Pesquisar neste blogue

terça-feira, 11 de junho de 2013

Orde do día do pleno do concello de Chantada de hoxe.

CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO DE DATA 11/06/2013



ORDE DO DIA:


1. Aprobación, se procede, da acta da sesión de 2 de abril de 2013.

2. Dación de conta dos decretos da Alcaldía

2. Dar conta da aprobación da Liquidación do exercicio 2012 por Resolución da Alcaldía de 12 de abril de 2013.

3. Aprobación inicial, se procede, do Orzamento de 2013 do Concello de Chantada.

4. Aprobación, se procede, de incremento retributivo do Arquitecto do Servicio de Urbanismo.

5. Adopción de acordo, se procede, de remisión a Medio ambiente do Documento de Inicio do PXOM para a avaliación ambiental estratéxica.

6. Adopción de acordo, se procede, de levantamento de reparo efectuado pola Intervención Municipal dos gastos farmacéuticos e recoñecemento extrajudicial.

7. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vivenda.

8. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vicenda.

9. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO no polígono industrial.

10. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vivenda.

11. Aprobación inicial, se procede, de expediente de transferencia de crédito 07/2013.

12. Acordo de inicio, se procede, dun expediente de investigación dun camiño en Pereira de Riba.

13. Aprobación inicial, se procede, do Regulamento Municipal do Servizo de Axuda no Fogar.

14. Mocións presentadas.

Grupo Nacionalista: EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A DROGODEPENDENCIAS.

Grupo Socialista: EN DEFENSA DO EMPREGO XUVENÍL.

15. Mocións de urxencia

16. Rogos e preguntas

MOCIÓN EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A DROGODEPENDENCIAS
A finais dos anos oitenta e principios dos noventa, debido ao aumento das persoas afectadas polas drogas e a presión e insistencia das chamadas “nais contra a droga” e de moitas asociacións e colectivos de todas partes do pais fixeron que a Xunta de Galiza tomara cartas no asunto á hora de atender ás miles de persoas mozas que xa estaban a padecer os efectos do consumo de drogas e que provocou en moitas vilas do noso país a desaparición de toda unha xeración.
A implicación das distintas asociacións de loita contra a droga e do persoal técnico en prevención e de centros asistenciais conseguiron concienciar a cidadanía sobre os riscos que conleva o abuso destas sustancias e, así mesmo, crear un clima de rexeitamento do narcotráfico co obxectivo de conseguir atender dun xeito especializado ás persoas afectadas e crear redes e recursos de apoio ás súas familias e a reinserción das persoas ex-toxicómanas.
A Xunta de Galiza fai unha aposta decidida pondo en marcha o Plan de Galicia sobre Drogas que fai que a rede galega pase a ser un modelo non só no estado español senón noutros países.
A rede de atención a persoas drogodependentes na Galiza está composta por 17 Centros Asistenciais, 8 Unidades de de día, 3 Comunidades terapéuticas e 6 Unidades específicas de tratamento de alcoholismo. Máis de 350 profesionais en toda Galiza que no último ano atenderon a máis de 12.000 drogodependentes.
Na comarca de Lemos existe unha Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) sita no Concello de Monforte e que atendeu o ano pasado uns 320 toxicómanos/as dos Concellos da súa área de influenza.
Mais a pesar do traballo realizado polos profesionais deste ámbito con un dos sectores máis débiles da sociedade, estamos a asistir na actualidade a falta de compromiso da Consellería de Sanidade neste eido.
Non se están a desenvolver as ferramentas lexislativas e de coordinación previstas no propio Plan de atención ás Conductas Aditivas e estamos asistindo a sucesivos recortes no financiamento dos Centros Asistenciais e a eliminación do financiamento dos programas de prevención.
Na UAD de Lemos redúcese o importe da subvención autonómica ao redor dun 20 % , e en toda Galiza redúcese un 15,6 % sobre a cantidade percibida no 2012.
Esta situación vai por na corda floxa a toda a estrutura da rede galega de atención ás drogodependencias creando incerteza sobre a continuidade de todos os programas que se están a desenvolver e que non garante, un ano máis, a continuidade das accións no ámbito preventivo.
Por todo o anteriormente exposto proponse ao Pleno do Concello de Chantada os seguintes
ACORDOS
Primeiro: Requerir ao Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade que garanta a continuidade e o financiamento dos recursos da rede galega de atención ás drogodependencias durante todo o período de vixencia do Plan de Galicia de atención aos Trastornos Adictivos (2011-2016).
Segundo: Requerir o Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade que habilite as partidas orzamentarias eliminadas para o financiamento dos Equipos de Prevención das Drogodependencias dependentes dos Concellos e mancomunidades.
Terceiro: Requerir o Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade a integración dos Centros de Asistencia a drogodependencias na rede sanitaria do SERGAS.
Cuarto: Instar ao Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade a que desenvolvan as ferramentas lexislativas e de coordinación establecidas no Plan Galego de Atención aos Transtornos Adictivos, que se cree una mesa de Coordinación integrada polas Consellerías de Sanidade e de Traballo e Benestar Social, as ONGs e Asociacións que interveñan neste ámbito, os sindicatos e partidos políticos para definir e coordinar a política da Xunta nesta materia.

Cuarto: Dar traslado deste acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, á Conselleira de Sanidade, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.


Sem comentários: