Pesquisar neste blogue

Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza Nova Chantada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Galiza Nova Chantada. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 7 de novembro de 2011

O Sil e a Ribeira Sacra, ameazados por obras colosais para facer unha nova central eléctrica

Nova tirada de aquí.
Cartaz electoral de 1989

O grupo ecoloxista Adega denuncia unha macroobra que vai destrozar o Sil e a Ribeira Sacra para facer unha nova central eléctrica. Nun comunicado, Adega di o seguinte:

"Gas Natural-U. Fenosa vén de iniciar os trámites para a construción doutra central reversíbel na Ribeira Sacra, a de "Edrada-Santo Estevo" de 763 MW, entre os encoros de Santo Estevo (Sil) e Edrada (Mao). O proxecto requerirá de faraónicas obras para furar o canón do Sil cun túnel de 5Km, un pozo de 450m e unha central en caverna co volume dun barrio de vivendas de 10 pisos a 120 m de profundidade no macizo. Se o proxecto vai adiante, unirase aos de Belesar III e Os Peares III, tamén de Fenosa e Santo Estevo II e Santa Cristina, de Iberdrola, todos na bacía Miño-Sil, a máis sobreexplotada de Europa con máis de 100 aproveitamentos hidroeléctricos. É doutra herdanza do franquismo xa que deriva dunha concesión de 1951 por 99 anos para o "aproveitamento hidroeléctrico integral" do río Mao. E ben que o aproveitan con todo "atado y bien atado" por cen anos!
A zona na que están proxectadas as obras -concello de Parada de Sil- sitúase nunha área proposta para formar parte da Rede Natura 2000 (Xunta de Galiza-Ibader, 2008) con nada menos que 18 hábitats protexidos pola Directiva 92/43 CEE, 4 deles prioritarios: 4020* Breixeiras húmidas; 91E0* Bosques aluviais con Alnus e Fraxinus, 3170* Charcas temporais mediterráneas e 6230* Pradarías con Nardus sobre substratos silíceos. Alén disto, na área localízanse tamén 24 especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, incluidas 4 consideradas en perigo de extinción: a aguia real (Aquila chrisaetos) que ten xusto nesta paraxe do canón do Sil un dos núcleos reprodutivos máis occidentais da Península; o milano negro (Milvus milvus); a cerceta (Anas crecca) e a agacha (Gallinago gallinago).
Gas Natural-Unión Fenosa argumenta que o proxecto ten como obxectivo "almacenar excedentes" de enerxía para liberalos cando hai máis demanda. Isto faise bombeando auga dende o Sil ao encoro de Edrada (5Km) onde se acumula para logo turbinala. A realidade, nen sequera ocultada no documento é que preténdese "bombear para absorber o exceso de producción sen reducir a produción eólica ou parar as térmicas". Ou sexa: que en lugar de reducir a oferta "apagando" térmicas (e consecuentemente, emitindo menos CO2) ou desenchufando muíños cando a demanda é baixa (e, obviamente, vender menos), seguen producindo a todo gas e acumulan os excesos. Esta enerxía acumulada en forma de auga no encoro superior, turbinarase logo cando o prezo do Kw estea máis alto. Noutras palabras: especulan coa enerxía no mercado. Dase tamén o paradoxo que a enerxía "suxa" das térmicas ou nucleares reconvírtese, por este procedemento en enerxía limpa e xenerosamente subvencionada con cartos públicos. É unha "lavaxe" de megawatios suxos en limpos con gorentosas plusvalías para as empresas en todo o proceso.
Outras das excusas para xustificar estes "investimentos" é promover tecnoloxías de xeración "limpas" para cubrir a demanda do estado. Como acabamos de ver, a operación de "lavaxe" é todo menos limpa e por outra banda, no estado hai unha capacidade de xeración que supón case o duplo (potencia total instalada) da demanda máxima. E en termos de suficiencia enerxética, cómpre lembrar que Galiza é excedentaria na produción de electricidade, que se exporta fóra, curiosamente através de operadoras que tributan en Madrid ou o País Basco. Outro motivo que G.N.-U. Fenosa expón no seu informe para xustificar o proxecto é "estabilizar e garantir o subministro". Pero non era este un dos obxectivos do Decreto do Carbón? Trátase máis ben de "estabilizar e garantir" os seus indecentes beneficios a costa da desfeita do noso patrimonio natural.
Tanto esta obra como as outras centrais reversíbeis proxectadas ou en construción no Miño e Sil son para ADEGA un inmenso timo e unha estafa argallada polas eléctricas coa cooperación necesaria das administracións, cómplices dun inmenso timo, da malversación descarada de fondos públicos e da desfeita ambiental. O Ministerio de Medio Ambiente, Rural Mariño debe manter a súa decisión de non autorizar novos aproveitamentos nas bacías da súa competencia, como llo reclamou por unanimidade o Senado. Non se trata só de non facer máis encoros, senón de reducir a insoportábel presión hidroeléctrica sobre a Ribeira Sacra, impedindo que estes faraónicos proxectos deterioren para sempre unhas paisaxes, uns hábitats e un patrimonio irrepetíbel. Así o recomenda a Directiva Marco da Auga e fica recollido na Lei de Defensa dos Ríos Galegos. Non tiña a Xunta que dicir tamén algo ao respeito?"

terça-feira, 22 de março de 2011

A esquerda chantadina xa ten o seu candidato

                                            FUTURO
                                                                                    CHANTADA
ESQUERDA
                                                  REPÚBLICA
GALIZA 
                                                         SOCIALISMO
ECOLOXISMO 
                                   DEMOCRACIA PARTICIPATIVA
DESENVOLVEMENTO
                                                                                              AGRO
FRATERNIDADE                                   MULLER


Adiante CHANTADA, Adiante ILDEFONSO PIÑEIRO DÍAZ, Adiante A ESQUERDA

Bloque Nacionalista Galego


Relacionada:
http://chantadanova.blogspot.com/2011/02/en-chantada-direita-xa-os-seus.html

terça-feira, 1 de fevereiro de 2011

En Chantada a direita xa os seus candidatos de sempre

Os candidatos da direita chantadina xa foron apresentaron e, como non podía ser doutro xeito, a mocidade galeguista e arredista da vila segue sen acreditar unanimemente nos vellos caciques de sempre. Non catro, senón moitos máis son os caciques que levan anos e anos corronpendo as institucións públicas, baleirando o erario público e facendo das institucións públicas un coto privado. Rompamos coa baralla dos que conduciron durante décadas a Chantada a unha encrucillada de decadencia e ao secuestro da democracia real e da participación cidada. Moza, mozo, con eles non temos futuro!!!




O noso candidato é o único candidato galego e de esquerdas dos que concorren nas vindeiras municipais:

Ildefonso Piñeiro alcalde!!!

quinta-feira, 2 de setembro de 2010

Asumimos íntegramente as alegacións presentadas polo Sindicato Labrego Galego contra as DOT do PP

O BNG de Chantada asume íntegramente as alegacións presentadas polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas porque nestas Directrices de Ordenación do Territorio o Goberno da Xunta de Galiza propón un cambio radical do modelo de País facendo desaparecer os valores culturais, sociais e económicos en base á modernidade, ao desenvolvemento e á innovación dunha economía ficticia aínda por crear. Impónsenos un novo concepto de equilibrio territorial, do agro, do litoral, da cultura, da paisaxe, do lecer...

Fan desaparecer as parroquias, as comarcas naturais, os pequenos núcleos e, con eles, unha maneira de ser e de vivir. Como consecuencia desaparecerán os servizos que se prestan á poboación dende a proximidade, as comunicacións entre pequenos núcleos,etc. Tamén se dan por desaparecidas as actividades primarias ligadas ao territorio.

Chantada e a súa comarca ao igual que a grande maioría da Galiza interior asenta a súa vida económica na agro-gandería da que dependen a práctica totalidade das outras actividades.

Apostamos por un mundo rural vivo, polo dereito dos labregos e labregas a ocupar un espazo, polo dereito dos labregos e labregas a ter un futuro como tales, polo seu dereito a producir e vivir do seu traballo, polo papel dos mesmos na conservación e defensa da calidade do territorio, da paisaxe e do medio ambiente, polo mantemento dos postos de traballo na agricultura, poñendo freo ao actual proceso de desaparición da explotación agraria familiar.



segunda-feira, 14 de junho de 2010

Na memória dos caídos pola democracia, a dignidade e a liberdade


A. Sarceda, cidadao da II República de Lugo, finou no forte de Santo Cristovo que domina a cidade de Irunha (Pamplona) em Nafarroa e foi soterrado junto a outros 131 presos republicanos. Os restos agora identificados enterrárom-se acarom dumha garrafa em que se incluiam os seus dados por decisom do crego José María Pascual.

A fortaleza de Santa Cristovo construiu-se no século XIX no contexto das guerras carlistas, precedente longínquo da Guerra Civil espanhola (1936 - 1939) e desde 1934, quando governava na II República o governo das direitas que protagonizou o biénio preto, operou como cárcere para os presos procedentes da revoluçom de Asturies. Em 1936 os presos vírom-se beneficiados pola anistia da Frente Popular, mas com a guerra o penal aginha contou nuns meses com 2.000 presos muitos dos quais eram "postos em liberdade" para a continuaçom serem abatidos no monte.

Chegárom a acumular-se 4.900 presos e a partir de 1942 passou a atuar como hospital penitenciário e em 1945 fechou-se, morrendo 1 de cada 5 presos até um total de 750 vítimas. Os calaboços eram subterrános e os presos durmiam sobre a auga e cheios de piolhos. A tubercolose e a desnutrçom aforrorrárom-lhe balas ao régime que no extremo do paroxismo depositou umha praca em Sam Cristovo assinada polo porco-marro que em 1975 morria de tromboflebite:

"Si se visitasen los establecimientos penales de los distintos países y se comparasen sus sistemas y los nuestros, puedo aseguraros sin temor a equivocarme que no se encontraría régimen tan justo, católico y humano como el establecido desde nuesto movimiento".

Agora que fôrom recuperados os restos e se procede a sua identificaçom o arzobispado de Irunha facilitou os dados a um jornal conservador retendo-os durante 60 anos sem avisar às famílias numha outro gesto de "piedade" católica, apostólica e romana.

O forte de Santo Cristovo era até agora conhecido como polo cementerio de las botellas, mas pola tentativa de fugida espetacular que protagonizárom os presos (albaneis, camponeses, marinheiros, etc.). O 22 de Maio de 1938 795 presos organizárom umha fugida e em meia hora tomárom o forte, com o objetivo de chegar até a fronteira, mas infelizmente apesas dous conseguírom o seu alvo. 207 caírom no monte sob as balas repressoras, 14 cabezilhas fôrom fusilados e o resto atrapados até morrerem muitos lentamente pola açom da tuberculose e outras enfermidades. O falangista delator e outros 30 presos que colaborárom vírom reduzidas as suas penas.

Entre os mortos desta fugida topavam-se 14 de A Crunha, 5 de Ourense e em Lugo outros 4. Em 1988 levantou-se, com motivo do 50 aniversário, um monumento no monte Ezkaba aos 207 mortos. Aginha cobriu a maleça e o esquecemento e que, para maior escárnio da sociedade "democratiquíssima" do Reino de Espanha foi atacado polos herdeiros do fascismo até em três ocasions, a última em 2009. Por certo, o Partido Popular (o PPN criou-se em 2008 após a cisom entre a UPyN e o PP em Nafarroa) nom condenou este ataque, talvez umha razom mais para que o célebre grupo local Barricada lhes dedicara umha música: "22 de Maio". O mesmo cam com distinto colar e adato às circunstáncias até que seja necessário regressar à barbárie para manter o poder.



Para todos eles a nossa memória, o nosso reconhecimento e o nosso compromisso de continuar com a luita polas suas arelas libertárias. Para nós o seu exemplo de dignidade, luita e compromisso com a democracia, o povo e a liberdade.




quarta-feira, 12 de maio de 2010

Zapatero manos tijeras

A caixa-boba anuncia o pacote de medidas de Mr. ZP e os seus "socialdemocratas". No fundo da cena vê-se Atenas em chamas, vencida polos troianos cibernéticos da banca. O velho-novo trabalhador olha sem dar crédito ao que ouça:

- Como é possível que paguemos os de sempre a miséria moral que nunca contribuimos para criar?

a) O ordenado dos funcionários desce 5% de meia em 2010 e congela-se em 2011. O IPC seguramente subirá entre um 2 e um 3% polo que o seu poder adquisitivo descerá. O fim da classe meia é questom de tempo.

b) As pensos nom subirám conforme ao IPC (agás as nom contributivas e as mínimas). Aliás, suspende-se o regime de jubilaçom transitória que contemplava a Lei 40/2007, o que deixa aos trabalhadores vítimas de accidentes laborais numha situaçom em bastantes caos totalmente insufrível:

http://noticias.juridicas.com/base_datos/Laboral/l40-2007.html#

c) Fim do irrisório 'baby-check' que para nada contribuiu a um aumento da natalidade (a partir do 1 de Janeiro do vindouro ano).

d) Os medicamentos excluídos do preço de referência (muitos deles para pessoas com doenças extranhas e / ou nerviosoas) verám inçado o seu preço. No entanto, as unidoses e a adequaçom dos envases à duraçom do tratamento si que me parece umha medida acertada, o cortês nom tira o valente.

e) Isto si que para territórios coma Galiza é gravíssimo. Suspende-se o caracter retroactivo das prestaçons de dependência desde a sua tramitaçom, e só se começará a considerar o carácter retroactivo a partir dos seis meses. Ou seja que um nom é dependente porque esteja encamado e com umha pessoa amalhoada a um, um é dependente só se leva seis meses encamado a partir do recheio dum papel oficial do Estado espanhol.

f) E a Marela no milho... Reduzem a Ajuda oficial ao desenvolvimento entre 2010-2011 em 600 milhons de euros. Noutras palavras agora seremos menos "caritativos" porque somos mais pobres. Ogalhá o dia de manhá nos pague o mundo com a mesma moeda. E estes som de esquerdas e socialistas? Que pouca vergonha!

g) Fomenta-se o número de desempregados com a implementaçom da linha dura ultraliberal: a obra pública reduze-se e com ela a criaçom de emprego. Mais de 6.000 milhons menos. E a Elena Salgado esta é economista?

h) Poupança de 1.200 milhons de euros em CC.AA. e cámaras municipais. A recentralizaçom do estado é imparável, quando som Nafarroa e Euskadi as que menos desempregados tenhem ao dispor dum regime fiscal evidentemente descentralizado.

i) O PSOE di que com este "tesouraço" nom toca os piares do welfare state, menos mal toda a classe operária já durme mais tranqüila sabendo isto.

j) Os sindicatos verticais CCOO e UGT seguirám aplaudindo. A CiG irá à greve geral ou tamém bailará no mundo do sindicalismo progre subvencionado? Os parvos parvinhos seguirám votando coma ovelhas aos máximos representantes da burguesia e das medidas económicas ultraliberais, por este orde: UPyD, PP e PSOE.

l) Ao governo nom se passou nem pola cabeça eliminar a subvençom a FAES e demais morralha, nem subir os impostos às rendas do capital.

m) O governo sube o Imposto sobre o Valor Acrescentado (IVA) para reduzir o consumo doméstico e deteriorar ainda mais a economia. Aliás, a menor poder adquisitivo os consumidores optarám polos produtos mais baratos (fabricados afora do estado) e botarám penedos contra o seu próprio telhado. Genial!

n) Finalmente, por umha proposta do BNG no Congresso alimentaçom manterá um IVA superreduzido de 4%, mas nom se tomam nem contemplam medidas especiais para defender o leite, a carne e as legumes, fruitas e demais produtos dos gandeiros de todo o estado. The economy stupid!

nh) E na Galiza? Na Galiza Feijoo sigue-nos tratando coma parvos e o povo come do an... Ver maisçol sem botar-se à rua e mandar a toda a morralha para a casa. Que fai esta "classinha" política galega? Que alternativas ao ultraliberalismo oferece? Aí os tedes aplaudindo umha fussom das caixas que significa a sua bancarizaçom, que significa que nom vam ser a injecçom de capital que os mais necessitados (autónomos, labregos, famílias...) esperavam. Nom servirá ao povo galego, servirá a aristocracia do povo galego.

Ooooooo) O povo galego tem que tomar a Bastilha e sacar a guilhotina dumha puta vez. O paço de Meirás aguarda tamém para ser tomado e o Bourbom ri-se dos que enfermos que botam meses em listage de espera... O capitalismo dá nojo e ponto.



P.D.: se isto é socialismo que venha a anarquia!








terça-feira, 27 de abril de 2010

Sucesso da exposiçom itinerante Mulheres entre o Sil e o Minho em Chantada



Para mais informaçom ou para participares no projecto visita o site oficial da exposiçom clicando aqui.

Por quê é que lhe chamam austeridade ao que se lhe devera chamar recorte?
BNG Chantada

A propaganda oficial apresenta ao Governo Feijóo como eficiente e austero. Nom é nem umha cousa nem a outra e os dados avalam esta consideraçom. Em 2009, Feijóo gestionou o orçamento durante 9 meses e a nova Administraçom galega incrementou os gastos correntes em 421 milhons de euros a respeito de 2008. O grave é que isto se produziu ao tempo que diminuiu o gasto en investimento, ou seja, o gasto que cria riqueza e que pode servir para acelerar a superaçom da crise económica.

Os dados de execuçom do orçamento mostram tamém a ineficiência do (des)Governo Feijóo: em 2009, executou apenas 58,44 por cento do dinheiro destinado a investimentos produtivos. Estamos a falar nem mais nem menos que deixou de investir na economia produtiva 724 milhons de euros. Isto é gravíssimo. En plena crise económica, o Governo foi incapaz de executar o seu propio orçamento. 724 milhons de euros nom fôrom injectados à economia galega pola ineficácia do Governo galego.

Feijóo afirma agora que tem que reduzir o orçamento em curso em 218 milhons de euros porque o Estado lhe ingresou 111 milhons menos do previsto (devido à descida da recadaçom fiscal produzida pola crise).

En primeiro termo, Feijóo tem que explicar por que se o retalhamento dos ingresos do Estado é de 111 milhons de euros el vai a meter um tesouraço às contas públicas de 218. En segundo termo, Feijóo tem que comprometer-se a nom tocar nem o gasto social nem o gasto em investimento produtivo (melhorando sensivelmente o grau de execuçom orçamentar). O tesouraço tem que limitar-se exclussivamente a reduzir o gasto corrente improdutivo.
Em definitiva, a brigada de demoliçom e limpeça Feijóo S.L. tem que eficiente, justo o que nom foi até o de agora e deixar-se de eufemismos dumha auteridade que só afecta aos piares do velfarismo e aos serviços socias. A crise devem-na pagar os seus responsáveis nom a classe trabalhadora.

segunda-feira, 26 de abril de 2010

Son perigosos os alimentos transxénicos? por Elvira Cienfuegos López.

E ¿que tipo de perigos poden agochar? ¿Sanitarios? ¿Ambientais? ¿Sociopolíticos e económicos? ¿Os riscos a eles asociados son asumibles? ou, dito doutra maneira, ¿os posibles beneficios poderían compensar os posibles riscos? O certo é que estamos ás portas dunha nova revolución verde, promesa ou ameaza para o Planeta, en función do papel que nela consiga xogar a sociedade: non hai que esquecer que está promovida polas grandes empresas multinacionais e que, por tanto, a colectividade terá que esforzarse en conseguir para si a capacidade decisoria que lle corresponde.


«A irresistible ascensión da bioloxía molecular» coincide co final da guerra fría e a perda de interese na carreira espacial. E os resultados económicos non se fixeron esperar: entre 1985 e 1988 multiplicáronse por dez as ventas estadounidenses de productos obtidos por procedementos de enxeñería xenética. Tratábase fundamentalmente de substancias de carácter terapéutico: insulina producida por bacterias modificadas xeneticamente, interferóns (axentes antivíricos), vacinas como a da hepatite B, etc. Os avances en xenética molecular relacionada coa medicina proseguiron tamén noutros campos: detección de enfermidades hereditarias, aplicacións forenses (probas de paternidade, probas criminalísticas...), terapia xénica, proxecto xenoma humano... As novas tecnoloxías invaden tamén campos ata agora reservados ás tradicionais: a producción de queixo e outras fermentacións, aparecendo ademais no mercado productos novos como a fructosa (en substitución da sacarosa). Os animais, domésticos ou non, tampouco escaparon á investigación: a ninguén lle pasou desapercibida a clonación da ovella Dolly, pero a experimentación, en distintas fases, afecta a outros moitos, desde a vaca, para a que existe unha hormona recombinante que os Estados Unidos se empeña en comercializar en Europa (onde, polo de agora, está prohibida) ata os peixes e moluscos. E desde que en 1994 saíra á venta o primeiro tomate transxénico, as grandes multinacionais do sector agrícola lanzáronse a unha carreira vertixinosa por inundar o mercado con plantas modificadas xeneticamente.

A nova situación suscita unha revisión ética, filosófica e política e esixe un novo ordenamento xurídico que garanta que os avances científico-técnicos se poñan ó servicio da poboación, contribúan a garantir os seus dereitos individuais e colectivos e repercutan na mellora da súa calidade de vida. A xustificada hostilidade que as biotecnoloxías xeran hoxe na opinión pública prové en boa medida de como, para que e por quen están sendo utilizadas. Así, unha das demandas máis básicas e comúns que non está sendo atendida é que se aplique rigorosamente o principio de precaución, é dicir, que antes de autorizarse unha producción se demostre que a nova substancia ou proceso é inocua para a saúde e o medio ambiente (a curto, medio e longo prazo); por contra, e anque neste momento existe por parte da Unión Europea unha moratoria de facto para a autorización de novas plantas transxénicas segue estando permitida a comercialización da soia transxénica de Monsanto así como o cultivo e a comercialización do millo Bt de Novartis. De todos os xeitos, moitos países europeos adoptaron prohibicións nos seus territorios; non así o Estado Español, principal importador e cultivador europeo de plantas transxénicas e o sexto país do mundo en canto á extensión deste tipo de cultivos.



Os seres vivos teñen a información hereditaria codificada en longas moléculas de ADN. Cada fragmento de ADN que determina unha característica concreta denomínase xene. Plantas transxénicas son as que, ademais da propia información xenética, conteñen xenes doutras especies que lles foron introducidos por enxeñería xenética; son xenes «seleccionados» por aportaren á planta unha característica que antes non tiña: a resistencia a un herbicida ou a un insecto, a supervivencia en determinadas condicións climáticas...

Para «fabricar» unha planta transxénica, por unha parte, hai que seleccionar a variedade que se quere transformar e garantir que poida rexenerarse a partir de fragmentos moi pequenos; por outra parte, hai que illar o xene que se pretende introducir, obténdoo dun virus, bacteria, animal, vexetal... Para introducir o xene na planta (no que aínda é só un pequeno fragmento dela) utilízanse basicamente dous métodos: un deles, o máis antigo, consiste en unilo a un fragmento de ADN dunha bacteria que ten a propiedade de atravesar con certa facilidade as paredes e membranas da célula vexetal e chegar ó seu núcleo; outro baséase na súa introducción directa mediante técnicas como a eletroporación ou o microbombardeo. ¿Como saber se o proceso tivo éxito? Para iso están os xenes marcadores (introducidos xunto co xene obxectivo), que, ata agora, eran con frecuencia xenes de resistencia a antibióticos: bastaba con engadir o antibiótico ó medio de cultivo, e, se a planta resistía, podíase concluír que os novos xenes («transxenes») se integraran nela e expresaban a característica esperada.


Unha cuestión intimamente asociada ós productos transxénicos e de gran transcendencia é a das patentes sobre a vida: a nova normativa fai, entre outras cousas, que os países do Sur, os que conservan maior biodiversidade, estean sendo obxecto dun saqueo continuo que xa ten nome: biopiratería (legal ás veces, ilegal outras). E son precisamente estes países os que poderían resultar máis desfavorecidos coa implantación das novas tecnoloxías, ben porque as súas produccións actuais poderían ser obtidas nos países ricos, ben porque os gastos asociados ás novas plantas transxénicas non poderían ser asumidos (e menos polos pequenos agricultores).

