Os orzamentos que hoxe apresentamos para discusión e aprobación están pensados e elaborados para unha situación de crise, cun esforzo importante na contención de gastos con carácter xeral. Unha contención que é debida, en grande medida, aos recurtes que se están facendo por parte do goberno do Estado e da propia Xunta de Galiza, no caso de Chantada de máis de 500.000 euros. Unha barbaridade, por non decir unha tropelía. Esto siñifica, non hai que ser economista para darse conta, que vai haber menos fondos o que poderia siñificar unha merma de servizos ou da súa calidade, intentaremos que non sexa así, recurtaremos gastos en outras partidas para que a diferencia doutras administracións os déficits non os paguen os cidadáns de Chantada.
Como exemplo comentarei que na área de Benestar pasamos dun orzamento de 303.658 euros do ano 2009 a algo máis de 392.000 euros, caseque 90.000 euros de aumento no ano 2010, o que vai facer crible e realizable a política cara aos dependentes. En época de crise, este goberno municipal aposta polo benestar, outros non poden decir o mesmo. Nestes mesmos momentos estase a votar na Asamblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o seu desmantelamento, rachando así co seu carácter universal e público do sistema, sendo tamén unha decisión vinculada á privatización dos servizos sociais impulsada pola Xunta. Ademais vai impedir a participación dos concellos na planificación e decisión, así como na xestión dos centros, pasando dun sistema de cooperación en pé de igualdade, a outro dependente da Xunta. Van modificar a participación municipal no financiamento estabelecendoo no terzo dos gastos de xestión en efectivo, na vez dos gastos de mantemento. E esto vainos afectar xa que foi a xestión deste goberno municipal xunto coa do consorcio a que fixo que os gastos do Centro de Día pasaran de 11.000 euros ao mes do goberno anterior aos 3.000 mensuais na nosa xestión.
Nestes orzamentos seguimos a darlle cabida ás necesidades do medio rural. Non podía ser doutro xeito nun concello eminentemente agrícola e gandeiro, a pesar dos atrancos que outros andan a pór, priorizando, como ven na documentación achegada, os gastos en acción social, en servizos sociais e no rural que como sabemos noutras épocas foi o grande esquecido.
Con estes orzamentos, tratamos de incentivar a inversión, que haxa un incremento económico e laboral do Concello coa aposta, desde o principio da lexislatura foi así, da ampliación do polígono industrial, investiremos cartos do canon para o abastecemento de auga e así poñer un gran de area para a saida da crise.
En canto á axudas as diversas asociacións son as mesmas cas do ano 2009 cando aplicamos un plan de austeridade que nos permitiu pedir un crédito de algo máis de 600.000 euros para pagar débedas. Non as vou repetir aquí xa que están na documentación achegada… pero eso sí, só lembrar as declaracións que estes días están a sair na prensa. «Nestes momentos só cumpren o Concello de Chantada, que nos garante unha axuda de 15.000 euros, e a Deputación de Lugo. Da Xunta non temos noticias. Este ano deixamos de percibir uns 37.000 euros en distintos conceptos, e así é practicamente imposible competir na elite», son verbas do Presidente do Clube de Baloncesto. Ou estas outras.. «Tivemos que conformarnos con que puntúe só para o autonómico, xa que o ano pasado deixamos de ingresar 24.000 euros, é dicir, dos 30.000 que nos prometeu a Xunta, só recibimos 6.000. Desta forma é imposible manter o rango. A Deputación de Lugo mantén a súa axuda, que suma 12.000 euros, mentres que o Concello de Chantada achegará 9.000. Son verbas do Presidente da Escuderia Chantada. Así que polo menos señor e señora concelleiros do PP fagan correxir o que escriben na súa páxina web cando dín que ¨O Goberno Municipal de Chantada está promovendo unha espiral de vetos e ataques contra entidades deportivas de Chantada, á Escuderia Chantada e o Clube de Baloncesto¨. Onte pola noite ainda estaba.

Como estamos a falar de cartos, de orzamentos, de situacións complicadas e decir de financiamento, aproveito a ocasión para desde este foro, que é o único que temos, volver a reclamar un novo modelo de financiamento local que teña en conta criterios de dispersión da poboación, de extensión territorial e de envellecemento poboacional no reparto dos fondos do Estado, un novo modelo de financiamento local que “non castigue ao concello, como sucede co sistema actual” xa que a prestación dos servizos ten un maior custe no noso Concello.
Un problema que está agravado porque aumentáronos as competencias, sen que se incrementara proporcionalmente o financiamento que recibimos das outras administracións. Como xa comentei, o recurte do Concello, de máis de 500.000 euros, vai agravar a situación, xa que a esto haberá que engadirlle o déficit por ingresos de licenzas urbanísticas, o recurte nas subvencións (as da Xunta xa as coñecen incluso mellor ca nós os integrantes do grupo popular), non poder asinar convenios con outras administracións ou a propia renovación dos existentes.
Chamóulles a atención no capítulo de investimentos, a achega da Xunta neste apartado…a astronómica cifra de ¨cero¨ euros, en contraposición aos investimentos do Estado que se cifran en caseque millón e medio de euros ou aos da Deputación que entre Canon e outras partidas ascende a cáseque 2 millóns de euros. A nós a verdade é que non nos extrana, a Xunta non aposta por Chantada, pasa de todos os vecinos e veciñas, non do goberno, pasa de todo o pobo de Chantada.
Hai que decir tamén que os concellos atopámonos nunha situación de estrema gravidade, é necesario demandar, e así o imos a facer desde Chantada, que a Xunta, no seu fondo de cooperación, reparta maior porcentaxe nos seus 315 concellos. A Xunta pódese permitir o luxo de non facer nada nunha lexislatura, leva camiño, salvo demoler o feito, pero os concellos non, porque seguimos a ter dependentes, axuda no fogar, deporte, saneamentos, abastecementos, etc, etc.
Cando toca gobernar, toca decidir e priorizar, e nestes momentos difíciles, este goberno decide apretarse o cinto sen que se resinta a calidade dos servizos que imos prestar.
Tamén hai que ter en consideración a opinión de quen sabe máis ca nós e considerar as observacións que fixo a Sra. Interventora, foron uns orzamentos moi difíciles de facer, os máis difíciles dos derradeiros anos destacando tamén que será a execución do mesmo, o cumprimento das previsións de ingresos e gastos e a consecuente adopción de medidas as que fagan que sexan uns orzamentos reais e equilibrados.
Nada do que levo dito até o de agora é novidade para ninguén, a xente non precisa de grandes sabios para saber que os tempos son malos, sen embargo, tamén quero deixar craro que os causantes deste desastre son os mesmos que agora teñen vara alta, non cambiou para nada o persoal causante do mal, non houbo recoñecemento de erros nos Bancos Centrais, no FMI, e demáis tropa como xa os definimos noutra ocasión. A súa incompetencia é a responsabel da situación actual.
Sem comentários:
Enviar um comentário