Pesquisar neste blogue

terça-feira, 26 de junho de 2007

Outra vaca máis no millo!




O afán de protagonismo das ideoloxías de extrema direita non coñece barreira algunha e agora dálles por tentar eliminar o ideario nacionalista e ao proprio galego, sinal de identidade dos galegos por excelencia, escudándose en que os castelán-falantes se atopan "perseguidos" e "discriminados" na Galiza e que isto irá en aumento co novo decreto sobor do galego que aprobou a Xunta. Así pois, adícanse agora a pidir sinaturas escontra o mesmo pra paralizalo e apostan, co máis profundo coñecimento do vocabulario falanxista e fascistoide, pola persecución e erradicación do galego, como é excelente mostra unha banda deseñada que anda a circular pola Internet. A súa indecencia moral non se para en barreiras. Os galego falantes que non podemos inda hoxe levar unha vida normalizada na nosa língoa resulta que non timos direitos, pro iles si. Escúdanse en que iste decreto criaría cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, posto que "las lenguas no tienen derechos, sino sus hablantes"... Acaso os que falamos galego non somos falantes? Cal é a língoa prorpia da Galiza? E algúns que criamos que xa estaba superado o de ouvear todos como os cans... Cando alguén rifa co seu can, ladra coma il? Está claro que o repunte da ideoloxía fascista estase a percibir no noso día a día e que a política do PP de empregar o terrorismo e a mentira como armas políticas desemboca en darlle asas a pantasmas que seguen eí setenta anos despois.

[ As imaxes están tiradas da web do xornal Galicia Hoxe].

Sem comentários: