Pesquisar neste blogue

domingo, 18 de maio de 2008

Quem é que defende realmente ao galego?




Galiza Nova Chantada, 18 de Maio de 2008

O povo galego manifestou-se mais umha vez polos seus direitos colectivos e milheiros de galegos e de galegas saírom às ruas de Compostela para berrar forte e alto a sua vontade de poder viver em galego, na língua própria da Galiza.

No entanto, o panorama lingüístico apresenta-se cada dia mais preto, sobretodo, entre a mocidade urbana. Em cidades coma Ferrol só 1'4% dos moços de entre quinze e vinte e quatro anos tenhem como língua oficial o galego, por enquanto algumhas associaçons alertam contra a imposiçom do galego: o mundo às avessas. Como moito, porém, poderia-se falar de restituiçom quando denantes do franquismo o empregavam 80% das galegas e dos galegos[1]. Por trás desta caída fulgurante do galego estám séculos de prostraçom nacional e de dependência económica, noutras palavras, de colonialismo feroz e de repressom lingüística mais ou menos palpável.

Destarte, o espanholismo continua coa sua firme vontade de fazer do castelhano ESPANHOL, quer dizer, de eliminar qualquer língua que nom seja a do Estado, coidando assí pôr ponto e final as arelas arredistas dos povos trabalhadores oprimidos polo imperialismo espanhol. Nessa teima trabalham com jornais, televisons e rádios na língua da Meseta; nessa direcçom encaminham velhos e novos pré-juízos contra o galego; e nessa loita esganam-se por evitar que o povo galego tome consciência de que galego e português a mesma cousa é, como é que na Estremadura espanhola estudam mais escolares português ca na Galiza? Ou como explicar a colonizaçom lingüística que sofre o próprio galego, começando por umha ortografia castelhana que o dota de invisibilidade e de permeabilidade perante todo tipo de intrusons léxicas, fonéticas sintácticas e morfológicas? Nós coa AGAL dizemos que «os bons e generosos a nossa ortografia entendem» e que o galego é umha língua internacional, por isso as companheiras e companheiros de Chantada subscrevemos os manifestos de AGAL e da MESA[2].

O PSOE continuou a política lingüística do PP, cuja máxima pauta é aplacar consciências atormentadas cumha defesa da nossa língua meramente nominal, sem vontade algumha de mudar o estado actual de cousas. Assí, a política lingüística actual é umha política de chiringuito como o era a o PP, com fortes subvençons a jornais que rem escrevem em galego, mas que si podem escrever bem de Tourinho e companhia[3]. O novo Decreto 124/07 que fixa 50% da ensinança em galego[4] ficou mais umha vez em papel molhado, pois nom se percebe vontade na Conselharia de Educaçom de garantir a sua implantaçom real e efectiva. De facto, num acto organizado na faculdade de filologia polos CAF o dia 14 deste mês, Henrique Monteagudo, Carlos Calhom e um membro da AGAL denunciárom as eivas da Lei de Normalizaçom Lingüística (1983) e a sua nefasta aplicaçom. O próprio Monteagudo assinalou como o ilustre lingüista Itamar Even-Zohar se surpreendeu polo abismo existente entre a defesa retórica e a defesa formal do galego entre as nossas classes políticas, extremo que nunca denantes tinha observado.

Hoje queremos despedir-nos cumhas palavras dum senlheiro camarada, pois somos conscientes de que o monolingüismo social em galego só se atingirá quando Galiza seja dona de se negar e dona de decidir, ou seja, quando exista umha verdadeira soberania popular galega que nom tenha que pedir permissom a nengum centro de poder alheo:

«Sem estado próprio podo existir naçom, mas nom soberania, nem poder constituinte, nem ordenaçom política e jurídica particular dum território nacional. Direitos estes irrenunciáveis para umha organizaçom nacionalista (...). Tenhamos ou nom como norte a independência, que um nacionalista a exclua de antemao significa ignoráncia e capitulaçom ideológica. Dirigir é algo mais que exibir o bigode na pantalha. Compre tamém difundir pedagogia», Bautista Álvares.



[1] Na verdade, estas tentativas assimilacionistas som verdadeiros anjos exterminadores do espanholismo, que aplicam a língua, dumha forma totalmente acientífica, critérios do neoliberalismo. Entom, vê-se bem que haja línguas fortes que exterminem às línguas débeis, como é bom que os EUA fagam guerras imperialistas... é o mesmo darwinismo social e chauvinismo eurocéntrico que se aplicou sobre da África para justificar a trata de escravos e o posterior espólio dos seus recursos. A lei da selva, o mais forte impom-se ao seu antolho e tem direito a destruiçom do património comum.

[2] Achamos que o galego deve caminhar cara a reintegraçom no espaço lingüístico que lhe é natural, ou seja, na lusofonia, pois actualmente o galego está isolado do português, o qual só desencadeia um hibridismo esperpéntico que conduze à populaçom galega a ignorar as imensas possibilidades da língua de seu, o galego-português.

