Pesquisar neste blogue

terça-feira, 17 de janeiro de 2012

MOCIÓN DO BNG SOBRE PARTICIPACIÓN VECIÑAL



O dereito da persoa a intervir no proceso de toma de decisións no ámbito local, a participación cidadá, constitúe parte inseparábel da sociedade democrática. A participación da cidadania, é necesaria para o funcionamento democrático da sociedade, sendo tamén a clave para a resolución correcta de múltiplos problemas municipais e, favorece a participación activa de todas as persoas na vida do seu barrio, parroquia, lugar de traballo, entidade cultural, deportiva, de lecer, etc

A información, debate, participación e consultas decisorias de todas as veciñas e veciños de Chantada deben ser xunto coa transparencia e a democracia participativa e real os fíos condutores dun Plan de Participación Veciñal que debe fomentar Asembleas veciñais participativas e decisorias do noso Concello.

Hai uns meses, o noso grupo político entregoulle un borrador de regulamento de participación vecinal e nun pleno posterior preguntamos se xa se tiña feito alguna xestión para a aprobación do mesmo ou doutro similar. Vemos que está a pasar o tempo e como non temos máis constancia é polo que propoñemos ao Pleno a aprobación do seguinte:

ACORDO:

1º.- Crear unha Comisión onde estean integrados todos os grupos municipais e na que se convidará a representantes dos axentes sociais, económicos, sindicais e veciñais para, entre todos, facer as reunións e consultas precisas co obxectivo de elaborar e aprobar un Regulamento de Participación Veciñal.

Chantada Xaneiro de 2012

Sem comentários: