Pesquisar neste blogue

terça-feira, 26 de junho de 2007

De pedra o teito...




O humor serve pra denunciar sutilmente o pensamento impositivo único das mentes fascistoides, nunca a calada é unha boa resposta pra istes individuos. Xa Castelao demostrou que o humor, a retranca e a ironía poden pór no seu lugar a individuos que defenden simplesmente os seus intereses sen considerar os direitos dos pobos, as culturas e as língoas. Decidamos os galegos que é o que queremos facer coa nosa sociedade e que se deixen de impoñernos con tropecentos meios de comunicación españolistas que é o que debemos facer, pensar e falar, liberdade e autodeterminación.
[ As imaxes foron tiradas da web da Mesa pola Normalización Lingüísitica].

2 comentários:

Anónimo disse...

O Afiador
O das viñetas é certamente preocupande, mais o informe de Greepeace sobor da costa galega non é menos, senón que cómpre axir urxentemente e tomar medidas ao respeito, do contrario dilapidaremos o noso patrimonio natural, fragas, ríos, costas... todo destruído e contaminado pola acción humana e o afán desmesurado de lucro. Avante Galiza!

Anónimo disse...

De pedra o chan...
É incríbel comprobar o nível de aceitación social que poden chegar a tir algunhas destas patrañas fascistas. Nós, os galegos, seguimos sendo un pobo disposto a esquencer o seu patrimonio e a súa historia, a deixar esquilmar as súas costas, a súa historia (negando a existencia do Reino da Galiza), a súa língoa (desprezándoa nunha autoxenreira inexplicábel), os seus montes (queimándoos coas nosas proprias maos) e desprezando incluso a nosa capacidade política de autogoberno e autodeterminación como pobo diferenciado que somos. Non queremos máis nen menos ca ninguén, queremos decidir nós, os galegos, o noso proprio destino e que non no lo impoñan dende Madrid.