Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 22 de outubro de 2012

As eleccións en Chantada

Alternativa Galega de Esquerdas obtivo onte o seu mellor resultado en toda a provincia de Lugo no concello de Chantada onde se converte na segunda forza política. O noso próximo alcalde co voso apoio será Ildefonso Piñeiro, esperamos non defraudar a confianza depositada por todas e todos na Alternativa Galega de Esquerdas.

Resultados 2009

Resultados 2009 en Chantada:
PP: 5.028 (50'78%)
PSOE: 2.564 (25'89%)
BNG: 1.931 (19'50%)
TEGA: 78 (0'79%)
PUM+J: 59 (0'60%)
EU: 25 (0'25%)
FPG: 25 (0'25%)
UPyD: 21 (0'21%)
GU: 9 (0'09%)
Nós-UP: 8 (0'08%)
Fe de las JONS: 7 (0'07%)
Partido Humanista: 4 (0'04%)
+G: 3 (0'03%)

Resultados 2012


TOTAIS:
PP: 2.409 votos
AGE: 895 votos
PSOE: 801 votos
BNG: 294 votos

CxG: 16 votos


Mesa de Brigos
PP 86
AGE 26
PSOE 13
BNG 10
Nulos 5
Branco 3



Mesa de Axulfe
PP 82
PSOE 15
AGE 12
BNG 6
UPyD 1
Branco 5
Nulos 2

Mesa San Fiz

PP 166
PSOE 49
AGE 37
BNG 13



Mesa Vila Uxe
PP 106
AGE 36
PSOE 32
BNG 10

Mesa Centulle (vila)
PP 310
AGE 148
PSOE 105
BNG 38

Mesa Mariz
PP 83
AGE 25
PSOE 24
BNG 12

Mesa Requeixo
PP 91
PSOE 32
AGE 10
BNG 2

Mesa Veiga
PP 87
PSOE 50
AGE 37
BNG 18

Mesa Líncora
PP 95
PSOE 37
AGE 15
BNG 7

Mesa Mundín
PP 113
PSOE 53
AGE 14
CxG 1

Mesa Muradelle
PP 99
PSOE 34
AGE 37
BNG 25
CxG 9

Mesa 1-3-A (vila)
PP 229
AGE 107
PSOE 74
BNG 48
CxG 1

Mesa 1-3-B (vila)
PP 282
AGE 241
PSOE 124
BNG 25
CxG 4

Mesa 1-4-A (vila)
PP 195
AGE 61
PSOE 42
BNG 16
CxG 1

Mesa 1-1-U (vila)
PP 312
AGE 148
PSOE 105
BNG 38










































terça-feira, 9 de outubro de 2012

RESUMO DO PLENO




1.- Aprobouse por unanimidade unha transferencia de crédito de 102.000 euros para facer frente aos intereses do préstamo consecuencia do Real Decreto Lei 4/2010 para o pago a proveedores. Ao reducirse as subvencións xenérase crédito para este tema.

2.- Orzamentos 2012. Despois dun longo debate decidiuse por unanimidade que o asunto quedase sobre a mesa. 

Hai moitos conceptos que non están claros, hai partidas nos ingresos de difícil explicación. Estes foron os nosos argumentos:
Non descubrimos nada cando  decimos que un concello, dispón duns ingresos que proveñen de catro fontes principais: os tributos que paga a cidadanía, as transferencias que recibe doutras administracións, a posíbel venda de bens pertencentes ao patrimonio público e o endebedamento que estima necesario contraer.

Os orzamentos que presenta un goberno para a súa discusión e aprobación proporcionan un determinado nivel de información ao respecto de tres cuestións básicas: cal é o volume total dos recursos que xestiona esa administración, como obtén eses fondos e que prioridades de gasto estabelece nas súas previsións anuais.

Entrando e materia, o primeiro que nos chamou a atención foi a leitura das BASES DE EXECUCIÓN, e chamounos a atención porque as lemos e polo visto dános a impresión de que vostede non o fixo, xa que si o fixera dariase conta de que na base 18.- indemnizacións por razón do servizo dos membros e empregados da corporación, fíxanse unhas indemnizacións en función do grupo ao que se pertence na administración, pois ben, en acordo plenario de setembro de 2011 determinouse que serian por asimilación co Grupo II do Anexo I do Real Decreto 462/2002 de 24 de maio e así, ao noso modo de ver,  débense de reflectir nas bases.

En xullo do ano 2010, nun debate similar ao de hoxe, tratábase de aprobar os orzamentos para o 2011, vostede dixo, e estan as actas para comprobalo referíndose aos gastos de persoal, que era excesivo que se elevaran até un 38 %. Hoxe vostede intenta aprobar uns cuxos gastos de persoal se elevan até o 46 %. E por se fora pouco, aumenta vostede o gasto corrente do Concello cáseque nun 10%, pasando dun 27,4% no 2011 a cáseque un 38 % no que pretende aprobar, se sabe contar, non conte co voto do noso grupo.

Pero hai máis:

Dado o volume de gasto que representa o tema do alumeado público, orzamentan 182.429 euros fronte aos 178.514 do ano 2011, onde está a premisa do plano de axuste cando se fala de implementar medidas de aforro neste capítulo?, onde se estan a elaborar proxectos de mantemento e tramitación de contratos para os mesmos?. Terian, ao noso modo de ver, que estar reflectidos nestes orzamentos. Parécenos que cando se elaborou o plano de axuste, vendo estas cantidades, todo se quedou en políticas de boas intencións.

Outro tanto do mesmo observamos noutro tipo de gasto como é o caso dos diversos suministros en distintas partidas e capítulos. Por poñer uns exemplos, en cultura aumentase o gasto corrente en cáseque 10.000 euros, os de suministros en máis de 3.500, máis de 22.000 en deportes ou máis de 68.000 nos da administración xeralOnde estan os reagrupamentos de contratos ou a viabilidade dos mesmos que se quedou de facer no plano de axuste? Recoméndouse, cando se aprobou , acudir a mecanismos que permitan reducir o tan elevado gasto neste concepto.
Por outra banda, non entendemos, as diferencias existentes nas cifras de gastos, de impagados, existentes entre o informe de morosidade correspondente ao ano 2011 (802.045 euros), ás do plano de axuste (866.993 euros) e ás da liquidación que se nos presentou hai pouco (1.173.000 euros), porque estas diferenzas?, que está a pasar?.

Tampouco inventamos nada cando decimos que unha das premisas que deben reflectir uns orzamentos é o proxecto político do grupo de goberno, uns  orzamentos deben mostrar como un grupo que sustenta ao goberno inviste os seus recursos económicos. Ou, indo un pouco máis alá, o grao de cumprimento dun programa eleitoral.

Da leitura detida dos orzamentos, dámonos conta, que só teñen como inversións reais, para proxectos de futuro, uns paupérrimos 33.000 euros, a onde imos con iso?. Que proxectos ten para Chantada alo menos no vindeiro ano?. Poucos a verdade. Este é o seu proxecto político, 33.000 euros, pouco proxecto parece a vista desta cifra.

Nos investimentos reais obsérvase tamén xa non o descenso de programas de obras doutras administracións senon a ausencia absoluta destes investimentos, o que nos leva a pensar que non fixo nada, ou cáseque nada neste sentido. Nos orzamentos que vostede pretende aprobar, teñen uns investimentos reais que non chegan nin ao 1 % do orzamento fronte ao algo máis do 16 % do ano 2011. Botamos de menos novas neste senso, mentres noutros concellos os alcaldes se entrevistan, se desplazan, visitan a outras administracións, vemos con tristura como do de Chantada non se fala en nengures.  Ímoslle pór algúns exemplos de concellos do País onde sí parece que polo menos visitaron outras administración para acadalos: 

SOBER: 132.725 
PALAS: 2,4 millóns
MONTERROSO: 355.987
RIBADEO: 2.570.458
TABOADA: 265.721. Ano 2011
CARBALLEDO: 264.476. Ano 2011
MONFORTE: UNS 250.000

Non moveu una palla. O noso grupo cré prioritaria, por pór outro exemplo, a obra para dotar, dunha vez, de enerxía eléctrica para o abastecemento de auga no polígono industrial, co que se leva pagado do grupo electróxeno alí instalado, estaría de sobra amortizada. Con esas cantidades a verdade é que pouco ou nada imos ver.

Este capítulo dinos que non hai proxecto político nengún, nen sequera apostan por conservar o que está feito, para vías públicas orzamentan pouco máis de 18.000 euros fronte aos algo máis de 97.000 do ano 2011.

Seguindo a súa liña, foi un feito durante os seus anteriores mandatos municipais, os ingresos non son reais, nin sequera están ¨inflados¨ porque como se nos dixo ao longo do tempo, traballábase sobre supostos, sobre previsións, para o noso grupo, directamente hai ingresos que non existen a día de hoxe.

Como se poden orzamentar ingresos por valor de 97.000 euros pola taxa de utilización privativa por explotación de espazos públicos sen ter aprobada, nen sequera estará feita, así o marca a lei, a preceptiva ordenanza municipal?

Como se pode orzamentar o aumento de ingresos pola modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construción, instalación e obras fixando un gravame de 3%, ou sexa una suba de 1 % sen pasar polo pleno para a súa aprobación? Temémonos que tampouco está feita.

Ademáis neste capítulo, licenzas urbanísticas, orzamentan 10.000 euros de ingresos cando a realidade, que é teimuda, , por este concepto en todo o ano 2011 se recadaron só 1.000 euros.

Como se poden orzamentar 25.000 euros de ingresos polas matriculas das escolas deportivas, sen a realización nen a aprobación da correspondente ordenanza?

Máis de 160.000 euros, de ingresos ficticios, segundo os nosos cálculos, seguro que hai máis.

Querémoslle comentar outro problema que observamos co estudo dos orzamentos. Estase a recibir una subvención para o mantemento da oficina de rehabilitación, consignada como ingreso, e que está destinada aos gastos da mesma. Esta oficina leva fechada hai un ano ou ano e medio polo que se debería destinar a pagar os salarios das dúas persoas que traballan neste tema, ou non?, se é así o Concello non gasta un só euro no servizo.

Por outra banda, e por sentenza xudicial, deberíase de xerar crédito para o recoñecemento que se fai da praza de arquitecto do servizo de urbanismo, e non se fixo. Nos orzamentos só se contempla unha praza e haberia que dotar as duas, ou non?, ou sexa falla por reflectir un dos salarios.

Para rematar, non ímos votar a favor destes orzamentos, con todo esto que lle acabamos de dicir, e non é que non queiramos e que non podamos e non o debamos facer, mais tamén estamos certos, de que non os deberíamos apoiar ningún grupo desta corporación, nen sequera vostedes, o grupo de goberno. Deberian de facer todo o traballo previo e refacelos. Se non é así e non os damos convencido, coidamos que a súa obriga seía retiralos, estamos certos cando dicimos que hai materia suficiente para impugnalos, algo que por suposto valoraremos


3.- Aprobouse por unanimidade que os Festivos Locais do ano 2013 fose o San Lucas e o martes das festas (Festa da Empanada).

4.- Aprobouse por unanimidade o inicio do expediente de investigación sobre a natureza dun camino en Basán Pequeno.

5.- Aprobouse por unanimidade unha bonificación do ICIO (imposto de construción) para unha obra de rehabilitación no Casco Histórico.

6.- MOCIÓNS. GRUPO NACIONALISTA:
1.- Para a supresiçon das exencións fiscais as Confesións relixiosas. (Xa publicada no seu día) que foi aprobada por UNANIMIDADE. (Foi agradable ver votar ao PP a favor desta moción)

2.- Para a defensa do Partido Xudicial. Conxunta co PSdeG-PSOE. (Xa publicada). Aprobada por unanimidade. (tamén foi agradable, a decisión de suprimilos ven dos recurtes do goberno central)

3.- Para a recuperación da paga extra dos traballadores públicosRexeitada polos votos do Grupo de Goberno INTA (5) e os do PP (3). Nacionalistas (3) e PSOE (2) votamos a favor.
En diversos plenos celebrados ao longo do tempo vimos insistindo, desde o noso grupo, que as decisións adoptadas polo Goberno central en materia económica están a provocar un agravamento da crise económica, Chantada non é unha excepción, e se lles facemos caso, parece que os pensionistas, os dependentes, os traballadores e traballadoras, pequenos comerciantes e empresarios, ou os funcionarios públicos somos os culpábeis da débeda do Estado. A obsesión por dar unha prioridade absoluta á contención do gasto público, como se os cartos fosen seús, seguindo sen matices, axeonllándose fronte aos ditados do FMI, o BCE ou a UE, cada vez máis pregados aos intereses do capital financeiro, ocasionan tanto unha continua perda de empregos como un empeoramento das condicións de vida das persoas que manteñen o seu emprego.

Até o de agora as reformas só deron como resultado, máis desemprego, unha caída no consumo e na actividade económica, e un maior estancamento do crédito ás persoas emprendedoras, empresas e familias. Hai exemplos dabondo. Como se pode esquecer que os que hoxe se empeñan en convencernos de que temos unha débeda insostíbel, BCE, FMI, Banco de España, alentaron hai pouco que salvásemos ao prezo que fose o poder dos banqueiros?. Porque iso precisamente foi o que se fixo. Salvar aos mesmos banqueiros que reclaman recortar o sistema de pensións e para si se autootorgan xubilacións de moitos millóns de euros e, o que é moito peor, utilizan os cartos que lles demos para especular contra a débeda que causaron e impoñernos unha autentica ditadura do poder financeiro, deixando o poder democrático limitado a administrar a miseria que eles crean.

Para nós, as reformas tanto do goberno central como as que está a levar a cabo a Xunta son un conxunto de propostas cuxo obxectivo, máis que actuar contra a crise desde unha perspectiva social, donde se favoreza ás persoas e colectivos máis afectados a través dunha redistribución da renda e da riqueza, inciden na liña de aproveitarse da crise para manter os privilexios dos de sempre a costa de recortar dereitos das maiorías sociais.

No caso concreto do noso concello, estamos seguros de que eliminar a paga extra ás empregadas e aos empregados da administración pública é unha medida profundamente inxusta e equivocada. Tamén no ámbito local, agravará aínda máis a crise pois reducir o poder de compra dos traballadores públicos afectará moi negativamente ás pequenas e medianas empresas, ao pequeno comercio en particular e en xeral, ao tecido económico deste concello.

Nada indica que a redución salarial sobre as persoas traballadoras, entre elas as persoas que desenvolven o seu traballo no sector público, sexa unha medida que contribúa á reactivación económica, ao contrario, resta capacidade adquisitiva á maior parte da poboación co que se resente o consumo e a actividade económica.

É por isto, que queremos manifestar a nosa oposición a cargar sobre os funcionarios públicos e especialmente sobre o funcionariado municipal a crise económica coa supresión da paga extra de nadal, unha medida que conlevará unha redución da capacidade adquisitiva e unha caída no consumo e na actividade económica que prexudicará gravemente ao comercio e á actividade económica local. É preciso utilizar as institucións públicas, neste caso o Concello de Chantada para facer unha rebelión cívica fronte ás políticas contrarias aos intereses da cidadanía e pedimos un posicionamento por parte desta Corporación Municipal en contra deste tipo de políticas.
Polo dito, os concelleiros asinantes desta iniciativa propoñemos ao Pleno do Concello a adopción do seguinte:
ACORDO:
  • Articular as medidas que sexan necesarias para evitar a perda de poder adquisitivo das empregadas e dos empregados públicos.

MOCIÓNS GRUPO SOCIALISTA:
1.- Contra o peche das oficinas xestoras. Oficina de Facenda en Monforte: Rexeitada polos votos do Grupo de Goberno INTA (5) e os do PP (3). Nacionalistas (3) e PSOE (2) votamos a favor.

2.- Para que o Concello de Chantada se adhira á auditoría enerxética ofertada (gratuitamente) dende a Deputación de Lugo: Aprobada por unanimidade.