Pesquisar neste blogue

terça-feira, 20 de dezembro de 2011

RESUMO PLENO 19 de decembro de 2011



1.- Aprobáronse por unanimidade as actas dos plenos do 7 de novembro e do 24 de novembro de 2011.

2.- Deuse conta das resolución adoptadas pola Alcaldía desde o derradeiro Pleno.

3_4.- Aprobouse a liquidación do ano 2010. É un paso obrigado que exixe o Consello de Contas de Galiza unha vez aprobadas pola comisión especial de contas en xuño e despois de estar exposta ao público. Tamén se deu conta do informe de intervención sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria (ingresos = gastos)

5.- Aprobouse por unanimidade a adopción dun acordo sobre a creación de ficheiros de datos de carácter persoal así como a aprobación inicial do Regulamento de creación de tales ficheiros.

6.- MOCIÓNS:

1.- Aprobouse por unanimidade a que presentamos ao respecto da redacción de ordenanzas para creación de taxas pola utilización privativa do dominio público as empresas de telefonía mobil, bancos e empresas comercializadores do sector enerxético (gasísticas, eléctricas, etc) porque se está a producir unha disminución dos ingresos satisfeitos a facenda local polas compañías prestadoras dos servizos de suministros. Como xa comentamos, en ningún caso se poden xustificar recortes sociais sen intentar ter outro tipo de ingresos, xa que, sempre se nos exixe aos mesmos cargar coas dificultades da crise, subas de impostos, recurtes salariais e de pensións ou reformas laborais sangrantes. E ainda por riba, a única reforma constitucional que se fixo no estado, obrígan aos concellos a controlar máis o gasto adoptando medidas antipopulares, regresivas e dolorosas para a cidadanía. As administracións deberían ter a obriga de buscar outro tipo de solución no canto de botar enrriba dos seus cidadáns e dos concellos os problemas que eles non crearon.

2.- Aprobouse por unanimidade unha moción do PP relativa ao pagamento do canon de explotación das piscinas municipais, 90.000 euros.

3.- Aprobouse por unanimidade unha proposta do PP relativa ao control do gasto, da austeridade e da boa xestión en lugar da suba de impostos e taxas aos vecinos.

Apoíamola porque é lóxico non estar de acordo, e así llo deben de transmitir aos seus dirixentes, con todas as medidas que se estan a tomar por parte das administracións, é normal que non esten de acordo coa regulación do dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes  e para as persoas desempregadas, ou co estabelecemento dun pago de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria, ou coa eliminación da obrigatoriedade de gardas nocturnas para as farmacias dos concellos sen Punto de Atención Continuada. Coa eliminación da necesidade de ter servizo de farmacia nos centros socio-sanitarios de menos de 100 camas afectando  aos hospitais de Cee, O Salnés, Verín e O Barbanza e por pouco a Valdeorras. Un recorte mais na atención sanitaria que se presta dende os hospitais comarcais. Coa proposta de cambio no sistema de adquisición de próteses polo que a persoa usuaria debería adiantar os cartos.

Chegados aquí, o Alcalde conminounos a que nos cinguíramos ao contido da moción, por suposto o fixemos, pero engadindo que se deixara de mallar nos de sempre.

4.- Aprobouse por unanimidade unha moción do PP relativa a pequeñas obras de mantemento en locais sociais no rural.

7.- Aprobouse cos votos do PSOE (2), do BNG (3) e do PP (3) e cos votos en contra de INTA (5), unha moción urxente do PSOE para manter, coma así está nos actuais orzamentos a organización da Feira do Viño do ano 2012 á asociación Quinto Chote.

8.- ROGOS E PREGUNTAS:

OLGA OTERO: Que se arranxe a pista que transcorre entre Santa Cruz e Quintá.

OLGA: ¿Porqué non se organiza este ano a Feira ECOSUS?. Sabe que hai unha partida na Deputación de Lugo de 6.000 euros para este fín. Ao Concello non lle costaría nada máis que o traballo de organizala.

RESPOSTA DO ALCALDE: Pensei que estaba vinculada á Feira do Gando.
OLGA: Son actividades diferenciadas, fixéronse xuntas porqué así se decidiu tendo en conta a opinión dos gandeiros, dinlle información ao seu concelleiro Sr. Penela.
RESPOSTA DO ALCALDE: Foi unha pena que non falara conmigo.

Sem comentários: