Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 12 de junho de 2013

RESUMO PLENO 11 de xuño 2013



1.Aprobación, se procede, da acta da sesión de 2 de abril de 2013.
Na acta hai dous puntos importantes, o 16. Aprobación inicial, se procede,da Ordeanza Fiscal Reguladora da taxa para a prestación do servizo e realización das actividades deportivas e actividades de ocio e tempo libre, e o 17. Aprobación inicial, se procede, de Ordeanza Fiscal Reguladora da taxa por utilización dasinstalacións deportivas.
Nestes puntos, o noso grupo dixo:
16.- que deberían declararse exencións da taxa aos  pensionistas que teñan máis de 65 anos e perciban unha pensión inferior a 1,5 veces o SalarioMínimo Interprofesional, así como os demandantes de emprego que se encontren na devandita situación durante 2 dos 3 últimos anos. Tamén os usuarios  infantís, maiores de 65 anos pensionistas e persoas con discapacidade superior ao 33%, os membros de familia numerosa e os demandantes de emprego que se encontren na devandita situación durante 2 dos 3 últimos anos. Os pensionistas que teñan máis de 65 anos e perciban unha pensióninferior a 1,5 veces o Salario Mínimo Interprofesional estarán exentos dopagamento. Todos os empadroados de familia numerosa, maiores de 65 anosempadroadas, e persoas  empadroadas queacrediten a minusvalidez, mediante o certificado ou a tarxeta acreditativos dograo desta, emitidos polo órgano competente, e que cumpran os requirimentosestablecidos na convocatoria para a realización da actividade, e mozos  en risco deexclusión social que acrediten a devandita condición de exclusión medianteinforme da Concellaría de Familia, Asuntos Sociais e Muller, ou dunhainstitución análoga oficial no momento da inscrición.


17.- que deben declararse exentas asasociacións sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do concello, e que se permita que as ONG'S ou entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de recoñecida importancia social poidan solicitar aexención. En caso de actividades organizadas por institucións escolares e asociacións sen ánimo de lucro, poderase acordar un réxime especial de tarifas bonificadas, caracterizado polas seguintes particularidades: por razóns deinterese social e cultural, estará exenta do pagamento da taxa: a utilizacióndo polideportivo para a celebración de campionatos escolares, tanto durante a xornada escolar como en época de vacacións. Sempre que o uso do polideportivo sexa para a celebración de actividades promovidas polo Concello por si ou apetición de entidades supramunicipais, a utilización do polideportivo por equipos federados municipais e os minusválidos que o acrediten con certificadoda CCAA de Galiza, os parados, clubes de fútbol e centros públicos de ensino.

Pois ben, como non se recolleu nas ordenanzas antes ditas anunciamos que no período de exposición pública fariamos alegacións ás mesmas para que se contemplen estas exencións.

2.Deuse conta dos decretos da Alcaldía


3.Deuse conta da aprobación da Liquidación do exercicio 2012 por Resolución da Alcaldíade 12 de abril de 2013.


4.Aprobación inicial, se procede, do Orzamento de 2013 do Concello de Chantada. (Xa explicado aquí). Aprobouse cos votos a favor de INTA (5) e do PSOE (2), a abstencióndo PP (3) e cos votos en contra do Grupo Nacionalista (3)


5.Aprobouse por unanimidade o incremento retributivo do Arquitecto do Servicio deUrbanismo.

Ao asumir máis funcións, oficina de rehabilitación, urbanismo, licenzas, etc, apróbaselle unha suba de salario


6.Adopción de acordo, se procede, de remisión a Medio ambiente do Documento deInicio do PXOM para a avaliación ambiental estratéxica. (RETIRADO)

Estaban dispostos a enviar o PXOM, o que xa estaba feito con moitos erros, a medio ambiente para iniciar o procedemento de aprobación, así, a empresa poderia cobrar 8.000 euros por cambiar a data ao proxecto, xa que non se fixo nada de nada e ano e medio. Foi a nosa insistencia a que fixo posíbel a súa retirada incluindo a proposta de que se rescindira o contrato coa empresa redactora. Leva 17 anos traballando e cobrando sen resultados.

Un dos argumentos que esgrimimos foron que non se contemplan as reformas que houbo nas leis, a derradeira é de agosto de 2012 no que desaparecen e se cambian as denominacións dos tipos de solo e nen sequera iso fixeron.
Imaxinámonos as risasde Medio Ambiente ao mandar algo que xa teñen hai tempo sen os cambios pertinentes.


7.Levantouse o reparo efectuado pola Intervención Municipal dos gastos farmacéuticos e recoñecemento extrajudicial.



8.Aprobouse por unanimidade bonificación de ICIO de vivenda. (1)
9. Aprobouse por unanimidade bonificación de ICIO de vivenda. (2)
10. Aprobouse por unanimidade bonificación de ICIO no polígono industrial. (3)
11. Aprobouse por unanimidade bonificación de ICIO de vivenda . (4)


(1), (2), (3), (4) Segundoacordos plenarios anteriores para que as empresas se instalen no polígono e haxa máis posibilidades de rehabilitación no Casco Histórico se aplican exencións no imposto de construción.


12. Ao aprobarse os orzamentos, o equipo de goberno, retirou este punto para facer un expediente de transferencia de crédito 07/2013.



13. Aprobouse por unanimidade iniciar un expediente de investigación dun camiño en Pereira de Arriba.



14. Aprobouse por unanimidade o Regulamento Municipal do Servizo de Axuda no Fogar. Trátase con isto de recoller na ordenanza municipal que regula o servizo os cambios na normativa que aprobou a Xunta.



15.Mocións presentadas.

Grupo Nacionalista:EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A DROGODEPENDENCIAS.Aprobada por unanimidade


Grupo Socialista: EN DEFENSA DO EMPREGO XUVENÍL.Aprobada por unanimidade.



16.Mocións de urxencia

Grupo de Goberno(INTA) para dar un adianto de 10.000 euros á Escola de Música para o pago do profesorado. Aprobada por unanimide


17. Rogose preguntas


Grupo Nacionalista:
 1.- Cando haxa algunha orde de subvencións que afecte á cidadanía, por parte do Concello se habilite a canle necesaria para darlle publicidade, a traves de prensa escrita, Tele 20, Radio Faro, páxina web do Concello e porque non con notas informativas ou bandos…hai un exemplo, a orde da Xunta para eficiencia enerxética tiña un apartado donde os cidadáns e cidadás podían optar, por exemplo, a unha axuda no caso de mercar unha estufa de pelets, parécenos interesante que llo fixeran saber por este medios.

2.- Hai moitos baixos sen arranxar, na Praza Garcia Arias, xa comentado noutros Plenos, o problema agrávase por mor dos aniñamentos de pombas, hai unha ordenanza para regular estes casos, pedímoslle que se aplique

3.- Son coñecedoresdo derradeiro informe de Cáritas (http://quiosco.lavozdegalicia.es/visor.jsp?publicacion=La%20Voz%20de%20Galicia&pagina=M25C7.EPS&fecha=2013/05/25&noticia=0003_201305M25C7992) onde se fala de que repartiron máis de 7.000 euros a familias necesitadas. Sabendo deste informe pedímoslle que se incremente a partida orzamentaria para emerxencia social que neste momento non cubre todas as necesidades (3.000euros)


4.- A fonte que haino campo da feira vello non ten auga.
RESPOSTA: É auga da traida e seguro que alguén fechou a chave mirarémolo.

5.- Que se poña un colector de lixo en Vilardamos.

6.- As lousas da Plazuela e da Costaña estanse a levantar, estase facendo ou vaise a facer algo.
RESPOSTA: Sí.

Orzamentos 2013: entre a incredulidade e o absurdo

INTERVENCIÓN DE ALFONSO PIÑEIRO DÍAZ NO PLENO




Antes de entrar en materia gustaríanos que nos explicase as conclusións do informe de intervención que repoducimos na imaxe:

Quemos facer unhas preguntas previase unha afirmación, sabe vostede que este proxecto de orzamentos ten o informede interveción desfavorábel?, como presenta uns orzamentos cun informe destetipo?, que vai pasar por aprobar un orzamento cun informe desfavorábel?.
Para nós é motivo máis quesuficiente para non darlle o apoio a esrte proxecto.
Houbo respostas vagas, divagacionespor parte do alcalde e da interventora, incluso o alcalde chegou a decir que iso era ¨peccata minuta¨ e as explicacións da interventora só as entendeu ela.

En vista de que as nosas preguntas e a nosa afirmación non van facer que os retire e os refaga, escomenzaremos  esta intervención lembrando unha situación producida no ano 2010, en concreto no mes de xullo, cando se aprobaron osorzamentos para o ano 2011, uns orzamentos cunhas cuantias similares ás que sepretenden aprobar hoxe, daquelas se falaba dun orzamento de algo máis de 5millóns e medio de euros, fronte aos actuais de pouco máis de 5.300.000 euros.Como decimos moi similares. Eso sí, sen informes desfavorábeis.
Daquelas, se sinalaba, vostede, Sr.Alcalde, sinalaba que chegaban medio vencidos, tarde, que tiñan que estaraprobados desde decembro, hoxe, este ano chegan en xuño, un mes de diferenciacon respecto aos do ano 2010.

Dicía, vostede dicía, que era excesivo un gasto de persoal dun 38% do orzamento, hoxe pretende aprobar uns con máis do 41%, e decía, vostede dicía,  que deberían rondar sobre o 30 ou o 35%.  Daquela o gasto corrente do Concello rondabao 27,5% e tamén foi criticado, vostede crtiticouno daquelas e hoxe pretende aprobar  un  gasto que se aproxima ao 38,5%.

Comentaba, vostede comentaba,  que era excesiva unha carga financiera de 96.000 euros o que representaba o 1,7% do orzamento e hoxe quere aprobaloscunha carga duns 232.000 euros, ou sexa, un 4,3%, máis do doble.
E insistimos da desventaxa que supónaprobalos cun informe desfavorábel.

Non lle pareceron realistas a pesarde que os investimentos reais eran de algo máis de 896.000 euros, o 16% do orzamento e hoxe nos presenta uns, cuxo investimento real non chega aos 45.000 euros, o 1,4%. Este dato, ao noso grupo lle parece moi interesante e moi clarificador. Unha das premisas que deben reflectir uns orzamentos é o proxecto político do grupo de goberno, deben mostrar como un grupo que sustenta ao goberno inviste os seus recursos económicos, ou, indo un pouco máis alá, o grao de cumprimento dun programa eleitoral, con este dato, do que nos damos conta é de que pouco proxecto de futuro teñen para Chantada e de que non foi capaz deacadar investimentos doutras administracións.

E non queremos, xa o  fixemos no seu día, facer un relatorio coas inversión reais noutros concellos de similares características.

Ou aquí pasa algo raro, ou neses Concellos se traballa algo máis. Por non facer, nen sequera se levou a cabo a reforma da ordenanza municipal de vados, o que nos permitiría ingresar unhas cantidades diferentes e algo superiores ás orzamentadas, iso sí, eso o dín no informe. 

Tamén nos damos conta de que todas aquelas premisas, todo aquilo que dixo á hora de elaborar o plano de axuste, non se está acumplir, estámolo vendo nos informes adxuntos que se nos presentan, vémolo nos diversos plenos con datos económicos que se levan celebrado e polas notas da propia intervención, onde están os reagrupamentos de contratos ou a viabilidade dos mesmos que se quedou de facer no plano de axuste para tentar abaratar os custes?

Vistas as cantidades orzamentadas para estes conceptos, temos que pensar, que nada de eso se fixo, máis ao contrario, se seguen a inflar os ingresos, vólvese cometer o erro de orzamentar algo máis de 16.000 euros sen ter aprobada a preceptiva ordenanza municipal por utilización privativa do dominio público. Ou como se volve a orzamentar a cantidade de 150.000 euros na partida de Bens Inmobles de Categoria Especialcando a liquidación nos dí que se fixo un exceso de previsión neste tema.

Por seguir comparando, no ano 2011 soportabamos unha débeda pública de máis de 270.000 euros, un 5% do orzamento,hoxe pretenden aprobar unha de algo máis de 655.000 euros, o 13% do orzamento, bastante máis do duplo. Reducen a partida de benestar cáseque nun 50%, e os xuros pasan dos 68.490 euros do ano 2011 aos máis de 220.000 euros actuais. Por outra banda, cando decimos  que o capítulo de ingresos están inflados, decímolo porque hai partidas, en concretoas de actividades culturais e deportivas que se reflicten até catro veces distintas, en Cultura, en Deportes, en turismo e en Festas, dando unha cantidade total orzamentada duns 82.000 euros, ou que haxa unha partida en Cultura de algo máis de 5.000 euros para ¨produtos alimenticios¨.

Incluso hai acordos plenarios, para iso se fan, para iso se nos convoca, para iso se traballa no consenso, que non se cumpren, lense as bases de execución do orzamento, e isto é cansino, porquexa o advertimos no anterior proxecto que nos presentaron, vólvese cometer o mesmo erro; na base 18.- indemnizacións por razón do servizo dos membros e empregados da corporación, fíxanse unas indemnizacións en función do grupo ao que se pertence na administración, pois ben, en acordó plenario de setembro de 2011 determinosuse que serían por asimilación co Grupo II do Anexo I do Real Decreto462/202 de maio e así se debería reflectir nos orzamentos xa que non está así.

Son razón suficientes, para o noso grupo, para non darlles o apoio a este proxecto de orzamentos, incluindo de novo a certeza de que non se deben aprobar cun informe de intervención desfavorábel. Hai máis, pero tamén nos gostaria ir escoitando alguna explicación…


II
Polo que dixemos anteriormente o noso grupo non vai a apoiar estes orzamentos mais hai algo que non queremos pasar por alto, a parte do xa dito informe desfavorábel de intervención.

No informe de estabilidade, no informe de intervención, escomenzan os cálculos da regra do gasto e do seu cumprimento, esa ¨cousa¨ que inventou o goberno do estado para non gastar máis do que se ingresa.

Pois ben, para nós, esa regra está mal feita, porque, collen as obrigas recoñecidas netas do ano 2012, esas que saen na liquidación, e collen tamén as previsións iniciais do orzamento, e segundo temos entendido, e esta dúbida esperamos que nola resolvan hoxe, non se fai así:

Hai que facela coa liquidación do ano 2012, obrigas recoñecidas dos capítulos 1, 2, 3, 4, 6 e 7 pero tamén hai que recoller as obrigas recoñecidas dos anos 2010 e 2011 dos mesmos capítulos, parafacer os cálculos de INEXECUCIÓN. Hai que comparar cos créditos iniciais decada capítulo e calcular o promedio, e decir, esta regra se fai cos anos 2010,2011 e 2012, esto nos da unha porcentaxe de inexecución, pero comparando os datos de tres anos, neste proxecto estase a facer dun só. Esta regra, nosindica se se orzamenta acorde ao que se recada. Si este número, se o resultado é positivo, estaría ben feito, se fose negativo teríase que reducir o presuposto. A cifra que sae, certamente é positiva, mais cos cálculos do ano 2012. Cremos, que haberia que facelo ben porque ¿que pasaría se a cifra que hoxe é positiva logo de facer ben os cálculos se volvese negativa?, ¿que pasaría se se aproban os orzamentos con esta premisa?. Poderiamos ter problemas de legalidade?, quedan hai as preguntas…
Esta é a información que temos nós… 

O noso grupo non vai apoiar, porestas razóns o proxecto de orzamentos para o ano 2013, pero é máis, apoialos pareceríanos unha ousadia.







terça-feira, 11 de junho de 2013

Orde do día do pleno do concello de Chantada de hoxe.

CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO DE DATA 11/06/2013



ORDE DO DIA:


1. Aprobación, se procede, da acta da sesión de 2 de abril de 2013.

2. Dación de conta dos decretos da Alcaldía

2. Dar conta da aprobación da Liquidación do exercicio 2012 por Resolución da Alcaldía de 12 de abril de 2013.

3. Aprobación inicial, se procede, do Orzamento de 2013 do Concello de Chantada.

4. Aprobación, se procede, de incremento retributivo do Arquitecto do Servicio de Urbanismo.

5. Adopción de acordo, se procede, de remisión a Medio ambiente do Documento de Inicio do PXOM para a avaliación ambiental estratéxica.

