Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 27 de março de 2008

Recortes de liberdades em nome do espanholismo e umha pseudosegurança cidadá




A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ. O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz. Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselles aos axentes que tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartiron follas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG). No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condado e AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha desta organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para “facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais. Cara ao final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creación de bases de datos paralelas é ilegal”

9 comentários:

Anónimo disse...

Isto é umha indecência. Os diversos estados pertencentes ao bloco do absolutismo neoliberal venhem elaborando umha estratégia de perseguiçom e criminalizaçom de qualquer opçom sócio-política contrária aos interesses da direita burguesa e do imperialismo. Em nome da defesa da segurança cidadá já é possível cometer qualquer atropelo, fechar jornais (Egunkaria) ou ilegalizar partidos políticos. De verdade alguém cre que todos/as os galegas/os que tenham um auto-colante co nome ou a bandeira do seu país som deliqüêntes? Se defender a língua e os símbolos identitários dumha naçom é delito eu declaro-me, de hoje para sempre, delinqüênte redomado. Viva Galiza! Forças de ocupaçom kampora!
O Afiador

Anónimo disse...

Quenqueirades

Para o BNG, é "intolerable" desde o punto de vista democrático que as forzas e corpos de seguridade do Estado "criminalicen" nos seus programas de formación "elementos propios do país, asumidos por unha parte moi importante da sociedade".
[Tirado do xornal Galicia Hoxe]

Anónimo disse...

NÓS-Unidade Popuar considera que as funçons actuais da Guarda Civil na Galiza confirmam umha grave anemia democrática espanhola
O Movimento polos Direitos Civis fijo público o conteúdo de documentaçom interna da Guarda Civil espanhola que confirma de lés a lés o que tantas vezes vimos denunciando os movimentos sociais e políticos da esquerda nacional galega: o regime constitucional de 1978 nom só nom garante o respeito aos direitos fundamentais das pessoas e dos povos, como os persegue de maneira flagrante e ilegal, até extremos patológicos.
O Movimento polos Direitos Civis fijo público o conteúdo de documentaçom interna da Guarda Civil espanhola que confirma de lés a lés o que tantas vezes vimos denunciando os movimentos sociais e políticos da esquerda nacional galega: o regime constitucional de 1978 nom só nom garante o respeito aos direitos fundamentais das pessoas e dos povos, como os persegue de maneira flagrante e ilegal, até extremos patológicos.

Perante tam graves acontecimentos, NÓS-Unidade Popular quer fazer públicas algumhas consideraçons:

1. Fica claro que, entre as actividades de ‘formaçom’ dos agentes da Guarda Civil, se incluem instruçons claras sobre o controlo social de quem, de maneira transparente e democrática, exerce direitos fundamentais reconhecidos polas principais organismos supranacionais, como a liberdade de pensamento e ideológica, a participaçom política ou o activismo social de carácter nom governamental.

2. Que o nome de entidades legais, de carácter político, sindical, cultural, juvenil, etc, apareçam nas ‘listas negras’ manejadas pola Guarda Civil, corpo repressivo de negra história, deveria escandalizar qualquer democrata sincero ou sincera que, independentemente das suas ideias, respeite princípios fundamentais numha sociedade democrática.

3. Nom diremos que o acontecido seja umha surpresa para a esquerda independentista galega, que tem umha longa experiência de arbitrárias actuaçons desse corpo militar, incluindo detençons, ameaças, agressons e denúncias sem mais motivaçons que a criminalizaçom e afogamento das ideias do soberanismo e a esquerda.

4. De facto, também neste caso aparecem, na infame lista de entidades que maneja a Guarda Civil no sul da Galiza, nom só as siglas de NÓS-Unidade Popular, organizaçom política legalizada polo próprio Ministério espanhol do Interior, mas também as iniciais de militantes da nossa organizaçom, que som directamente assinalados como alvo de eventuais actuaçons repressivas.

5. Ainda sabendo a natureza e as práticas da Guarda Civil e do seu máximo reponsável político, o Governo espanhol, nom queremos deixar de chamar a atençom sobre o silêncio das organizaçons da chamada ‘oposiçom de esquerda’, bem como do coro de tertulianos, colunistas e opinadores a soldo do poder, que guarda silêncio perante práticas intoleráveis em qualquer país que realmente poda ser considerado um Estado de direito.

6. Com efeito, a Espanha monárquica e capitalista do PSOE, do PP e da esquerda de cartom retrata em casos como este a péssima qualidade e a grave anemia democrática do regime outorgado por Franco ao seu herdeiro político, Juan Carlos de Bourbon.

