http://revoltairmandinha-en-galizanova.blogspot.com/
Umha aperta irmandinha e à revolta!
ANTE A ASAMBLEA NACIONAL DE GALIZA NOVA
Nos últimos tempos, especialmente neste periodo interasamblear 2007-2009, Galiza Nova deixou de ser un referente de organización xuvenil transformadora entre a mocidade; xa non é un proxecto ilusionante e revolucionario no que militar dende que se converteu nunha comparsa do BNG no goberno da Xunta de Galiza.@s moz@s do Encontro Irmandiño, entendendo que no proxecto de emancipación nacional e social de Galiza e fundamental que o nacionalismo volva axir entre a mocidade, analizamos as seguintes eivas de Galiza Nova e as cuestións fundamentais que, ao noso xuízo, deben ser debatidas.
1. Divorcio entre a mocidade transformadora do país e Galiza Nova, resultado da subordinación da organización ao BNG no goberno da Xunta e da moderación dos principios ideolóxicos e políticos, o que produciu escasas campañas nacionais, baleiras de contido.
2. Necesidade dunha organización transformadora entre a mocidade galega que interactúe e dé voz aos movementos sociais.
3. O nacionalismo debe recuperar o seu protagonismo na loita estudiantil, nomeadamente contra a mercantilización do ensino que supón o Plan Boloña.
4. Unha organización con verdadeira vocación de emancipación nacional debe poñer acento na formación sobre as consignas; debe facer pedagoxía revolucionaria e fuxir da retórica vacua e as técnicas de marketing, propias do sistema neoliberal que hai que combater con maior énfase.
5. Desastre organizativo en Galiza Nova. Hai comarcas sen apenas actividade organizativa, non hai un sistema regularizado de cobro de cotas, non existe a transmisión dos acordos nacionais ata as Asambleas Locais, a web nacional fica baleira de contidos …; e todo isto no momento no que a organización conta co maior número de liberados da súa historia.
Cómpre cambiar decididamente este modelo verticalista e “profesionalizado” por unha organización horizontal onde a militancia sexa protagonista, non mera maquinaria a mobilizar para os actos electorais do BNG.
Os mozos e mozas do Encontro Irmandiño entendemos esta deriva da organización xuvenil nacionalista no contexto do descrédito da Política por parte da cidadanía, resultado da transformación das forzas políticas en aparatos ao servizo da consecución do poder, estratexia orquestrada polo Capital, que converte así ás cámaras de representantes e ás institucións en instrumentos ao seu servizo, debate que se analizará na Rolda de Rebeldía, proceso que impulsa o Encontro Irmandiño para procurar un referente político social co que provocar un cambio radical no modelo de sociedade e unha outra Galiza posíbel . [Contacta coa Rolda de Rebeldía: aquí].
A nossa intençom é aproveitar a Assembleia Nacional de Galiza Nova do vindouro mês de Outubro para abrir o debate entre a mocidade galega sobre destas questons, para o qual organizaremos vários encontros e pomo-nos ao dispor das achegas de toda a mocidade com espírito transformador deste país, milite ou nom em Galiza Nova – entendemos que os debates planeados excedem a dimensom interna –, através do endereço electrónico
revolta_irmandinha@hotmail.es
1 comentário:
Sobre a financiaçom ilegal do PP:
http://www.publico.es/espana/257560/pp/gallego/pago/dinero/negro/millones/euros
Já vou entendendo de que vai isto da austeridade...
Enviar um comentário