ORDE DO DIA:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión de 2 de abril de 2013.
2. Dación de conta dos decretos da Alcaldía
2. Dar conta da aprobación da Liquidación do exercicio 2012 por Resolución da Alcaldía de 12 de abril de 2013.
3. Aprobación inicial, se procede, do Orzamento de 2013 do Concello de Chantada.
4. Aprobación, se procede, de incremento retributivo do Arquitecto do Servicio de Urbanismo.
5. Adopción de acordo, se procede, de remisión a Medio ambiente do Documento de Inicio do PXOM para a avaliación ambiental estratéxica.
6. Adopción de acordo, se procede, de levantamento de reparo efectuado pola Intervención Municipal dos gastos farmacéuticos e recoñecemento extrajudicial.
7. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vivenda.
8. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vicenda.
9. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO no polígono industrial.
10. Aprobación, se procede, de bonificación de ICIO de vivenda.
11. Aprobación inicial, se procede, de expediente de transferencia de crédito 07/2013.
12. Acordo de inicio, se procede, dun expediente de investigación dun camiño en Pereira de Riba.
13. Aprobación inicial, se procede, do Regulamento Municipal do Servizo de Axuda no Fogar.
14. Mocións presentadas.
Grupo Nacionalista: EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A DROGODEPENDENCIAS.
Grupo Socialista: EN DEFENSA DO EMPREGO XUVENÍL.
15. Mocións de urxencia
16. Rogos e preguntas
MOCIÓN
EN DEFENSA DOS RECURSOS SOCIO-SANITARIOS PARA A ATENCIÓN A
DROGODEPENDENCIAS
A
finais dos anos oitenta e principios dos noventa, debido ao aumento
das persoas afectadas polas drogas e a presión e insistencia das
chamadas “nais contra a droga” e de moitas asociacións e
colectivos de todas partes do pais fixeron que a Xunta de Galiza
tomara cartas no asunto á hora de atender ás miles de persoas mozas
que xa estaban a padecer os efectos do consumo de drogas e que
provocou en moitas vilas do noso país a desaparición de toda unha
xeración.
A
implicación das distintas asociacións de loita contra a droga e do
persoal técnico en prevención e de centros asistenciais conseguiron
concienciar a cidadanía sobre os riscos que conleva o abuso destas
sustancias e, así mesmo, crear un clima de rexeitamento do
narcotráfico co obxectivo de conseguir atender dun xeito
especializado ás persoas afectadas e crear redes e recursos de apoio
ás súas familias e a reinserción das persoas ex-toxicómanas.
A
Xunta de Galiza fai unha aposta decidida pondo en marcha o Plan de
Galicia sobre Drogas que fai que a rede galega pase a ser un modelo
non só no estado español senón noutros países.
A rede
de atención a persoas drogodependentes na Galiza está composta por
17 Centros Asistenciais, 8 Unidades de de día, 3 Comunidades
terapéuticas e 6 Unidades específicas de tratamento de alcoholismo.
Máis de 350 profesionais en toda Galiza que no último ano atenderon
a máis de 12.000 drogodependentes.
Na
comarca de Lemos existe unha Unidade Asistencial de Drogodependencias
(UAD) sita no Concello de Monforte e que atendeu o ano pasado uns 320
toxicómanos/as dos Concellos da súa área de influenza.
Mais a
pesar do traballo realizado polos profesionais deste ámbito con un
dos sectores máis débiles da sociedade, estamos a asistir na
actualidade a falta de compromiso da Consellería de Sanidade neste
eido.
Non se
están a desenvolver as ferramentas lexislativas e de coordinación
previstas no propio Plan de atención ás Conductas Aditivas e
estamos asistindo a sucesivos recortes no financiamento dos Centros
Asistenciais e a eliminación do financiamento dos programas de
prevención.
Na
UAD de Lemos redúcese o importe da subvención autonómica ao redor
dun 20 % , e
en toda Galiza redúcese un 15,6 % sobre a cantidade percibida no
2012.
Esta
situación vai por na corda floxa a toda a estrutura da rede galega
de atención ás drogodependencias creando incerteza sobre a
continuidade de todos os programas que se están a desenvolver e que
non garante, un ano máis, a continuidade das accións no ámbito
preventivo.
Por
todo o anteriormente exposto proponse ao Pleno do Concello de
Chantada os seguintes
ACORDOS
Primeiro: Requerir ao Goberno da Xunta e a Consellería de
Sanidade que garanta a continuidade e o financiamento dos recursos da
rede galega de atención ás drogodependencias durante todo o período
de vixencia do Plan de Galicia de atención aos Trastornos Adictivos
(2011-2016).
Segundo: Requerir o Goberno da Xunta e a Consellería de
Sanidade que habilite as partidas orzamentarias eliminadas para o
financiamento dos Equipos de Prevención das Drogodependencias
dependentes dos Concellos e mancomunidades.
Terceiro: Requerir o Goberno da Xunta e a Consellería de
Sanidade a integración dos Centros de Asistencia a drogodependencias
na rede sanitaria do SERGAS.
Cuarto:
Instar ao
Goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade a
que desenvolvan as ferramentas lexislativas e de coordinación
establecidas no Plan Galego de Atención aos Transtornos Adictivos,
que se cree una mesa de Coordinación integrada polas Consellerías
de Sanidade e de Traballo e Benestar Social, as ONGs e Asociacións
que interveñan neste ámbito, os sindicatos e partidos políticos
para definir e coordinar a política da Xunta nesta materia.
Cuarto:
Dar traslado deste acordo ao Presidente
da Xunta de Galicia, á Conselleira de Sanidade, así como aos grupos
parlamentarios do Parlamento de Galicia.
Sem comentários:
Enviar um comentário