7. Como directos afectados e afectadas polas práticas antidemocráticas dos corpos repressivos espanhóis no nosso país, reiteramos publicamente a nossa firme determinaçom de continuarmos a desenvolver com absoluta normalidade e transparência o nosso trabalho político por umha Galiza livre, democrática e socialista.



Galiza, 25 de Março de 2008

Direcçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Anónimo disse...

O BNG denuncia documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento "sospeitoso"
Santiago de Compostela, 26 Marzo 08.- O grupo parlamentar do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, ven de denunciar a existencia de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento “sospeitoso” a controlar e perseguir.

Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentar na que se fai eco de que en actos formativos desta institución, dirixidos aos seus efectivos en Galiza, se inclúen como “símbolos sospeitosos” autocolantes coas iniciais GZ para veículos, bandeiras galegas coa estrela vermella ou o escudo deseñado por Castelao coa lenda “Denantes mortos que escravos”, así como un bo número de colectivos e entidades de carácter feminista, ecoloxista, cultural ou estudiantil.

Para o parlamentar nacionalista, é “intolerábel”, do punto de vista democrático, que forzas e corpos de seguridade do Estado, nos seus programas de formación, criminalicen elementos propios do País, asumidos, ademais, por unha parte moi importante da sociedade galega.

“Ser nacionalista –dixo- ou posuír elementos simbólicos da nosa Patria non pode ser considerado como delito ou como presunción de comportamentos contrarios aos principios democráticos, sobre todo cando aínda existen en Galiza rúas, prazas ou edificios con nomenclatura fascista”.

Ante o exposto, Lobeira quer saber que coñecemento ten o Goberno galego destes feitos, se sabe quen deu ordes ou instrucións na Garda Civil e se existe a previsión de dirixirse ao Ministerio do Interior para esixir explicacións.


http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_0187.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

Anónimo disse...

http://mpdc.blogspot.com/2008/03/dereitos-civs-anima-os-galegos-e.html
Dereitos Civís anima os galegos e galegas a converterse en “sospeitosos” repartindo 5.000 autocolantes co identificativo GZ

Anónimo disse...

¿ O colante de GZ será controlado pola Garda civil ?
Hai un chisco que acabo de botarlle unha ollada á noticia e non puiden ficar máis perplexo, dende a web do Movemento polos dereitos civís infórmannos de que a Garda civil tomará os datos dos conductores de coches que leven expostos os colantes de GZ ou mesmo a bandeira galega coa estrela. Polo visto nunha das últimas xuntanzas de formación dos axentes da benemérita, repartíronse unha serie de informacións sobre as que o corpo armado considera "o segundo maior problema de terrorismo de España", polo visto todo aquel que leve o famoso colante de GZ (Galiza) no seu vehículo está baixo sospeita de pertencer ao M.L.N.G. ou sexa, o Movemento de Liberación Nacional Galego, vamos, que polo visto non se pode ser galeguista/nacionalista sen ter filiación política de ningún tipo ou ser sospeitoso de terrorismo, semella que como por exemplo no meu caso, que levo o colante posto no meu vehículo dende hai perto de dez anos, debo de ser un "elemento" perigoso e que haberia que ter controlado. Pregúntome se de verdade a Garda Civil non terá outra cousa que facer que perseguir a estes vehículos polo mero feito de levar colantes alusivos ao galeguismo, nacionalismo ou independentismo galego, os vehículos poden ir cheos de pegatinas coma se dun mural se tratase, pero por iso nin representan un perigo para o tráfico nin tampouco para os intereses dun ou doutro partido, a noticia poderia ser irrelevante senón fora porque semella que dun tempo a esta parte se quere criminaliza-lo nacionalismo galego dende diversos estamentos, situación ésta totalmente surrealista.

Se queren aproveita-lo tempo que persigan coches sen a I.T.V. pasada, cascallos vellos e remendados que circulan sen seguro polas estradas ou se buscan coches con pegatinas que poidan delatar aos seus ocupantes, que persigan aos que levas as de Pioneer, Turbo ou 16 válvulas, eses seguro que máis tarde ou máis cedo cometerán algunha infracción de tráfico

http://breo.blogaliza.org/

Anónimo disse...

A Garda Civil asocia a Galiza Non Se Vende co Movemento de Liberación Nacional Galego
Marzo 26th, 2008. Por Fusquenlla en Xeral
Segundo un documento interno do benemérito corpo ao cal tivo acceso o xornal GZnación, os axentes recibiron instrucións sobre determinados grupos ou movementos que estarían incluídos dentro do chamado MLNG. Entre outros estaría a rede Galiza Non Se Vende. No mesmo documento catalógase ao Movemento de Liberación Nacional Galego como o segundo maior problema do terrorismo en España.

Segundo o xornal GZnación,na primeira páxina destes documentos de formación para os axentes despregados no territorio de Galiza aparece un autocolante GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella no centro ou mesmo o escudo deseñado por Castelao coa frase ‘Denantes mortos que escravos’ como elementos propios dese MLNG. É dicir, que nesta primeira páxina do documento existe, para os ‘investigadores policiais’ unha vinculación real entre a xente que leva nos seus automóbiles estes autocolantes co feito de pertencer a esa entidade á que fan referencia unha e outra vez coo MLNG.

Noutras partes do devandito informe de instrución, a Garda Civil considera campos de actuación do MLNG a colectivos feministas, ecoloxistas, de estudantes, partidos políticos e mesmo sindicatos.

Segundo o Movemento polo Dereitos Civís, que fixo público os documentos , estes conteñen unha relación de grupos sospeitosos de pertencer ao separatismo galego xunto cos correspondentes anagramas. Entre a longa lista aparecen dende colectivos feministas ata ecoloxistas e estudantes. Esta asociación engade que co acceso a esta documentación o MpDC vén de esclarecer as recentes queixas recibidas polos controles realizados polos Corpos e Forzas de Seguridade previos á eleccións xerais, nos que se denunciaban que se estaban identificando a cidadáns que dipuñan de autocolantes de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais.

Por último, o BNG a través do seu representante Bieito Lobeira tamén denunciou hoxe a existencia de documentos internos da Garda Civil nos que se considera como elementos “sospeitosos” a controlar e perseguir elementos da simboloxía galega.

Lobeira presentou unha iniciativa parlamentar e definiu como “intolerábel” desde o punto de vista democrático que as forzas e corpos de seguridade do Estado “criminalicen” nos seus programas de formación “elementos propios do país, asumidos por unha banda moi importante da sociedade galega”. Movemento polos Dereitos Civís GZnación

http://galizanonsevende.org/?p=322

O Afiador. disse...

A Garda Civil estuda a posibilidade de denunciar ao Movemento polos Dereitos Civís polas información feitas públicas pola asociación nas que se daba conta das prácticas levadas a cabo pola institución armada a respecto dos vehículos coa GZ. Segundo a Dirección General de la Policía y la Guardia Civil, estase a estudiar “con la fiscalía la posible existencia de un delito contra las Instituciones del Estado, por cuanto pudieran constituir tales publicaciones o difusión de las informaciones aparecidas, relacionadas con hechos injuriosos y falsedades tendentes a lesionar la dignidad de un cuerpo de las Fuerzas de Seguridad del Estado”. Así se está a informar dende a institución a todas as persoas que se autoinculparon por levar no seu vehículo unha GZ, dentro da campaña de protesta promovida por Dereitos Civís. De igual modo, indícase que as información “son rotundamente falsas, desconociendo la intencionalidad de quien o quienes las hayan originado”. Esta aseveración contrasta coas afirmacións trasladadas por un axente deste Corpo nun artículo publicado por El Correo Gallego, no que recoñecía a existencia desa formación e mesmo defendía a súa legalidade.

Pola súa banda, a Unión de Gardas Civís emitiu un comunicado no que indicaba que “ni confirmamos ni desmentimos la existencia de esa instrucción escrita No tenemos datos para ello. No obstante, con los datos apuntados, además de los nuestros, no habría sido una instrucción escrita sino un “comentario verbal y personal”. Habría procedido de algún mando que nunca habría estado destinado en Galicia y que por ello desconoce la realidad gallega. Además, ésta se habría comentado fuera de Galicia”.

Non obstante, en vez de iniciar unha investigación interna para aclarar este asunto, depurar responsabilidades e poder ofrecer seguridade aos cidadáns a respecto destas prácticas ilegais por parte das institucións que deben defender e garantir o cumprimento das liberdades e dereitos, a Garda Civil estuda interpor unha denuncia contra o MpDC polo que considera unhas inxurias destinadas a debilitar a confianza da sociedade nas Forzas de Seguranza, cando o único que se pretende é dar a coñecer actuacións fóra da lei e limitadoras das liberdades.

Por último, o MpDC manifesta a súa tranquilidade sobre a súa denuncia e aportará a documentación da que dispón si así llo require un xuíz e llo permiti A Axencia Española de Protección de Datos, pois na mesma consta fotos e nomes de persoas de “Interese Policial”.

[Tirado do sítio web do MpDC]

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,