Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 27 de março de 2008

Recortes de liberdades em nome do espanholismo e umha pseudosegurança cidadá




A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ. O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz. Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselles aos axentes que tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartiron follas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG). No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condado e AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha desta organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais. Cara ao final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creación de bases de datos paralelas é ilegal”

terça-feira, 11 de março de 2008

Crónica dum apoderado




«O meu camiño hoxe
ten o mirar dun antonte.
Arrecenden os sendeiros
nas agras zoan as fontes.
Labrego fala seu gado.
Mide o tempo a súa ponte.
Aire quedo e tembrando.
Chove perto, chove lonxe
»,


María Mariño: Palabra no tempo.

O passado nove de Março celebramos a festa da democracia e a resposta massiva dos cidadaos galegos assim o mostrou, superando por primeira vez a participaçom estatal. Pudem constatar a grandeza dum sistema de liberdades na mesa eleitoral de Brigos, talvez a mais cativa do nosso concelho. A participaçom achegou-se muito à registrada nas municipais e até 167 pessoas se achegárom para expressar a sua cor política, por vezes em blanco (estiro de orelhas ao sistema e aos partidos que concorriam). Se conto a verdade cheguei alô com medo porque, para a opçom política que defendo, as cousas pintavam mal perante umha campanha totalmente polarizada e centrada em dous candidatos, como se estivéssemos ante umhas presidenciais ou coma se a política fosse um produto mais que se consome como qualquer outro tipo de mercadoria.
No entanto, esse medo aginha voou ao chegarem as oito da tarde, ao olhar como o povo acudiu em massa às furnas, ao comprovar no reconto como o BNG mantinha na mesa o mesmo apoio ca nas municipais e ao constatar como na candidatura ao Senado avantajamos incluso ao PSOE, sintoma inequívoco de que o nacionalismo galego e o seu projecto político de defesa de Galiza som um valor em alça entre os meus. Galiza precisa dumha voz de seu em Madrid e no mundo e isso é algo que referendou, malia a desigualdade de possibilidades durante a campanha entre uns e outros, umha parte importante cidadania galega (mais de 206.000 sufrágios).
Portanto, nom podo mais que agradecer o apoio que recebeu a candidatura do BNG, e participar GRAÇINHAS de todo coraçom a esses votantes que exercêrom um voto valente e contracorrente. A vossa valentia é a nossa força.
Por outra banda, em Chantada o cámbio consolidou-se e os integrantes do governo da Cámara Municipal já podem sentir o alento do apoio às transformaçons de progresso que Chantada necessita. Co 99'2% escrutado os resultados davam 15% dos sufrágios a prol do BNG. Expressado em votos:

Censo BNG PSOE PP EU UpyD Nulos Branco
7383 847 2068 2528 40 11 41 61

Finalmente, devo reconhecer a minha fachenda por pertencer a umha força política comprometida com Galiza e as suas gentes como é o BNG. Igualmente, resulta inegável que coa precaridade de meios cos que contamos, a respeito das forças estatais, ganhamos em equipa humana. Para mim todas e todos os camaradas ideológicos do BNG e de Galiza Nova em Chantada, todos os votantes do BNG, os de onte, os de hoje e os de manhá sodes o vieiro a seguir, para vós as palavras de Uxío Novoneyra: «A forza do seu amor non podía ser inútil». O facho que compartilhamos segue e seguirá de certo alumando, cada vez com mais força, por enquanto fique um galego. A tod@s saúde e terra.

Antom Fente Parada



A abstençom situou-se em 23'85%, umha cifra baixa tendo em conta o alto número de emigrantes com direito a voto. O Bloque Nacionalista Galego acadou com 100% escrutado 900 votos, 212 mais ca nas passadas Gerais e fai-se co 15% dos votos.

segunda-feira, 10 de março de 2008

Um milhar de grazas


Desde Galiza Nova non podemos senón congratularnos polos resultados obtidos polo BNG o pasado nove de marzo nun contexto de clara bipolarización política auspiciada polos mass media. De feito, o BNG é a única forza nacionalista de esquerdas que acadou uns mellores resultados ca fai catro anos e no tocante ao noso concello obtivemos máis de douscentos votos a maiores ca nas pasadas Xerais. Con todo, non podemos pasar por alto que o parlamento estatal atinxiu un nivel de polarización preocupante e que parece asentarse un insano bipartidismo monárquico que esborrallou ás opcións da esquerda estatal coma Esquerda Unida-Verds.

Así pois, agradecemos a tod@s @s chantadin@s que depositaron o seu voto a prol dun proxecto político que apostou e apostará decididamente por Galiza e por un Estatuto de nación, sobre todo aos mozos e mozas que votastes por primeira vez e escollestes a papeleta que fala galego. A todos e todas que fixestes un voto valente nunhas condicións tan adversas GRAZAS. Agardamos non defraudar a vosa confianza.


Galiza Nova Chantada