Desde Galiza Nova non podemos senón congratularnos polos resultados obtidos polo BNG o pasado nove de marzo nun contexto de clara bipolarización política auspiciada polos mass media. De feito, o BNG é a única forza nacionalista de esquerdas que acadou uns mellores resultados ca fai catro anos e no tocante ao noso concello obtivemos máis de douscentos votos a maiores ca nas pasadas Xerais. Con todo, non podemos pasar por alto que o parlamento estatal atinxiu un nivel de polarización preocupante e que parece asentarse un insano bipartidismo monárquico que esborrallou ás opcións da esquerda estatal coma Esquerda Unida-Verds.
Así pois, agradecemos a tod@s @s chantadin@s que depositaron o seu voto a prol dun proxecto político que apostou e apostará decididamente por Galiza e por un Estatuto de nación, sobre todo aos mozos e mozas que votastes por primeira vez e escollestes a papeleta que fala galego. A todos e todas que fixestes un voto valente nunhas condicións tan adversas GRAZAS. Agardamos non defraudar a vosa confianza.
Galiza Nova Chantada
1 comentário:
Finalmente, o BNG subiu em Chantada 212 votos e acadou um total de 900 votos. Semelha que o trabalho no governo municipal se está visualizando.
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/03/11/0003_6642557.htm
Enviar um comentário