6. Adopción de acordo, se procede, de levantamento de reparo efectuado pola Intervención Municipal dos gastos farmacéuticos e recoñecemento extrajudicial.

7. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vivenda.

8. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vicenda.

9. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO no polígono industrial.

10. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vivenda.

11. Aprobación inicial, se procede, de expediente de transferencia de crédito 07/2013.

12. Acordo de inicio, se procede, dun expediente de investigación dun camiño en Pereira de Riba.

13. Aprobación inicial, se procede, do Regulamento Municipal do Servizo de Axuda no Fogar.

14. Mocións presentadas.

Grupo Nacionalista: EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A DROGODEPENDENCIAS.

Grupo Socialista: EN DEFENSA DO EMPREGO XUVENÍL.

15. Mocións de urxencia

16. Rogos e preguntas

MOCIÓN EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A DROGODEPENDENCIAS
A finais dos anos oitenta e principios dos noventa, debido ao aumento das persoas afectadas polas drogas e a presión e insistencia das chamadas “nais contra a droga” e de moitas asociacións e colectivos de todas partes do pais fixeron que a Xunta de Galiza tomara cartas no asunto á hora de atender ás miles de persoas mozas que xa estaban a padecer os efectos do consumo de drogas e que provocou en moitas vilas do noso país a desaparición de toda unha xeración.
A implicación das distintas asociacións de loita contra a droga e do persoal técnico en prevención e de centros asistenciais conseguiron concienciar a cidadanía sobre os riscos que conleva o abuso destas sustancias e, así mesmo, crear un clima de rexeitamento do narcotráfico co obxectivo de conseguir atender dun xeito especializado ás persoas afectadas e crear redes e recursos de apoio ás súas familias e a reinserción das persoas ex-toxicómanas.
A Xunta de Galiza fai unha aposta decidida pondo en marcha o Plan de Galicia sobre Drogas que fai que a rede galega pase a ser un modelo non só no estado español senón noutros países.
A rede de atención a persoas drogodependentes na Galiza está composta por 17 Centros Asistenciais, 8 Unidades de de día, 3 Comunidades terapéuticas e 6 Unidades específicas de tratamento de alcoholismo. Máis de 350 profesionais en toda Galiza que no último ano atenderon a máis de 12.000 drogodependentes.
Na comarca de Lemos existe unha Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) sita no Concello de Monforte e que atendeu o ano pasado uns 320 toxicómanos/as dos Concellos da súa área de influenza.
Mais a pesar do traballo realizado polos profesionais deste ámbito con un dos sectores máis débiles da sociedade, estamos a asistir na actualidade a falta de compromiso da Consellería de Sanidade neste eido.
Non se están a desenvolver as ferramentas lexislativas e de coordinación previstas no propio Plan de atención ás Conductas Aditivas e estamos asistindo a sucesivos recortes no financiamento dos Centros Asistenciais e a eliminación do financiamento dos programas de prevención.
Na UAD de Lemos redúcese o importe da subvención autonómica ao redor dun 20 % , e en toda Galiza redúcese un 15,6 % sobre a cantidade percibida no 2012.
Esta situación vai por na corda floxa a toda a estrutura da rede galega de atención ás drogodependencias creando incerteza sobre a continuidade de todos os programas que se están a desenvolver e que non garante, un ano máis, a continuidade das accións no ámbito preventivo.
Por todo o anteriormente exposto proponse ao Pleno do Concello de Chantada os seguintes
ACORDOS
Primeiro: Requerir ao Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade que garanta a continuidade e o financiamento dos recursos da rede galega de atención ás drogodependencias durante todo o período de vixencia do Plan de Galicia de atención aos Trastornos Adictivos (2011-2016).
Segundo: Requerir o Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade que habilite as partidas orzamentarias eliminadas para o financiamento dos Equipos de Prevención das Drogodependencias dependentes dos Concellos e mancomunidades.
Terceiro: Requerir o Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade a integración dos Centros de Asistencia a drogodependencias na rede sanitaria do SERGAS.
Cuarto: Instar ao Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade a que desenvolvan as ferramentas lexislativas e de coordinación establecidas no Plan Galego de Atención aos Transtornos Adictivos, que se cree una mesa de Coordinación integrada polas Consellerías de Sanidade e de Traballo e Benestar Social, as ONGs e Asociacións que interveñan neste ámbito, os sindicatos e partidos políticos para definir e coordinar a política da Xunta nesta materia.

