TEO, 7 DE
XULLO DE 2012.
Estimad@s
compañeir@s:
A continuación expomos os acordos da Coordinadora Nacional provisoria para a constitución o 14 de xullo, en asemblea nacional, dun novo referente político. O
vindeiro 14 de Xullo temos que ser quen de crear a ferramenta política que o
Pais precisa e que miles de galeg@s están agardando. De nós depende!!
ORGANIZACIÓN
Para unha boa marcha da esemblea, cuestión moi importante, é preciso achegarmos dende as localidades ou comarcas un
número mínimo de 40 persoas que lle boten unha man aos compañeir@s de
Compostela. Por favor pasade os nomes canto antes.
As comarcas e
as localidades deben mandar antes do mércores día 11, ás 14hs, as listaxes das
persoas que van participar na asamblea á lista de correos habilitada na web
(intranet) e para o cal se vos mandou unha clave de acceso. Na devandita
listaxe debe indicarse o nome da persoa e se pagou a cota ou non. Todo isto
nunha folla Excel de cálculo. Calquera dúdida consultar.
MESA DA
ASEMBLEA
Acordamos que a mesa que levará a asamblea nacional
estará formada polas seguintes persoas:
Henrique Harguindey……..Cangas.
Paula Verao……………….. Sober.
Rafa Balado………………. Redondela.
Helena Pérez……………… Vigo.
Carlos Méixome………….. Val Miñor.
Concha Trigo……………… Moaña.
Antonio Araúxo…………… Val Miñor.
Pilar Barro…………………. Ourense.
Mar Casais…………………. A Estrada.
SUPLENTES
Lupe Bouzón………………. Redondela.
Maruchi García…………….. Cangas.
Antón Cruz………………….. A Coruña.
ENMENDAS.
A respecto das enmedas peresentadas, que foron
moitas e valiosas, e que dá a
medida da pluralidade do N.P.C., a
Cordinadora Provisional acordou tratalas baixo tres
criterios:
1º.- Procuraráse
recoller todas aquelas emendas que sexan ben de redacción, de mellora do texto ou de engadido que non
alteren o contido dos documentos.
2º.- Aquelas
emendas que, ou ben sobordan polo seu
contido o tratado nos documentos, mais que en xeral son achegas importantes (uso
TIC, cultura, consumo enerxético… e moitas outras) recóllense como
documentación a ter en conta para a futura asemblea que se celebraría antes dun
ano. Do mesmo xeito as emendas que teñen un carácter reflexivo mais non
propoñen un texto concreto tamén se recollen para desenvolver na futura
asemblea.
3º.- Procuraráse
que ao debate asembleario cheguen aquelas emendas de maior interese neste
momento do proceso constituinte.
4º.- Facer un
chamado a autocontención para que a asemblea poida decorrer con axilidade e se
poida cumprir o horario previsto. Lembrade que tod@s temos que empurrar para
que a crianza naza fermosa e vizosa.
ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA
CONSTITUINTE.
9h. ás 17hs.- Recepción de asembleistas. Recollida
de acreditacións.
10h.- Elección da Mesa da Asemblea.
10:15h.- Debate e aprobación do regulamento da
Asemblea.
10:30h.- Debate emendas aos Principios
Organizativos e Estatutos.
11:30h.- Votación dos Principios Organizativos
e Estatutos.
11:45h.- Debate Documento Político.
13h.- Votación Documento Político.
13:15-16h.- Descanso para xantar.
16h.- Presentación de candidaturas á Coordinadora
Nacional e á Comisión Ética e de Garantías.
17h.- Votación.
18h.- Comunicación de resultados.
18:30.- Acto de Clausura.
REGULAMENTO
Capítulo 1. Da Mesa da Asemblea
Artigo 1. A Mesa
estará constituída por nove persoas: dúas como coordinadoras xerais da xuntanza, presidíndoa e
moderándoa; dúas en función de secretaría xeral,
redactando a acta; e cinco persoas máis que colaboren nas tarefas
de ordenamento dos debates, recollida de datos dos recontos, suplencias
momentáneas, etc.
A Coordinadora Provisoria de Asembleas
Nacionalistas fará unha proposta inicial de composición da Mesa que poderá ser
debatida, modificada ou, no seu caso, ratificada, total ou parcialmente, pola
Asemblea, en votación a man alzada.
Artigo 2. A Mesa
será responsábel da orde e dirección da Asemblea. As súas competencias serán:
a) presidir a sesión; b) abrir, moderar e fechar os debates; c) organizar as
intervencións; d) indicar, ao someter algún tema a votación, as opcións e, se
for o caso, a mecánica do proceso de votación; así como proclamar o resultado;
e) ordenar o desenvolvemento da Asemblea, establecendo as pausas e o reinicio
de acordo co horario establecido; f) interpretar este regulamento e resolver as
dúbidas que poidan xurdir sobre o desenvolvemento da Asemblea; g) redactar a
acta do que aconteza na sesión; h) propor as transaccións que se estimen
oportunas; i) incorporar as emendas aprobadas aos documentos sometidos a
debate.
Artigo 3. As decisións da Mesa tomaranse por maioría.
Capítulo 2. Do Quorum
Artigo 4. A Asemblea deberá comezar,
segundo o horario estabelecido, coas persoas inscritas que estean presentes
nese intre.
Artigo 5. Poderán
participar con dereito a voz e voto todas as persoas que cumprimentasen a súa
inscrición a través das asembleas territoriais ou ben individualmente antes do
11 de xullo ás 24h. O proceso de inscrición faise a través das asembleas
territoriais xa constituídas ou, no caso do territorio galego no que non se
constituísen, mediante un correo electrónico á Coordinadora Nacional de
asembleas até tres días antes da Asemblea.
