Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 16 de novembro de 2011

SOLICITUDE DE PLENO EXTRAORDINARIO


AO SR: ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CHANTADA

Ildefonso Piñeiro Díaz, Xesús Mazaira Varela e Olga Otero Gómez concelleiros do Grupo Nacionalista de Chantada; Xosé Manuel Ledo Fernández e Raquel López Rodríguez concelleiros do grupo do PSdeG-PSOE de Chantada, presentan diante do Pleno da Corporación, que o Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a Xunta de Galiza e a Administración do Estado, por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas.

Hai días que chegou ao concello a resolución deste Plan, cun recorte drástico e inxustificado nas achegas da Xunta de Galiza relativas aos gastos anteriores, así no ano 2010 por este concepto o Concello recibiu a cantidade de 35.760,24 euros, mentres que para este ano 2011 só se van a dispoñer de 9.057,25 euros, 26.703 euros de diferenza.

Por todo isto, SOLICITAN A CONVOCATORIA dun Pleno Extraordinario, coa seguinte orde do día:

Subvención da Xunta de Galiza para o Plan Concertado para os servizos sociais no noso Concello.

MOCIÓN SOBRE OS RECURTES DO PLAN CONCERTADO DA XUNTA DE GALIZA

O Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais é un instrumento fundamental de cooperación entre os Concellos, a Xunta de Galiza e a Administración do Estado, por medio do cal se cofinancian os servizos sociais municipais e permiten garantir as prestacións básicas e a atención aos veciños e veciñas. O Plan Concertado cobre os custes seguintes:

+ Persoal dos servizos sociais.
+ Gastos de mantemento dos servizos sociais comunitarios.
+ A prestación do servizo de Axuda no Fogar, incluíndo a prestación do servizo de Axuda no Fogar para persoas valoradas como dependentes e a prestación básica.
+ A xestión e realización dos programas básicos de prevención, inserción, cooperación e fomento da solidariedade e outros destinados a intervencións comunitarias.
+ Investimentos: adquisición, construción, reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento de equipamentos de servizos sociais.

Hai días que chegou ao concello a resolución deste Plan, cun recorte drástico e inxustificado nas achegas da Xunta de Galiza relativas aos gastos anteriores, así noa ano 2010 por este concepto o Concello recibiu a cantidade de 35.760,24 euros, mentres que para este ano 2011 só se van a dispoñer de 9.057,25 euros, 26.703 euros de diferenza.

Xusto cando, por efecto da crise económica, maior é a necesidade de recursos e prestacións sociais para atender ás persoas que con máis dureza están a sufrir as súas consecuencias, o PP, na Xunta de Galiza vén de suprimir e recortar as achegas que desenvolven servizos sociais básicos.

Este recorte ao Plan Concertado vai obrigar ao concello a facer fronte ás necesidades e programas contraídos este ano 2011 con fondos propios, o que vai afectar aos servizos sociais municipais, e ao que hai que engadir outra grave problemática: o retraio no pagamento das partidas asignadas e comprometidas. Hai que destacar que no mes de outubro os concellos aínda non recibiron da Xunta de Galiza as subvencións do Plan Concertado, cando os concellos veñen realizando o gasto desde o mes de xaneiro.

A Xunta de Galiza e o Parlamento galego, deben resolver este tema de inmediato para asegurar e garantir os recursos necesarios para que os concellos, nomeadamente o de Chantada, sigan ofrecendo á sociedade os servizos e prestacións sociais que demanda e precisa, especialmente diante da crise económica e social que atravesamos.

Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes

ACORDOS
1.- Instar á Xunta de Galiza á restitución inmediata dos créditos eliminados para o financiamento do Plan Concertado do ano 2011, que significou o recorte de 2,4 millóns de euros, que permitirá continuar cos programas englobados no citado plan de servizos sociais e de prestación básicas e atención ás familias e colectivos con problemas.

2.- Instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado o mantemento das cantidades que a propia Administración do Estado tiña destinadas o pasado ano 2010 ao cofinanciamento dos plans e programas sociais, minorados polo acordo do Consello de Ministros no mes de febreiro pasado.




Sem comentários: