Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 30 de maio de 2007

Un facho nunha noite sen lúa.




Un facho nunha noite sen lúa.
galizanova_chantada@hotmail.com

Os membros de Galiza Nova en Chantada encetamos unha serie de actividades encamiñadas a dignificación da mocidade, criminalizada adoito polos mass meia e, especialmente, polo autoritarismo da era fraguiana. Niste senso realizamos un mural con motivo do Día Internacional da clase traballadora, data que consideramos imprescindíbel conmemorar como recoñecemento de todos aquiles que ofereceron a súa vida prá dignificación do proletariado.
Após a chegada do monolitismo de Manuel Varela esmagouse toda actividade xuvenil, en consonancia coa política do PPdG, que non fose condescendente coa súa política de asfalto, cuxas consecuencias son ben palpábeis: paralización total da economía do concello (cun polígono-pantasma); redución das actividades culturais a pan e circo, unha taxa de eventualidade sen parangón, emigración da xente nova (especialmente dos millor preparados, coa conseguinte brain drain), retroceso alarmante na idade de emancipación, desruralización, atraso crónico no pagamento da débeda do cánone de Belesar...
Galiza Nova quere erguer de novo vieiros que artellen a mocidade chantadina, afondar na conciencia nacional e participar do cambio transformados que suporá a chegada do BNG á alcaldía. “Erguermos a espranza sobre ista terra escura” con Celso Emilio pra que Ildefonso Piñeiro poida resgatar a Chantada da desidia, o abandono e a incopentencia dos sucesivos gobernos monolíticos, posibilitando a criación de espazos onde a mocidade se senta recoñecida, como parte activa da vida política e social do municipio, depurando e democratizando as institución e encamiñandoas a lugares de encontro, participación e diálogo. “ESPRANZA É LIBERDADE!”.