves día 31 de xaneiro propúsoxe ao pleno a aprobación de subvencións para o Entroido Ribeirao (600 euros), para a Feira do Viño de 2013 (20.000 euros), para as Festas Patronais do ano 2013 (30.000 euros), para os premios do Entroido de 2013 (2.700 euros), engadíndose unha cantidade que podía variar entre 5.000 e 30.000 euros, dependendo se se facía feíra de gando frisón ou só subasta.  Subvencións que pola nosa banda non tiñamos ningún motivo para non aprobar.

Porén, no Pleno de onte fan unha proposta diferente, en lugar da subvención para as festas, aparece unha  para a Asociación Cultural Casa da Música (30.000 euros), da que non se tiña constancia até o día de hoxe, votamos en contra e apoiaron os nosos argumentos os outros dous grupos da oposición. Se se trata dun erro, había tempo de subsánalo desde o día 31, se foi un intento de meter un gol, moi burdo por outra banda (aínda que dentro do estilo do desgoberno de Manuel Varela), non o podiamos consentir. Polo que se aprobaron as do Entroido, Feira do Viño, Poxa de Gando e premios do Entroido.

4.- Aprobouse por unanimidade a delegación de competencias na Alcaldía, para garantir a práctica administrativa, gastos periódicos e repetitivos efectuados a finais de ano, no mes de decembro, cuxa factura tenga entrada nos primeiros 20 dias do ano seguinte.

5.- Aprobouse por unanimidade a daclaración de dereitos de dubidoso cobro, de imposíbel ou difícil recadación con arreglo ao seguinte esquema.
  • 4 ou máis anos de antigüidade 100 %
  • 2008 75 %
  • 2009 50 %
  • 2010 25 %
  • 2011 5 %
  • 6.- Aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito (facturas que quedaron pendentes) por valor de 99.262,24 euros.

7.- Deuse conta, de xeito verbal, se nos entregará o correspondente informe por parte de intervención, da morosidade do 1º, 2º, 3º e 4º trimestre de 2012, houbo problemas informáticos, e cando o teñamos darémoslle a publicidade que lle corresponde.

8.- Aprobouse por unanimidade a proposta de resolución do expediente de rescisión do contrato das piscinas municipais cubertas, e o envio do expediente ao Consello Consultivo de Galiza.

9.- Aprobouse a resolución dun expediente de investigación da natureza dun camino en Basán Pequeno.

10.- Deuse a coñecer o escrito da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no que resolven autorizar a desafectación, solicitada polo concello, da Escola de Educación Infantíl no Parque Eloisa Rivadulla, pasa a ser de propiedade e de patrimonio municipal.

11.- Mocións:

                GRUPO NACIONALISTA, xa publicadas no seu día.
a) Aprobouse por unanimidade que se realicen as obras de reparación nas ribeiras de Pedrafita (no Val do Raposo) como lle foi demandado ao goberno.
b) Aprobuse cos votos a favor do Grupo Nacionalista (3), do PSOE (1) e de INTA (5), e (3) en contra do PP,  a moción que presentamos en contra da reforma da lei de bases do réxime local que está a estudar o goberno do Estado.

                PSOE: Presentou unha moción esixindolle a Xunta de Galiza que de explicacións dos continuos incumprimentos sobre a implantación das especialidades de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Moción que foi aprobada por unanimidade.

12.- Mocións urxentes:

                Aprobouse por unanimidade unha moción en apoio aos afectados pola estafa das preferentes  e subordinadas.
                Aprobouse por unanimidade unha proposta do equipo de goberno sobre a desaparición do GRUMIR no Concello de Chantada, en apoio ao personal e mostrar a nosa indignación polo que representa, un novo recurte aos cidadáns. Apoiamos a concentración que se vai levar a cabo (xa celebrada no momento de facer este resumo) na Praza do Cantón.

ROGOS E PREGUNTAS.

Grupo Nacionalista: Preguntamos polo, xa tristemente famoso, regulamento de participación veciñal, parece, se non hai nada que os torza, que van traballar no tema, até o de agora, nada.

Pedímoslle que se diirixira a Deputación para que se rematara o asfaltado da estrada que vai a San Fiz.

Que informara a Policia Local sobre a perigosidade dun paso de peóns situado na praza de Catro Camiños, en concreto ao que leva desde a isleta até a beirarrúa da avenida de Ourense.