[3] A respeito destes “convénios” a prol do galego podemos achegar alguns dados . No primeiro quadrimestre deste ano as ajudas à imprensa escrita acadárom os dous milhons de euros, mas alguns jornais como A Nosa Terra ficárom fora do reparto, segundo Marisol López porque «a esses nom os temos que convencer». Nesta vontade de convicçom devem incluir-se os 120.000 euros que recebeu a COPE, medio siempre entusiasta con la defensa y promoción del dialecto gallego.

[4] O anterior Decreto 247/95 tam só marcava um mínimo de 33% se nom nos falha a memória.


4 comentários:

Anónimo disse...

Sempre en Galicia, sempre en galego.

O Garcia do Outeiro disse...

O BNG pide ao Estado que prime as explotacións gandeiras familiares con vocación de permanencia no reparto da cota láctea
[GZnación / Redacción / 22 Mai 08]

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, instou hoxe ao Goberno central a cambiar os criterios de distribución da cota láctea de modo que se priorice ás pequenas e medianas explotacións gandeiras con vocación de permanencia.

A través dunha iniciativa parlamentar presentada na Cámara Baixa, a deputada nacionalista propón modificar os criterios de reparto da cota de modo que se garanta a distribución gratuíta e con criterios sociais da reserva estatal, incluíndo a cantidade resultante do incremento acordado pola UE.

Ademais, pide ao Executivo que se teña en conta “o peso e a relevancia do sector produtor de leite de Galiza que actualmente é a única Comunidade Autónoma de todo o Estado español que ten unha tendencia á alza e un perfil de medre na súa produción”. Neste sentido, a deputada nacionalista pon de manifesto que Galiza representa actualmente o 37,6% da produción láctea do Estado.

O último punto desta proposición non de lei, empraza ao Ministerio de Medio Rural a modificar a normativa sobre retencións para non prexudicar economicamente ás explotacións gandeiras cando non se supera a cota estatal.

Desaxustes na distribución

Olaia Fernández Davila subliña que na última campaña láctea 2007/2008 que rematou o 31 de marzo pasado, “Galiza é a única Comunidade Autónoma onde creceron as entregas de leite que chegaron aos 2.242 millóns de litros, un 1,88% máis que na campaña anterior”. Porén, no resto do Estado as entregas diminuíron. A deputada nacionalista salienta que na Galiza as entregas de leite superaron a cota en case 39 millóns de quilos mentres que no resto do Estado as entregas ficaron 167 millóns de quilos por debaixo da cota. “Máis do 60% das explotacións que superaron a cota no conxunto estatal están ubicadas no territorio galego”. O feito de que a produción estatal fose inferior á cota en algo máis dun 2% fai que non haxa que afrontar pagos de supertaxa.

Para Davila esta situación demostra os desaxustes existentes na distribución territorial da cota láctea no Estado español e a necesidade de cambiar os criterios de reparto para priorizar ás pequenas e medianas explotacións agro-ganadeiras.

O Garcia do Outeiro disse...

Un año de peleas y reconciliaciones en Chantada a la sombra del final del culebrón del canon
Pasaron cuatro meses desde que las elecciones del año pasado descabalgaron al PP de la mayoría absoluta hasta que PSOE y BNG se pusieron de acuerdo para repartirse las tareas de gobierno. Entre mayo y septiembre, socialistas y nacionalistas tensaron la cuerda al máximo en varias ocasiones y la destensaron otras tantas, en un juego de regateo que en realidad aún no ha terminado. Manuel Anxo Taboada tomó posesión como alcalde gracias a los votos del BNG, pero él y los otros tres ediles socialistas gobernaron en solitario porque las negociaciones habían encallado. En septiembre llegó por fin el acuerdo y los tres concejales del Bloque se sumaban al gobierno. Las elecciones fueron una victoria para el PSOE, porque le permitieron alcanzar por primera vez la alcaldía de este municipio, pero también para el Bloque, que subió más de lo que la mayoría pronosticaba y cuyo candidato Alfonso Piñeiro obtuvo un resultado que permite a los nacionalistas soñar con el sorpasso en el 2011.
En un escenario así, los dos socios que comparten gobierno en Chantada colaboran pero también compiten. Casi siempre de forma callada, pero a veces con ruido. Como ocurrió con el canon. Los 4,9 millones de euros que la Diputación se tiene que gastar en Chantada de aquí a las próximas elecciones municipales pueden mover muchos votos. Como el BNG demostró en Monforte tras su cohabitación con el PSOE, la formación del alcalde parte con mucha ventaja para capitalizar los éxitos. Pero en Chantada, su presión ha permitido al Bloque asomar la cabeza en la foto del final feliz del culebrón del canon.
Objetivos cumplidos
Canon al margen, estos doce últimos meses de gestión municipal se han beneficiado de las ganas de los recién llegados, que le han dado un barniz dinámico que la última etapa del PP había perdido. Con los populares aún tanteando qué tipo de oposición les conviene más, socialistas y nacionalistas han zanjado asuntos que los dos consideraban prioritarios (residencia de ancianos a la red pública, obras de Xoán XXIII, escuela taller...), pero en otros (PXOM, ampliación del polígono) todo parece ir más lento de lo deseable.
[Tirado de La Voz de Galcia]

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,酒店,