Cuarto: Dar traslado deste acordo ao Presidente da Xunta de Galicia, á Conselleira de Sanidade, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia.


segunda-feira, 3 de junho de 2013

Horarios da I Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista


Como sabedes, este fin de semana celebramos o plenario decisorio da nosa I asemblea nacional no Palacio de congresos e exposicións de Galiza situado en San Lázaro, Santiago de Compostela. Deixámosvos aquí o horario perante algunhas dúbidas que xurdiron entre a militancia da nosa asemblea local de Chantada.


Sábado 8 de xuño

9:30 a.m. en diante acreditacións e composición da mesa do plenario

10 a.m. A militancia debate o regulamento da I AN (emendas, transaccións, votación do regulamento...). Vota, igualmente, o método de elección para a Coordinadora Nacional entre as diversas propostas existentes (o ditame da CN saínte propón que sexan listas abertas).

11 a.m. Debate do informe de xestión da Cordinadora Nacional saínte e da carta financeira.

12:00-14:00 horas debate de emendas en grupos de traballo

16:00-18:00 horas debate de emendas en grupos de traballo

*Até as 17:00 horas corrección de erros nas candidaturas.

Domingo 9 de xuño

10:30 a 13:30 debate en pleno das teses e das emendas que prosperen nos diferentes grupos de traballo do sábado 8.

15:30 a 17:30 horas elección da nova Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista e, de ser o caso, do seu portavoz nacional.

18:30 clausura da I AN de Anova-Irmandade Nacionalista

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2013

RESUMO PLENO DÍA 7 de Febreiro de 2013



2.- Deuse conta dos decretos da Alcaldía

3.- Por parte do Grupo de Goberno, en Xunta de Facenda celebrada o xoves día 31 de xaneiro propúsoxe ao pleno a aprobación de subvencións para o Entroido Ribeirao (600 euros), para a Feira do Viño de 2013 (20.000 euros), para as Festas Patronais do ano 2013 (30.000 euros), para os premios do Entroido de 2013 (2.700 euros), engadíndose unha cantidade que podía variar entre 5.000 e 30.000 euros, dependendo se se facía feíra de gando frisón ou só subasta.  Subvencións que pola nosa banda non tiñamos ningún motivo para non aprobar.

Porén, no Pleno de onte fan unha proposta diferente, en lugar da subvención para as festas, aparece unha  para a Asociación Cultural Casa da Música (30.000 euros), da que non se tiña constancia até o día de hoxe, votamos en contra e apoiaron os nosos argumentos os outros dous grupos da oposición. Se se trata dun erro, había tempo de subsánalo desde o día 31, se foi un intento de meter un gol, moi burdo por outra banda (aínda que dentro do estilo do desgoberno de Manuel Varela), non o podiamos consentir. Polo que se aprobaron as do Entroido, Feira do Viño, Poxa de Gando e premios do Entroido.

4.- Aprobouse por unanimidade a delegación de competencias na Alcaldía, para garantir a práctica administrativa, gastos periódicos e repetitivos efectuados a finais de ano, no mes de decembro, cuxa factura tenga entrada nos primeiros 20 dias do ano seguinte.

5.- Aprobouse por unanimidade a daclaración de dereitos de dubidoso cobro, de imposíbel ou difícil recadación con arreglo ao seguinte esquema.
  • 4 ou máis anos de antigüidade 100 %
  • 2008 75 %
  • 2009 50 %
  • 2010 25 %
  • 2011 5 %
  • 6.- Aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito (facturas que quedaron pendentes) por valor de 99.262,24 euros.

7.- Deuse conta, de xeito verbal, se nos entregará o correspondente informe por parte de intervención, da morosidade do 1º, 2º, 3º e 4º trimestre de 2012, houbo problemas informáticos, e cando o teñamos darémoslle a publicidade que lle corresponde.

8.- Aprobouse por unanimidade a proposta de resolución do expediente de rescisión do contrato das piscinas municipais cubertas, e o envio do expediente ao Consello Consultivo de Galiza.

9.- Aprobouse a resolución dun expediente de investigación da natureza dun camino en Basán Pequeno.

10.- Deuse a coñecer o escrito da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no que resolven autorizar a desafectación, solicitada polo concello, da Escola de Educación Infantíl no Parque Eloisa Rivadulla, pasa a ser de propiedade e de patrimonio municipal.

11.- Mocións:

                GRUPO NACIONALISTA, xa publicadas no seu día.
a) Aprobouse por unanimidade que se realicen as obras de reparación nas ribeiras de Pedrafita (no Val do Raposo) como lle foi demandado ao goberno.
b) Aprobuse cos votos a favor do Grupo Nacionalista (3), do PSOE (1) e de INTA (5), e (3) en contra do PP,  a moción que presentamos en contra da reforma da lei de bases do réxime local que está a estudar o goberno do Estado.

                PSOE: Presentou unha moción esixindolle a Xunta de Galiza que de explicacións dos continuos incumprimentos sobre a implantación das especialidades de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia no Hospital Lucus Augusti de Lugo. Moción que foi aprobada por unanimidade.

12.- Mocións urxentes:

                Aprobouse por unanimidade unha moción en apoio aos afectados pola estafa das preferentes  e subordinadas.
                Aprobouse por unanimidade unha proposta do equipo de goberno sobre a desaparición do GRUMIR no Concello de Chantada, en apoio ao personal e mostrar a nosa indignación polo que representa, un novo recurte aos cidadáns. Apoiamos a concentración que se vai levar a cabo (xa celebrada no momento de facer este resumo) na Praza do Cantón.

ROGOS E PREGUNTAS.

Grupo Nacionalista: Preguntamos polo, xa tristemente famoso, regulamento de participación veciñal, parece, se non hai nada que os torza, que van traballar no tema, até o de agora, nada.

Pedímoslle que se diirixira a Deputación para que se rematara o asfaltado da estrada que vai a San Fiz.

Que informara a Policia Local sobre a perigosidade dun paso de peóns situado na praza de Catro Camiños, en concreto ao que leva desde a isleta até a beirarrúa da avenida de Ourense.

quarta-feira, 5 de dezembro de 2012

INTA e PP cargan con impostos á cidadanía a súa incompetencia manifesta

INTA, co apoio do PP, aproba novas cargas sobre a cidadanía para paliar a súa manifesta incompetencia. Sube a taxa no lixo nun 30%: unha vivenda pasa de pagar 43'27 euros a 56 euros; un comercio de 72'12 a 92'7 euros; e no rural en 2013 chegarán xa dous recibos de 25'60 euros cada seis meses (lembremos que PP e INTA querían cobrar isto con carácter retroactivo até 4 anos o que evitaron os concelleiros nacionalistas). É unha suba impresentábel! Tamén se reformou a ordenanza fiscal reguladora do ICIO e a da Taxa Urbanística. Os funcionarios fican sen pagan extra de Nadal. 


O Grupo Nacionalista lembra que no plano de axuste nunca se falou de subir as taxas no casco urbano, só o cobro do lixo no rural e só apoiou o Grupo Nacionalista se a recollida era selectiva e boa e que non se aplicara retroactivamente 4 anos. INTA "ergue a bandeira fronte aos propios para arreala frente aos estranxeiros", tal e como nos lembraba Curros Enríquez. Despois deste pleno, alguén ten dúbidas de que PP e INTA e son o mesmo?


O PSOE tamén votou en contra destes titánicos "axustes" de INTA e fala de que Manuel Varela faltou á palabra tanto nos supostos servizos que ía ter o rural canto no incremento das taxas no casco urbano:



Aprobouse a moción apresentada polos nacionalistas de axudas a emerxencia social.


INTA xustifica o inxustificábel:

segunda-feira, 26 de novembro de 2012