Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 12 de junho de 2013

Orzamentos 2013: entre a incredulidade e o absurdo

INTERVENCIÓN DE ALFONSO PIÑEIRO DÍAZ NO PLENO




Antes de entrar en materia gustaríanos que nos explicase as conclusións do informe de intervención que repoducimos na imaxe:

Quemos facer unhas preguntas previase unha afirmación, sabe vostede que este proxecto de orzamentos ten o informede interveción desfavorábel?, como presenta uns orzamentos cun informe destetipo?, que vai pasar por aprobar un orzamento cun informe desfavorábel?.
Para nós é motivo máis quesuficiente para non darlle o apoio a esrte proxecto.
Houbo respostas vagas, divagacionespor parte do alcalde e da interventora, incluso o alcalde chegou a decir que iso era ¨peccata minuta¨ e as explicacións da interventora só as entendeu ela.

En vista de que as nosas preguntas e a nosa afirmación non van facer que os retire e os refaga, escomenzaremos  esta intervención lembrando unha situación producida no ano 2010, en concreto no mes de xullo, cando se aprobaron osorzamentos para o ano 2011, uns orzamentos cunhas cuantias similares ás que sepretenden aprobar hoxe, daquelas se falaba dun orzamento de algo máis de 5millóns e medio de euros, fronte aos actuais de pouco máis de 5.300.000 euros.Como decimos moi similares. Eso sí, sen informes desfavorábeis.
Daquelas, se sinalaba, vostede, Sr.Alcalde, sinalaba que chegaban medio vencidos, tarde, que tiñan que estaraprobados desde decembro, hoxe, este ano chegan en xuño, un mes de diferenciacon respecto aos do ano 2010.

Dicía, vostede dicía, que era excesivo un gasto de persoal dun 38% do orzamento, hoxe pretende aprobar uns con máis do 41%, e decía, vostede dicía,  que deberían rondar sobre o 30 ou o 35%.  Daquela o gasto corrente do Concello rondabao 27,5% e tamén foi criticado, vostede crtiticouno daquelas e hoxe pretende aprobar  un  gasto que se aproxima ao 38,5%.

Comentaba, vostede comentaba,  que era excesiva unha carga financiera de 96.000 euros o que representaba o 1,7% do orzamento e hoxe quere aprobaloscunha carga duns 232.000 euros, ou sexa, un 4,3%, máis do doble.
E insistimos da desventaxa que supónaprobalos cun informe desfavorábel.

Non lle pareceron realistas a pesarde que os investimentos reais eran de algo máis de 896.000 euros, o 16% do orzamento e hoxe nos presenta uns, cuxo investimento real non chega aos 45.000 euros, o 1,4%. Este dato, ao noso grupo lle parece moi interesante e moi clarificador. Unha das premisas que deben reflectir uns orzamentos é o proxecto político do grupo de goberno, deben mostrar como un grupo que sustenta ao goberno inviste os seus recursos económicos, ou, indo un pouco máis alá, o grao de cumprimento dun programa eleitoral, con este dato, do que nos damos conta é de que pouco proxecto de futuro teñen para Chantada e de que non foi capaz deacadar investimentos doutras administracións.

E non queremos, xa o  fixemos no seu día, facer un relatorio coas inversión reais noutros concellos de similares características.

Ou aquí pasa algo raro, ou neses Concellos se traballa algo máis. Por non facer, nen sequera se levou a cabo a reforma da ordenanza municipal de vados, o que nos permitiría ingresar unhas cantidades diferentes e algo superiores ás orzamentadas, iso sí, eso o dín no informe. 

Tamén nos damos conta de que todas aquelas premisas, todo aquilo que dixo á hora de elaborar o plano de axuste, non se está acumplir, estámolo vendo nos informes adxuntos que se nos presentan, vémolo nos diversos plenos con datos económicos que se levan celebrado e polas notas da propia intervención, onde están os reagrupamentos de contratos ou a viabilidade dos mesmos que se quedou de facer no plano de axuste para tentar abaratar os custes?

Vistas as cantidades orzamentadas para estes conceptos, temos que pensar, que nada de eso se fixo, máis ao contrario, se seguen a inflar os ingresos, vólvese cometer o erro de orzamentar algo máis de 16.000 euros sen ter aprobada a preceptiva ordenanza municipal por utilización privativa do dominio público. Ou como se volve a orzamentar a cantidade de 150.000 euros na partida de Bens Inmobles de Categoria Especialcando a liquidación nos dí que se fixo un exceso de previsión neste tema.

Por seguir comparando, no ano 2011 soportabamos unha débeda pública de máis de 270.000 euros, un 5% do orzamento,hoxe pretenden aprobar unha de algo máis de 655.000 euros, o 13% do orzamento, bastante máis do duplo. Reducen a partida de benestar cáseque nun 50%, e os xuros pasan dos 68.490 euros do ano 2011 aos máis de 220.000 euros actuais. Por outra banda, cando decimos  que o capítulo de ingresos están inflados, decímolo porque hai partidas, en concretoas de actividades culturais e deportivas que se reflicten até catro veces distintas, en Cultura, en Deportes, en turismo e en Festas, dando unha cantidade total orzamentada duns 82.000 euros, ou que haxa unha partida en Cultura de algo máis de 5.000 euros para ¨produtos alimenticios¨.

Incluso hai acordos plenarios, para iso se fan, para iso se nos convoca, para iso se traballa no consenso, que non se cumpren, lense as bases de execución do orzamento, e isto é cansino, porquexa o advertimos no anterior proxecto que nos presentaron, vólvese cometer o mesmo erro; na base 18.- indemnizacións por razón do servizo dos membros e empregados da corporación, fíxanse unas indemnizacións en función do grupo ao que se pertence na administración, pois ben, en acordó plenario de setembro de 2011 determinosuse que serían por asimilación co Grupo II do Anexo I do Real Decreto462/202 de maio e así se debería reflectir nos orzamentos xa que non está así.

Son razón suficientes, para o noso grupo, para non darlles o apoio a este proxecto de orzamentos, incluindo de novo a certeza de que non se deben aprobar cun informe de intervención desfavorábel. Hai máis, pero tamén nos gostaria ir escoitando alguna explicación…


II
Polo que dixemos anteriormente o noso grupo non vai a apoiar estes orzamentos mais hai algo que non queremos pasar por alto, a parte do xa dito informe desfavorábel de intervención.

No informe de estabilidade, no informe de intervención, escomenzan os cálculos da regra do gasto e do seu cumprimento, esa ¨cousa¨ que inventou o goberno do estado para non gastar máis do que se ingresa.

Pois ben, para nós, esa regra está mal feita, porque, collen as obrigas recoñecidas netas do ano 2012, esas que saen na liquidación, e collen tamén as previsións iniciais do orzamento, e segundo temos entendido, e esta dúbida esperamos que nola resolvan hoxe, non se fai así:

Hai que facela coa liquidación do ano 2012, obrigas recoñecidas dos capítulos 1, 2, 3, 4, 6 e 7 pero tamén hai que recoller as obrigas recoñecidas dos anos 2010 e 2011 dos mesmos capítulos, parafacer os cálculos de INEXECUCIÓN. Hai que comparar cos créditos iniciais decada capítulo e calcular o promedio, e decir, esta regra se fai cos anos 2010,2011 e 2012, esto nos da unha porcentaxe de inexecución, pero comparando os datos de tres anos, neste proxecto estase a facer dun só. Esta regra, nosindica se se orzamenta acorde ao que se recada. Si este número, se o resultado é positivo, estaría ben feito, se fose negativo teríase que reducir o presuposto. A cifra que sae, certamente é positiva, mais cos cálculos do ano 2012. Cremos, que haberia que facelo ben porque ¿que pasaría se a cifra que hoxe é positiva logo de facer ben os cálculos se volvese negativa?, ¿que pasaría se se aproban os orzamentos con esta premisa?. Poderiamos ter problemas de legalidade?, quedan hai as preguntas…
Esta é a información que temos nós… 

O noso grupo non vai apoiar, porestas razóns o proxecto de orzamentos para o ano 2013, pero é máis, apoialos pareceríanos unha ousadia.







Sem comentários: