Pesquisar neste blogue

terça-feira, 3 de fevereiro de 2009

Conselhos locais do BNG de Chantadas abertos

Como umha aposta pola transparência e o contacto contínuo com a nossa base social os Conselhos locais passam a ser abertos a toda a nossa militánica e aos simpatizantes:

O Consello Local, tomou a decisión por unanimidade de que a partires de agora, que os devanditos consellos locais, sexan abertos a todos os afiliados e simpatizantes, e terán lugar o último sábado de cada mes ás 16:00 horas no local da rúa Ramón y Cajal, nº 1 entrechán (por riba da carnicería Tino), con isto pretendemos que calquera afiliado e simpatizante coñeza de primeira man, tanto a política municipal como a política da nosa organización.

Aliás, informamos dos diversos actos que se desenvolverám na campanha eleitoral para as nacionais:
Día 4 de febreiro, visita institucional do Conselleiro de Industria, Fernando Blanco a Chantada: visitara a industria de Galletas Mariñeiras é dará un paseo polo polígono industrial para ver ás obras que se están a facer no polígono.
Día 7 de febreiro ás 11:30 horas "Rural con futuro" en Santiago co Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suarez Canal.
Día 7 de febreiro, cea-mitin a nivel comarcal en Chantada, ás 21:30 horas no hotel Mogay.
Día 12 de febreiro, mitin na Poboa de Brollón ás 21:00 horas.
Día 19 de febreiro, mitin en Monforte ás 20:30 horas no pavillón da Pinguela.
Día 20 de febreiro, mitin en Taboada ás 12:30 horas.
Día 21 de febreiro, mitin no Sabiñao ás 21:00 horas no auditorio do multiusos.
Día 24 de febreiro, mitin en Lugo ás 20:30 horas no pavillón municipal.



2 comentários:

Anónimo disse...

escríbese SAVIÑAO

AFP disse...

A confusom nom é nossa já que tiramos o texto dum correio que nos encaminhárom ao nosso correio. Em todo caso na norma da RAG nadvoga-se polo uso de Saviñao como ti bem apontas, se bem a etimologia do topónnimo, pré-romano, é obscura e moitos estudosos acreditam em que vem dum antropónimo Sabinius,se mal nom lembro, polo que o lógico seria, ainda que nom o fagamos escrevê-lo com -b-. Saúde e terra.