Capítulo 3. Das Intervencións e das
Cuestións de Orde
Artigo 6. Cada
documento sometido a debate na Asemblea será presentado inicialmente por unha
persoa da Comisión Técnica Redactora, nunha intervención necesariamente breve e
de carácter explicativo. De seguido abrirase unha rolda fechada de
intervencións sobre a globalidade do documento en cuestión, ao final da cal
poderá intervir de novo a persoa que realizou a presentación, co gallo de
facer, se é o caso, as aclaracións oportunas. De seguido, pasarase ao debate
concreto das emendas, totais ou parciais, presentadas ao documento. As cuestións
de orde que poidan xurdir ao longo da Asemblea será presentadas por escrito
ante a Mesa
Artigo 7. As emendas decaerán se non as defenden os emendantes. Na defensa de cada
emenda terá a palabra, primeiramente, a persoa emendante. Seguidamente, a Mesa
abrirá, salvo que estime que non é necesario pola propia índole da emenda, unha
quenda pechada de intervencións, de tempo limitado e proporcional, en que se
poderá defender tanto a emenda como o texto orixinal. Terminada esa quenda,
poderá intervir de novo, se o desexa, a persoa emendante e procederase, a
seguir, á votación, ficando aprobadas as emendas que teñan máis votos a favor
que en contra.
Capítulo 4. Das Emendas
Artigo 8. As
emendas presentaranse nas asembleas que as remitirán á Coordinadora de Asembleas até as 24 horas do día 6 de xullo de
2012. As emendas poderán ser de supresión, de modificación ou
de engádega. As primeiras indicarán o texto a eliminar; as segundas o texto
alternativo proposto; as últimas o texto concreto a incluír. O conxunto das emendas presentadas, debidamente ordenado e valorado pola
Coordinadora de Asembleas do día 7 quen poderá incluír propostas de transacción
e emendas de mellora do texto, será posto, electronicamente, ao dispor das persoas
participantes antes da propia Asemblea, si é tecnicamente posible tamén na
intranet da p. web.
Artigo 9. A orde de
debate das emendas será a derivada da orde do día e do propio documento a
debater.
Artigo 10. No caso de existir varias emendas coincidentes, estas
serán tratadas e votadas de forma conxunta.
Artigo 11. No caso de a Coordinadora de Asembleas realizar unha proposta de transacción
considerarase aceptada se a persoa emendante a asume ou se non a defende, mais
votarase a redacción orixinal se algunha participante con dereito a voto o
solicita.
Artigo 12. Rematado
o proceso de debate das emendas presentadas a un dos documentos asembleares,
procederase á votación dese documento no seu conxunto, coas correspondentes
incorporacións e modificacións producidas no transcurso da Asemblea.
Capítulo 5. Das Votacións
Artigo 13. Todas as
decisións da Asemblea tenderán a tomarse por consenso, mais de non ser posíbel
adoptaranse por maioría simple de votos.
Artigo 14. As
votacións serán a man alzada ensinando a “credencial de voto” que lle será
entregada a cada participante no momento da súa acreditación. A votación será
secreta no caso da elección de responsabilidades.
Artigo 15. Este Regulamento rexe o proceso
constituínte dende a súa distribución ás asembleas territoriais e será sometido
á aprobación como primeiro punto da orde do día da asemblea constituínte
podendo ser emendado polo procedemento que no mesmo se establece. As emendas
non terán efectos retroactivos.
CANDIDATURAS E
NOME
Outros acordos tomados hoxe en Teo están relacionados coa elección
da Coordinadora Nacional e á Comisión Ética e de Garantías, e foron os
seguintes.
En relación co
art.12 dos estatutos consensuamos para lleo trasladar á Asamblea Nacional Constituinte
o seguinte texto:
Artigo 12.- Partindo de que o desexábel nun
proceso constituínte é o consenso e abertos a
contemplar outras fórmulas de elección para o futuro, a elección dos órganos
nacionais: coordinadora nacional e comisión ética e de garantías, elixiránse en
listas abertas onde o votante poderá escoller unha lista completa ou riscar
persoas de distintas listas. A Coordinadora Provisoria a través dunha comisión
constituida ao efecto, fará unha proposta de lista completa do máis amplo
consenso posíbel paralla propoñer á
asemblea constituínte. Porén, calquera outra persoa ou grupo de persoas,
poderán candidatarse libremente co único requisito de estaren inscritas como
asembleistas.
REFERIDO A ESTE
PUNTO É IMPORTANTE O SEGUINTE:
1º.- Tanto a candidatura de consenso como
aquelas persoas que se postulen, teñen que presentarse antes das 14h. do
mércores 11 de xullo no enderezo electrónico
2º.- tal como que
damos, as propostas de nomes para a lista de consenso, cómpre que as mandedes
tamen canto antes a este correo: arauxoquintas@gmail.com
COMPOSICIÓN ELIXIDA NA COORDINADORA PARA ELBAORAR AS DEVANDITAS
CANDIDATURAS DE CONSENSO.
Carlos
Méixome…..Val Miñor.
Concha Trigo…………
Moaña.
Xulio Costas…………..
Ourense.
Manuel Pazo…………
Ferrol.
Antonio Araúxo…….
Val Miñor.
Rafa Balado…………….
Redondela.
Borxa Mejuto……….. Lugo.
Adolfo…………………….. A
Coruña.
NOME DO NOVO
PROXECTO.
Acordamos recoller,
tamen antes do día 11, as propostas de nomes que teñandes a ben enviar. Sendo a
Comisión de Organización quen fará unha
porposta á Asemblea Constituinte de de
mais ou menos cinco nomes. As propostas tedes que mandalas a este correo: arauxoquintas@gmail.com
De novo grazas pola
vosa colaboración.
Sem comentários:
Enviar um comentário