Pesquisar neste blogue

sábado, 14 de abril de 2012

Plan de axuste. Concello de Chantada

Como xa se informou en datas recentes, o crédito que se vai pedir ascende a 2.637.536,44 euros. Esta cantidade é a suma de toda a débeda recoñecida e sen recoñecer desde o ano 2006 até o ano 2011.

O plano presentase coa finalidade de facerlle fronte aos pagos das facturas dos proveedores que cumplan as premisas sinaladas no decreto-lei 4/2012 de 24 de febreiro [http://www.boe.es/boe/dias/2012/02/25/pdfs/BOE-A-2012-2722.pdf].Préstamos da banca privada a dez anos e cun interés do 5% (cando o reciben do BCE a 1%, polo que o PP fai deste xeito un financiamento encuberto da banca á vez que recorta servizos sociais).

Capital: 2.637.536,44 euros, xuros: 842.568,88 euros.

INGRESOS:

IBI, O estado, non os concellos, aprobou unha suba deste imposto o que lle poden reportar a Chantada uns 130.000 euros anuais.

Actualización do catastro: 70.000 euros no ano 2012 e 30.000 euros no 2013.

No ano 2011 fechouse a Oficina de Rehabilitación o que da lugar á reducción de custes no ano 2012.

Modificación da (ICIO) ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcción, instalación e obras fixado nun 3%: 50.000 euros.

Tramitación de denuncias: 10.000 euros ao ano.

Lixo: nova licitación da empresa de recollida con instalación e recollida e colectores nos núcleos do rural: 30.000 euros ao ano a partir da nova licitación.

Servizos educativos: Non se presta ningún servizo directo, a Escola de Música esta subvencionada e unha das medidas tomadas é a redución porcentual das subvencións nominativas. Asinaranse convenios coas asociación ou entidades que as perciban facendo máis eficiente e eficaz o tratamento das mesmas.

Servizos Sociais
: Non sufren ningún tipo de cambio.

Deportes: estabelécese un prezo público que permitirá recadar ao Concello uns 25.000 euros anuais, cantidade (das matriculas nas EDM) que antes ía ás Ecolas Deportivas e agora cobrará o Concello. Modifícase a taxa por uso de instalacións deportivas o que da como ingresos uns 4.800 euros. En canto ao personal estabelécese en 4 monitores o cupo para este servizo o que permitirá aforrar uns 18.417,33 euros.

Outros Servizos Públicos: Modificación da ordenanza dos vados (de 18 a 23 euros ao ano para os vados particulares e de 18 a 23 máis 3 euros por coche nos colectivos).

Engádese tamén a ordenanza polo uso privativo dos espazos públicos (20.000 euros ano) a proposta do Grupo Nacionalista de Chantada.

GASTOS:

Aforro de enerxia: modificación da facturación, apagado de luces, lámparas de baixo consumo, etc, nas piscinas un aforro dun 25 % en luces e gasoil (caldeira de biomasa)

Persoal: salvo ao persoal antigo, dar de baixa ao persoal do seguro privado ADESLAS, gasto farmacéutico e social.

Contratos externalizados: aproveitando a finalización do contrato da empresa xestionadora das multas, non renovar e lévalo directamente desde o Concello: 10.800 euros ao ano. Reorganización do persoal de limpeza: 9.600 euros ao ano.

Contratos de inversión: estudos de viabilidade de calquera contrato: 50.000 euros ao ano.

Reducción de contratos menores: Solicitando ofertas a proveedores, primando o requisito de menor prezo: 10.000 euros ao ano.

Outras medidas: Reagrupamento de contratos menores de suministros e servizos: 120.000 euros no 2012 e 240.000 nos seguintes anos.

Por parte do Grupo Nacionalista fixose a proposta de que os plenos pasasen a celebrarse cada 2 meses, aforraríase uns 3.000 euros ao ano.