Aínda sen entrar en riscos socioeconómicos, a consideración dos que poden afectar á saúde e ó medio ambiente deixa abondo espacio para a inquedanza. Son moitos os científicos que avogan por unha moratoria á liberación ó medio de organismos xeneticamente modificados (a Asociación Médica Británica fixo esta mesma petición ó goberno); outros, é certo, están a favor dos alimentos transxénicos, e as súas opinións mesmo se oen máis cas dos primeiros (estar co poder económico da certas vantaxes). Claro que científicos houbo que apostaron pola enerxía nuclear ou por unha alimentación animal que desembocou no mal das «vacas tolas». E, a maioría das veces, cando os medios de comunicación falan do «aval científico para os alimentos transxénicos» están recollendo unicamente a opinión dos biotecnólogos, científicos que se ocupan de «fabricar» organismos xeneticamente modificados, non de avaliar os riscos que poden ocasionar.

O certo é que a respecto das consecuencias non desexadas da liberación ó medio de organismos modificados xeneticamente e do consumo de alimentos procedentes deles, a ciencia ten aínda poucas respostas e isto si é un problema: a humanidade e o planeta estanse a converter nun campo de experimentación das multinacionais, interesadas en obter o máximo beneficio a curto prazo e non en responsabilizarse das consecuencias. E estas poden ser extremadamente graves. Robtlab, premio Nobel de Medicina, dicía non hai moito: «Os perigos da enxeñería xenética son equiparables ós da enerxía nuclear». Sen embargo, mentres se están investindo elevadas sumas de diñeiro en novos organismos xeneticamente modificados, invístese moi pouco en avaliación de riscos, e esta desproporción xera xustificadas desconfianzas na poboación. Por outra parte, moitos dos estudios foron realizados polas propias multinacionais sen que houbese corroboración por outros científicos, e, sendo coñecidas as presións exercidas sobre os que obtiveron resultados preocupantes (investigacións sobre os efectos da hormona recombinante bovina, do millo Bt nas bolboretas Monarca, das patacas nos ratos...) non é desasisado sospeitar que se silenciaran, se os houbera, datos desfavorables.

En todo caso, é evidente que, ó día de hoxe, non hai consenso na comunidade científica e que se necesitarían máis investigacións e caso por caso: non houbo tempo suficiente para avaliar en distintos medios, a medio e longo prazo, con produccións a grande escala, os efectos da liberación ó medio e do consumo de organismos transxénicos.



A maior parte das plantas transxénicas son resistentes a herbicidas ou insectos. O interese de plantar variedades resistentes a herbicidas vai necesariamente ligado ó seu uso, mesmo a un uso intensivo: as plantas poden conter restos de herbicidas ou de substancias fabricadas pola planta para resistir a eles, o cal puidera ter repercusións negativas na saúde. Algo semellante se pode dicir das plantas que «fabrican» insecticidas: estarémolos consumindo ó tempo que consumimos a planta. É certo que as cantidades poden ser pequenas, pero iso non exclúe a posibilidade de que causen danos. Cantidades moi pequenas de moléculas novas que as plantas transxénicas poden producir - ben procedentes dos xenes introducidos, ben porque a súa incorporación provoque reaxustes na expresión dos xenes da propia planta - serían suficientes para producir alerxias, posibilidade que parece que non foi suficientemente estudiado mesmo nas variedades autorizadas (e se xa resulta moi difícil identificar os axentes causantes de alerxia, dedúzase o que sucedería coa xeneralización do consumo de productos transxénicos).

Un aspecto moi transcendente é o relacionado coa resistencia a antibióticos. Ata agora, moitos dos xenes marcadores das plantas transxénicas érano para a resistencia a antibióticos, algúns, como a ampicilina, de uso común en veterinaria e medicina. Moitos científicos, e entre eles P. Courvalin, especialista en antibióticos, temen que tal práctica agrave o xa existente problema de resistencia das bacterias patóxenas, dificultándose aínda máis o tratamento de enfermidades infecciosas, máxime cando hai 20 anos que non se introduciu en clínica ningunha nova familia de antibióticos. Ainda que a probabilidade sexa baixa, non se pode descartar que o xene de resistencia, desde o aparello dixestivo ou desde o solo, acabe en bacterias causantes de enfermidades da especie humana ou de animais (o argumento foi considerado de peso na Unión Europea e serviu para non autorizar determinades «variedades» transxénicas).
Outro aspecto a considerar é a posibilidade de que, por exemplo a través da «fabricación» de plantas resistentes a virus, se estea favorecendo a aparición de novas enfermidades ou incremento da virulencia ou agresividade de patóxenos xa coñecidos.
Riscos de impactos sobre o medio ambiente
De entrada, e posto que as plantas transxénicas están orientadas a cultivos masivos, non cabe senón esperar que a actual biodiversidade se vexa diminuída: perderanse moitas variedades seleccionadas ó longo de séculos con determinados valores adaptativos que non se poderán recuperar. Por outra parte, o uso masivo de herbicidas podería tamén facer desaparecer moitas plantas silvestres e, con elas, insectos, aves e outros animais que delas dependesen directa ou indirectamente.
Pero hai máis: das plantas transxénicas existen variedades silvestres ou cultivadas coas que se poden cruzar, de xeito que a descendencia adquiriría os «transxenes». Por exemplo, do millo existen variedades locais coas que o cruce coas transxénicas da resultados fértiles, como se comprobou en Alemaña. Por tanto, unha cuestión básica a considerar antes de autorizar unha planta transxénica en determinado medio natural é que non existan nel variedades coas que se poida cruzar. Garantir o dereito a non consumir plantas transxénicas pasa necesariamente polo anterior, pero hai xa denuncias por contaminación de cultivos tradicionais con xenes de plantas transxénicas.

Non hai que descartar tampouco a posibilidade de que as plantas transxénicas poidan converterse en invasoras, en «malas herbas» de cultivos próximos, e, o que parece máis probable: contribuirán a acelerar as resistencias a herbicidas e pesticidas, dado o seu uso continuo (calcúlase que a resistencia do «taladro» do millo a toxina que emite o millo transxénico Bt é cuestión de poucos anos, e para atrasala, promóvese unha área de millo non resistente ás beiras da plantación, onde o insecto poida atopar refuxio e alimento).

Por outra parte, a acción insecticida dalgunhas plantas podería afectar a insectos beneficiosos, e de feito, recentemente se publicou que o millo Bt provocara a morte de bolboretas Monarca. En resumo, efectos non desexados, encontrados ás veces sen buscalos, apareceron xa: fanse necesarios estudios amplos e rigorosos antes de tomar decisións.



As multinacionais investiron grandes sumas na investigación, obtiveron as patentes e os permisos e lanzaron as plantas transxénicas ó mercado presentándoas como a «solución a fame no mundo». Non se tardou en cuestionar tal afirmación e ó tempo xurdiron as dúbidas sobre a seguridade das plantas transxénicas. Mentres, sucedíanse, sen éxito, reunións dos mandatarios dos diferentes países para chegar a asinar un Protocolo de Bioseguridade vinculante, que os países productores da biotecnoloxía «boicoteaban» sistematicamente. Entrementres, os alimentos transxénicos chegaban ás nosas mesas sen que puidésemos elixir porque carecían de etiqueta que os identificara; soubémonos «cobaias» das multinacionais e non nos gustou.

Os consumidores reclamaron etiquetado obrigatorio1, os agricultores preocupados por unha producción agraria sostible mobilizáronse, os países do terceiro mundo seguiron reclamando o dereito a rexeitalos por razóns de saúde, de ambiente ou de socioeconomía. ¿Quen demanda alimentos transxénicos? A resistencia cada vez máis xeneralizada ó seu consumo levou a dúbida mesmo ós agricultores que optaran por eles seducidos polas promesas da súa publicidade: hoxe non só en Europa, tamén xa en Estados Unidos hai un amplo movemento que cuestiona os transxénicos.

Para as multinacionais, a introducción dos transxénicos representa un paso máis no control da producción e comercialización de productos agroalimenticios: as variedades transxénicas están protexidas por patentes e as sementes hai que mercalas cada vez que se planten. Pero, se unha vez utilizadas se comproba que son nocivas para o medio ou para a saúde ¿quen e como vai poñer remedio á situación? O principio de precaución - recollido, por certo, no Tratado de Maastricht - imponse: mentres que non se demostre probadamente que son seguros, exclusión dos alimentos transxénicos.?

Elvira Cienfuegos López (Lourenzá, 1953) é licenciada em Ciências Biológicas e Farmácia. Catedrática de Ensino Secundário vem exercendo como responsável da comissom de transgénicos de ADEGA (Associaçom para a Defesa Ecológica da Galiza).

domingo, 11 de abril de 2010

Mais um ataque ao meio ambiente chantadino. O perigo dos transgénicos.


Numerosos estudos alertam dos riscos que para a saúde animal e humana tenhem os transgénicos, mas as multinacionais seguem a lucrar-se com o seu cultivo enquanto sentam as bases a um ataque sem precedentes à soberania alimentar dos povos. Fai agora quase três anos que desde este blogue alertavamos dos perigos dos biocombustíveis e achegamos umha visom sobre a soberania alimentar. Agora toca-nos alertar sobre o emprego dos transgénicos que se estám cultivando ao ar livre em Chantada a pesar da oposiçom da cámara municipal, mas as empresas gozam dumha impoluta impunidade fornececida pola inacçom dum Estado espanhol manso perante os embites do grande capital.

Expunhamos daquela volta, quanto aos trangénicos e a soberania alimentar que:


"
A soberania alimentar é o direito dos povos a definir as suas próprias políticas e estratégias sustentáveis de produçom, distribuiçom e consumo de alimentos em base a princípios que garantam o direito à alimentaçom e radiquem sobre todo na pequena e média produçom. Daquela, é indiscutível a defesa da diversidade dos modos de produçom e a defesa das múltiplas culturas com presença no planeta. Porém, para preservar o meio ambiente e valorizar as culturas locais é fundamental priorizar os mercados locais e regionais e, portanto, abordar umha reforma agrária radical baseada nom apenas em pressupostos de produtividade, mas que atinja ao irrenunciável direito humano à alimentaçom; por isso, os recursos genéticos som um bem de todos nós e resulta inaceitável o patentamento de seres vivos.
Torna-se nesta altura histórica completamente necessário agir pra que as vindicaçons e pontos de vista dos campesinhos, especialmente da mulher no rural, sejam tidos em conta, polo que globalizar a loita é globalizar a esperança. Fronte as vindicaçons de associaçons agrárias, progressistas e ecologistas estám as instituiçons que, mais que garantir, regulam a orde mundial imponhendo políticas agrícolas e alimentares responsáveis, directa ou indirectamente, das tragédias sociais e ambientais que a cotío palpamos, com especial incidência no terceiro mundo, quer dizer, já vai além dumha evidência o feito de que o livre mercado é incapaz de garantir a segurança alimentar dos povos, polo que se venhem propondo alternativas democráticas e de inclusom social que combatam o hogano denominado fundamentalismo ultraliberal.
Amais, este mesmo fundamentalismo ultraliberal pretende impor os transgênicos, umha ameaça sem calibrar ao desconhecermos os seus efeitos sobre a saúde das persoas e sobre o meio natural, rejeitáveis polo simples feito de que as grandes multinacionais, ao apropriarem-se dos direitos sobre as sementes, feriram calquer princípio ético e impediram a soberania alimentar dos povos, sometendo-os a um novo tipo de servidume neocolonial ".

Nom podiamos entom ser mais claros perante a ameaça que vinhamos vir tamém para Chantada, perante a impotência dum governo local sem competências para reagir e botar a estes expoliadores do património natural comum de toda a humanidade que agora se converte em patente, patende de corso engadimos tragicomedicamente, dumhas poucas abastadas corporaçons. Este 9 de Abril, Ildefonso Pinheiro Dias, em qualidadede de Tenente de alcaide da cámara municipal de Chantada e desde a delegaçom de Meio Rural, mostrou mais umha vez a oposiçom frontal do governo chantadino perante estas práticas lesivas e condenáveis desde qualquer ordeamento jurídico ético-político que seja social e nom mercantil:



"A vista da contumacia, pesadez e a matraca das multinacionais Pioneer e Monsanto en tentar sementar millo transxénico en Chantada, a pesar de que por unanimidade da Corporación Municipal no pleno celebrado o 29 de maio de 2008, logo dunha moción presentada polo BNG, o Concello de Chantada se declarou como municipio libre de transxénicos, dende a delegación de Medio Rural temos que ser tamén insistentes e reiterar que non queremos transxénicos no noso Concello. Como xa se dixo dende a Corporación Municipal,
1.- Hai evidencias da imposibilidade de evitar a polinización cruzada entre campos transxénicos e non transxénicos, como veñen demostrando multitude de estudios sobre caracterización da dispersión do polen a grandes distancias.
2.- Existen demasiadas incertezas sobre os impactos potenciais para a saúde dos organismos modificados xeneticamente.
3.- Os transxénicos poden ter efectos imprevisíbeis, non avaliados no proceso de aprobación, e de extrema gravidade.

O ano pasado fomos quen, despois das moitas alegacións presentadas tanto polo Concello como polas diferentes organizacións que o fixeron, de conseguir que a Comisión Estatal de Bioseguridade negase o permiso para as plantacións. Daquela a representación do Goberno Galego demostrou que alguén nos estaba a defender. Este ano non sabemos se poderemos dicir o mesmo. A pasividade da actual Xunta de Galiza produce na sociedade desconfianza, inquietude, medo, noxo, angustia e carraxe.
Polo dito, polos riscos sinalados e porque nada positivo aporta, nós tamén imos ser persistentes e dirixirémonos, previo paso polo Pleno do Concello, ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e á Xunta de Galiza para que se volva a denegar a solicitude de autorización de sementar millo modificado xenéticamente no Concello de Chantada".

O Pleno de 30 de Maio de 2008 recolhia nestes termos o acordo plenário para declarar a Chantada concelho livre de transgénicos, em nossa opiniom com excelente critério, primando o interês público e geral da sociedade chantadina sobre o privado e particular das multinacionais sem escrúpulos:

6.5.- BNG. SOBRE OS ORGANISMOS XENÉTICAMENTE MODIFICADOS

“Varias empresas transnacionais teñen solicitado ensaios con millo transxénico ao Ministerio de Medio Ambiente en diferentes municipios galegos, ao abeiro da normativa existente.

Os coñecementos científicos actuais non permiten estabelecer con exactitude as consecuencias das culturas de organismos xeneticamente modificados (OXM); existe unha gran incerteza sobre as súas consecuencias para a saúde humana, sobre as posibilidades de contaminación de variedades non OXM ou sobre a redución da biodiversidade entre outros aspectos. Se en calquera campo da investigación no que se queira avanzar é necesario respectar o principio de precaución, no que ten de ver cos OXM na agricultura dados os riscos existentes o respecto por este principio adquire se cabe maior relevancia.

Ademais as especificidades dos sistemas de produción agrarios en Galiza, con presenza de variedades de millo autóctono do que é importante preservar a súa pureza varietal, deben impulsar a necesidade de que se debe defender a postura de que nunha situación de coexistencia de ambos tipos de cultivo, as normas e leis deben favorecer aos cultivos convencionais, tradicionais e ecolóxicos en detrimento dos OXM, pola maior importancia económica e social dos cultivos tradicionais e ecolóxicos e pola defensa do/a consumidor/a.

A manipulación xenética está indo da man dunha crecente mercantilización dos recursos xenéticos que pon en perigo a autonomía de decidir sobre os nosos sistemas produtivos e a seguranza alimentar, reforzando o oligopolio dos mercados de sementes, agroquímicos e alimentos, e tornando a nosa alimentación cada vez máis dependente dun feixe de grandes empresas transnacionais.

Na Unión Europea son moitas as “rexións” e máis de 4.500 municipios os que se declararon Zonas Libres de Transxénicos, o que non representa ningún freo á mellora científica senón a plasmación do principio de precaución.

Por todo isto sométese á aprobación do Pleno da Corporación Municipal o seguinte ACORDO

  1. Declarar o noso concello Zona Libre de Organismos Xeneticamente Modificados.
  2. O Concello comprométese a velar porque nas dependencias da súa competencia non se empreguen alimentos nin bebidas elaborados con materiais que conteñan Organismos Xeneticamente Modificados e a realizar campañas de información e sensibilización ao respecto.
  3. Solicitar da Xunta de Galiza a posibilidade de estabelecer unha declaración similar para todo o territorio galego.
  4. Así mesmo, solicitar da Xunta de Galiza que demande unha modificación do cadro normativo a nivel estatal e da UE para que as autoridades rexionais podan definir o seu propio territorio como zona libre de OXM -sen que esta decisión sexa considerada como unha infracción ao principio da libre circulación de mercadorias”.






É evidente que mália todas estas precauçons a ameaça siga chantada diante nossa e que seja preciso conscienciar à cidadania dum concelho onde o sector primário é o motor económico.
A própria cidadania deve responder com contudência e manifestar a sua repulsa perante este tipo de práticas, em princípio mediante a assunçom por parte dos colectivos sociais existentes desta batalha e movilizando a sociedade para situar o problema nos média e evitar a entrada dos trangénicos polo pátio-de-luzes.

Em Fevereiro de 2009 Ildefonso Pinheiro em qualidade de representante da cámara municipal chantadina solicitava o seguinte ao Ministério de Meio Ambiente, Meio Rural e Marinho do Reino da Espanha:

"
Recentemente tivemos coñecemento de varias solicitudes para ensaios de liberación de distintas variedades de millo transxénico en Galicia, códigos B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24, solicitudes ás que o noso Concello presentou alegacións.

Respecto a estes ensaios, entendemos que a súa tramitación vulnera de dereito á información dos agricultores e cidadáns en xeral que imos convivir coas parcelas experimentais, por canto non se fai pública a súa localización exacta, impedíndonos adoptar medidas de protección máis alá das establecidas nos protocolos de bioseguridad fixados para estes ensaios.

Por iso, SOLICITO a seguinte información amparándonos na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio, e que incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE:

Coñecer a localización exacta mediante coordenadas xeográficas ou referencia catastral das parcelas onde se solicitaron os ensaios de liberación con códigos (B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24).

Por todo o exposto, teñan por presentado este escrito, servíndose de admitilo e resolvelo conforme ao establecido no artigo 10 da Lei 27/2006, do 18 de xullo".

Em 28 de Janeiro de 2009 a cámara municipal de Chantada apresentava as devanditas alegaçons, assinadas conjuntamente por Manuel L. Varela do PP, Roberto Iglesias do PSOE e Ildefonso Pinheiro do BNG:

"Os grupos políticos integrantes da Corporación Municipal do Concello de Chantada formulan alegacións á decisión do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino de albergar ensaios de organismos modificados xeneticamente no Concello de Chantada.

Segundo esta decisión, o Concello de Chantada, pese a súa declaración como Zona Libre de Organismos Xeneticamente Modificados vai albergar ensaios de organismos modificados xeneticamente, de entre os que cómpre salientar a variedade híbrida de millo transxénico NK603xMON810, para a que novamente se solicita autorización, malia ser centro da polémica dende a publicación dos resultados do estudo Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice (Novembro 2008), (Efectos biolóxicos do millo transxénico NK603xMON810 alimentado a longo prazo nos estudos de reproducción en ratos), que conclúe que os ratos alimentados con ise tipo de millo tiveron menos descendencia na terceira e cuarta xeración, mostrando diferenzas estatísticamente significativas.

O millo mencionado, propiedade da multinacional MONSANTO, é un híbrido de dúas variedades transxénicas: o NK603, resistente a herbicidas con base de glusofato (sendo “Rondup”, propiedade de MONSANTO, unha das marcas máis vendidas*), e o MON 810, resistente ao taladro (insecto que en Galiza apenas está presente), do cal se cultivaron o pasado ano no Estado español máis de 80.000 hectáreas para a súa comercialización.

· Está aprobada para o seu cultivo en países como EE.UU e Arxentina e para uso en alimentación humana e animal na Unión Europea.

· No Estado español, este millo foi ademais cultivado de xeito experimental ao aire libre en máis de 30 concellos os últimos tres anos, co grave risco de contaminar os cultivos de millo destinados á alimentación, cuestión sobor da cal o Estado rexeita establecer ningún tipo de control.

Non é habitual atopar estudos para detectar os efectos da alimentación transxénica a longo prazo, coma neste caso, xa que o patrocinio deste tipo de investigacións non resulta interesante para as multinacionais da alimentación.

Tentar seguir cultivando variedades con demostrados danos á saúde é unha mostra máis da pouca ética destas empresas. Sería unha irresponsabilidade imperdoábel por parte do Goberno do Estado seguir favorecendo os intereses destas multinacionais por enriba da saúde pública, ambiental e agraria do noso país e por suposto do noso Concello, e autorizar estes novos ensaios”.

Ademáis de todo isto, as sementes tranxénicas adoitan distribuírse insertadas nun “paquete tecnolóxico”, a mesma empresa que as produce, véndeche o tipo de pesticida que tes que empregar.

Por todo o dito, a Corporación Municipal de Chantada

EXPÓN:

1.- Que cada vez hai máis evidencias sobre a imposibilidade de evitar a polinización cruzada entre campos transxénicos e non transxénicos, como veñen demostrando multitude de estudios sobre caracterización da dispersión do polen a grandes distancias. Sirvan como exemplo os estudios recollidos no informe da Alta Autoridade Francesa sobre Organismos Modificados Xenéticamente que levóu a activación da cláusula de salvagarda no cultivo do millo transxénico MON810 en Francia. Polo tanto, a imposibilidade real de conter a dispersión do polen, fai extremadamente perigosa a liberación o medio ambiente destes cultivos transxénicos experimentais.

2.- Que existen demasiadas incertidumes sobre os impactos potenciais para a saúde dos organismos modificados xenéticamente. O informe da Alta Autoridade Francesa recolle a necesidade de estudios a longo prazo sobre impactos tóxicos dos transxénicos, e recolle cos test utilizados non son adecuados. Resalta tamén a ausencia de avaliacións dos efectos endócrinos, teratóxenos e transxeneracionais. Outras revisións dos estudios publicados en revistas científicas internacionais sobre este asunto, destacan as escasas ou nulas referencias a estudos sobre riscos sobre a saúde e toxicolóxicos sobre animais e humanos dos organismos modificados xenéticamente. Destaca ca maioría das investigacións corresponden a estudos a curto prazo, principalmente estudos nutricionais, cunha información toxicolóxica moi limitada. Esta revisión conclúe: “¿Ónde está a evidencia científica que mostra cas plantas/comida transxénica son toxicolóxicamente seguras como asumen as compañías biotecnolóxicas implicadas nos alimentos MX?”

3.- Que hai estudos que demostran cos transxénicos poden ter efectos imprevisíbeis, non avaliados no proceso de aprobación, e de extrema gravidade.

4.- Que os expedientes que permiten a experimentación con transxénicos o aire libre son aprobados baixo a premisa de que “Se considera que no estado actual de coñecementos e coas medidas de uso propostas, os ensaios non supoñen un risco significativo para a saúde humana e/o o medio ambiente. Consideramos esta argumentación inaceptable e unha falla de responsabilidade por parte das institucións encargadas de protexer o medio ambiente e a saude de todos e todas.

Pola imposibilidade de controlar a dispersión do polen do millo, xunto coa ausencia de suficientes estudios que demostren a seguridade dos organismos modificados xenéticamente e a aparición de evidencias de potenciais danos a saúde e efectos imprevistos do millo transxénico, e pola declaración previa de Concello Libre de Organismos Xeneticamente Modificados.

Solicitamos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño: Que se denegue a solicitude de autorización de liberación do millo modificado xenéticamente DAS-59122-7 número B/ES/09/21 realizada por PIONEER HI-BRED AGRO SERVICIOS SPAIN S.L. no Concello de Chantada".


Esta declaraçom nasceu da contumáncia de Ildefonso Pinheiro Dias e dos princípios ético-políticos que estám na cerna da acçom política do BNG chantadino. Pedimos-vos nom apenas sensibilizaçom mas tamém acçons de repulsa sobre esta ameaça que nos afecta a nós e tamém as vindouras geraçons.



segunda-feira, 22 de março de 2010

quarta-feira, 17 de março de 2010

O debate do estado da naçom e o “optimismo da vontade” do Partido Popular

Nada tinha que oferecer o PP ao debate para além da mitologia económica da sua austeridade. As intervençons da tarde fôrom difíceis de digerir para o PP que tivérom que recorrer a argumentos falaciosos os desqualificaçons para poder sobrepor-se no debate. No balanço final semelha que Aymerich se erigiu como vencedor, máxime quando com argumentos desmontou a Galiza de fantasia que apresentou Feijoo no Parlamentinho após uma ano perdido.

Nom estaria de mais começar lembrando que esta crise nem é apenas financeira nem muito menos a imos resolver entre todos como os grandes beneficiados da especulaçom pretendem. Os resgates bancários em todo Ocidente chegárom até os 25 bilhons de €, umha cifra tam astronómica da que a classe operária nom pode nem fazer-se umha remota ideia. No Estado espanhol a cifra alcanço a nada desdenhável quantidade de 150.000 milhons de € o que traduzido numha verdadeira socializaçom (e nom essa contumaz socializaçom das perdas de que alguns falam) suporia um dividendo de 1.500€ por pessoa que tivera 20 anos cotizados.

Os dados oferecidos por Aymerich no debate do estado da naçom nom oferecem muito marge de dúvidas enquanto a análise da situaçom. A grandiloquente promessa, e demagógica como todas as da direita, do PP de criar 43.000 novos empregos é um espelhismo. Em Março de 2010 do único que podemos falar é de 30.000 parados mais e umha suba dos ERE’S do 120%. Som já 49.000 as famílias que tenhem a todos os seus membros no paro e isto com 100% das políticas de emprego transferidas. -1.500 empregos em marisqueio e pesca, enquanto 2000 embarcaçons da frota artesanal e de baixura aguardam por umha licença e fica pendente a renovaçom desta flota pesqueira com mais de 30 anos no caso de muitas embarcaçons. -1200 empregos em SEAGA, empresa com a que nom se sabe que fazer quando se aproxima umha Primavera com risco de incêndio e quando a política preventiva foi igual a cero para volver fazer da indústria do lume a principal do país junto à deputaçom de Ourense. O sector forestal terá que aguardar tamém. -1040 exploraçons gadeiras no sector agrário em tam só ano, u-lo plano estratégico para o leite? A resposta segue estando no ar, como no cantar rebelde. Já o enunciava fai uns dias:

«Desde o 1 de Março os aos firmes defensores do ultraliberalismo atendem a res pública. O 25 de Setembro de 2009 a nova Junta anunciou que ia destinar 400 milhons de euros para a banca com o objecto de que esta concedera créditos as empresas (apenas as grandes que oferecem garantias à banca por descontado). A medida foi bem acolhida polos empresários e La Voz. Ao povo dixérom-lhe que isso era bom e mais umha vez acreditou porque seica gera postos de trabalho, que falha fam em vendo um novo ERE cada dia.

(...)

Gerar emprego. Grande mito ultraliberal que é o criador óptimo do paro. O ultraliberalismo ou anarcocapitalismo é umha destruiçom criativa. Cria seis empregos e desfai cem. As 13.000 exploraçons gadeiras que sobrevivem, nunca melhor empregado o verbo, na Galiza traduzem-se em 26.000 postos de trabalho. Para este emprego a nova Junta destina só 20 milhons de euros em ajudas directas, numha inconcevível proporcionalidade. Já se sabe, mao aberta para o que tem e receitas de austeridade para o moribundo. Que cachondos! O leite volveu a descer até 11 céntimos em Setembro e o SLG decidiu regar as leiras com el. Os 20 milhons de Feijoo sabem a pouco tendo em conta que as perdas dos sector nos últimos meses de 2009 superárom os 78 milhons de euros»[1].

Por certo, nom foi o BNG, mas o Manuel Vasques do PSOE o que lhe lembrou ao presidente da Junta o potencial do Banco de Terras que ao PP nom lhe interessa, mas que Euzkadi ou Croácia copiárom de nós. Claro que a eles irá-lhes melhor em nom vivendo na autoanémia. Fala com descaro de um pacto contra o despovoamento, mas foi o PP quem enjeitou o Plano de equilíbrio territorial. Porque nom opta por recolher a iniciativa do Banco de Terras garantindo o seu carácter público e reforçando as suas competências e ritmo de implantaçom junto ajudas directas para a criaçom dum grupo lácteo galego PÚBLICO e complementos para os gandeiro em formas de subvençons pola conservaçom do meio natural e a sua contribuiçom a prevençom de incendios? Claro, ao melhor nom lhes dá votos.

Porque cumpre afundar com urgência no autogoverno algo que faria um bom galeguista, mas nom um “galeguista de salom” coma vocês que atacam a língua da Galiza. Claro que para eles o marco competência fica-lhes inorme e assassinam a autonomia por inaniçom até fazer dela autoanémia. E ainda falam de galeguismo de salom... se Castelao levantara a cabeça e ouvira a Alba de Glória em “hespañol”... Nom lhes vou lembrar aquela cançom de Luís Cília que lhe recomendava o Beiras aos seus, vou-lhe recomendar outra passage do Beiras na sessom de investidura do 31-1-1990, essa sessom de investura que Feijoo vai repetir umha e outra vez durante quatro anos:

«Rosalía chamara “verdadeira xente do traballo do noso país”, e que, dende ela en diante, foron a razón de ser socialment exenuína de cantos nacionalistas houbo neste país até hoxe, incluído o Alfredo Brañas do que vostede tenta apropriarse ideoloxicamente, de xeito tan improprio como inútil. Esa sua xenealoxía vén dende as minorías reaccionaria que reprimiron e perseguiron aos ilustrados e afrancesados galegos despois das guerras napoleónicas baixo o derradeio absolutismo fernandino, pasando polos que convertiron en mártires aos de Carral no 1846, polos depuados cuneiros da primeira restauración borbónica, polos deputados cuneiros da primeira restauración borbónica, polos foristas contra os que loitaban os agrarios e as Irmandades da Fala, as pauliñas e os caciques satirizados ou, millor dito, retratados por Castelao, logo reproducidos como choupíns e pan de cobra na fría humidade da longa invernía franquista, e verquidos en moldes neocaciquís de novo cuño aínda arestora».

A isto poderiamos acrescentar a destruiçom do modelo enérgico planejado pola anterior Junta. Galiza nom chegará representar mais de 2’5% da energia renovável do Estado e já fica por trás de Castela-Leom mercede a sua “involuçom” no modelo eólico. Pola contra, inça sem contrapartida a Galiza de mais minicentrais para rematar de esquilmar os nossos recursos hidrográficos e a nossa fauna. Ao tempo reduce em 8 pontos o orçamento para Investigaçom e Desenvolvimento (I+D) agravando a situaçom económica das universidades. Dinamarca, onte para o agro e hoje para o eólico modelo em que espelhar-se fica a anos-luz porque lá som estado, aqui “cuatro provincias y un virrey”.

Ao tempo que esfarela as energias alternativas e as marges de benefício para o povo galego aposta tamém decididamente polo meio ambiênte. Abrem a Rede Natura a repovoaçom com espécies foráneas, a parques eólicos às toas e a aquicultura em Tourinhám, feito que denunciará na UE a eurodeputada do BNG Ana Miranda. Aliás, aposta por pôr fim à proibiçom de contruir na costa e a Lei de Ordenaçom do Territórioni está ni se le espera” e quando finalmente chegue pouco haverá que ordenar já, eis a sua Lei do Solo e eis os seus desfalcos meio ambientais e a sua titánica aposta polos gandeiros galegos. Passará à história por ser o governo sem concelharia de Meio Ambiente, ao menos neste eido agradece-se tam manifesta declaraçom de intençons. Nem lhe importa o Plano de impacto ambiental, nem o Plano do sector Hidroeléctrico nem o Plano contra o cámbio climático.

No entanto, parece nom importar-lhes que 500 concelhos contem com menos de 5.000 habitantes e até 100 com menos de 1.000 habitantes. Sem umha reforma da administraçom local, pola que este governo que vive do clientelismo nom vai pular, como é que esses concelhos poderám evitar o despovoamento e já nem isso, apenas oferecer os serviços básicos aos seus cidadaos? 1.700 lugares na Galiza já contam tam só com um vizinho, olhermos para outro lado.

Porém, ainda vai mais alá. O PP conseguiu o que se cria que era imposível. Em pleno ano Jacobeu, entregue a gestom contra natura a empresas madrilenas, a afluência turística desce na Galiza em favor doutras CC.AA do Estado espanhol. As pernoctaçons descérom em Janeiro de 2010 (-6%) a respeito de 2009 e isso que é ano Jacobeu. Isso que o PP aposta pola vivenda, eis o fim do programa “Vivenda em aluguer”.

Defendem as caixas galegas em Compostela e atentam contra a sua galeguidade em Madrid esquecendo-se de levar adiante o recurso contra o FROB e relegando da orde de prioridades o estatuto porque assi o marcou com a sua vatuta o Rajoy. Todo más claro, como naquel romance castelhano. Todo mais claro para as galegas e os galegos. A sua relaçom com o Estado espanhol já pode dar-lhe umha boa carreira em Madrid, a contrário só se poderia achacar a incopetência do nosso presidente Habichuelas. Nem financiamento autonómico, a lei de caixas nom lhe serve para nada mas do que para a galeria, como senom se explica a sua negativa a apresentar um recurso contra o FROB? As novas competências “ni están ni se les espera”.

Porque os três grupos da cámara nom apoiam a criaçom dumhas caixas que sejam tal, cento por cento públicas para pôr em marcha um banco de crédito PÚBLICO para dar-lhe liquided a gandeiros e autónomos? Nom é melhor assi, botar-lhes o adibal ao pescoço.

A cifra de parados actual eleva-se até os 234.000, nunca tantos houvera na história na autonomia, nem sequera quando sobordava 30% da populaçom assalariada e quando Fraga nos dizia que o sector ganeiro estava “sobredimensionado”. U-los quarenta dias para rematar com a “crisi”? Muito a contrário o que observamos foi que os empregos em licitaçom pública descérom em 16.000 e que equanto as cámaras municipais investem 643 milhons de € e o governo central 1.500 milhons a Junta da pseudo-austeridade fica numha cifra comparativamente irrisória: 537 milhons de €. Serám recordados pola sua “austeridade de salom”, pola mediocridade dos seus concelheiros disfarçados com globos em “Desván de los monjes y Toro” e nega-se a comprovar quais som as conseqüências do ultraliberalismo para a Galiza. Tamém o PSOE o fai quando acredita no plus de resistência de 6 pontos para Galiza, hoje perdido. Nom hai tal plus, o que somos é periferia próxima e as crises manifestam-se em toda a sua dimensom com retardo, mas chegam para ficar per secula seculorum graças aos despropósitos da política económica do proximamente partido impopular

A política impestiva da direita ultraliberal nom é melhor no eido da Sanidade, nem nos serviços socias, nem no da educaçom e o panorama para a língua e a cultura é preto. Aqui nom hai governo como o expressou Beiras, aqui existe apenas umha brigada de demoliçom e limpeça étnica. Claro que em La Voz de Galicia seguirám dizendo que Feijoo ganhou o debate, ninguém morde a mao que lhe dá de comer, é-che bem certo.

Qual é a situaçom da sanidade que Feijoo na sua campanha ia revolucionar? Revolucionou si, mas nom rebaixando a listage de espera, mas assentando os piares da privatizaçom e a ruína da sanidade pública inçando os custos reais dos novos hospitais até quatro vezes e com piores serviços. Todo para rematá-los antes. Já tem presas de inaugurar qualquer alpendre como fazia o senhor Fraga. Inauguraçons e fotos, como para estar fachendoso com a privatizaçom do hospital de Bos Aires, 37 milhons de € para umha empresa amiga.

100 especialistas a menos, eis umha das conseqüências das acçons estelares de Pilar Farjas. Para fazer umha mamografia hai que aguardar 14 dias mais, para umha ecografia 36 e 56 para umha endoscópia digestiva. Por sua vez, os hospitais de Vigo e Ponte Vedra entregam-se a empresa privada e o panorama nom é melhor noutros como o de Monforte onde os despidementos e a desmantelaçom da sanidade pública se encobrem com o eufemismo de “externalizaçom de serviços” a vez que o orçamento para sanidade se reduze em 38 milhons de €, a primeira que desce na história da autoanémia galega. Austeridade para o povo e maos-dadas para os ricaços.

Na leira educativa a gratuidade dos livros de texto passou à história enquanto se inçam as ajudas à concertada e aos centros que segregam por sexo. Fôrom 54.000 alunos os que tivérom que pagar os livros de texto e o modelo universal volta os olhos para um modelo de beneficiência que era o que campava por estes lares hai quarenta anos. Jesús Vasques luciu-se.

Para os centros públicos 25 milhons de € menos. Na educaçom superior, a reconversom industrial aplicada ao ensino denominada Plano Bolonha está-se implantando nas piores condiçons possíveis e as três universidades do país contarám com um 2’5% menos de orçamento. U-lo plano de financiamento para as universidades 2009-2015? “Ni está ni se le espera”. As Galescolas substituírom-se polo título dumha obra de Carlos Casares porque o que é o número de vagas para crianças desceu e Feijoo prometera inçá-lo. O programa de canguros do governo anterior tamém é já auga-de-bacalhau.

E que dizer da política social? 35 centros-de-dia ficam fechados enquanto se chantageia às cámaras municiapis para privatizar os serviços e o mesmo conto para as residências de Vimianço, Monforte de Lemos e Ourense. O que si se apurárom é a declarar o fraude de lei no contrado das 61 trabalhadoras que despedírom do Consórcio Galego de Igualdade e Bem-estar. Os dependentes tenhem muitos deles a prestaçom reconhecida, mas nom som atentidos e só hai 8.000 coidadores dados de alta na Seguridade Social, cobrando os dependentes tarde a sua prestaçom quando no governo anteriro cobravam antes do dia 10. Dos 53.478 dependentes da Galiza som 22.000 as que nom recebem a pestaçom a que tenhem direito. O programa “Jantar na casa” cai agora em grande parte sobre as cámaras municipais como acontece em Chantada, ainda bom que Susana Lopes Abelha é umha flamante e vaidosa secretária de família e bem-estar.

As mulheres deste país seguro que agredeciam mais o fortalecimento da Lei integral contra a violência de género do que o show dos conselheiros com o escárnio e maldizer dos globos o 8 de Março. As vítimas do terrorismo machista levam mais dum ano sem cobrar o salário de liberdade e 50 ficárom sem atender polo despedimento de trabalhadoras em Bem-estar. Fraude de lei, senhor Feijoo, fraude de lei. O PP prefire abaratar-lhe o custo da segunda vivenda aos que podem permitir-se chegar a tal cousa e em prejuízo das rendas mais baixas, mentres aprovam um novo imposto indirecto sobre a auga.

O clientelismo volve com força para acabar de rematar esta terrível diagnose da situaçom da Galiza um ano após a vitória do PP. Eis as moçons de censura de Louzám em Ponte Vedra, eis a teocracia de Baltar II em Ourense e as suas “fichages”. Nada novo sob o sol. Por enquanto falam de austeridade o gasto corrente sobe 2 pontos e os gastos correntes improdutivos assi como o gasto de pessoal subem tamém. O endividamento das contas públicas situa-se em 1.197 milhons de €, mas a sua prioridade é atirar o galego das oposiçons e fazer da TVG o seu coto privado onde só lhe falta ao PP dar o parte metereológico, como lhe lembrava o porta-voz do PSOE.

A língua proletária do meu povo na sua boca sempre vam acompanhadas de valores negativos e, por vezes, até racistas. Porque para o PP o galego empobrece, ainda que logo emporca-lhe as palavras de Castelao e digam que sentem “amor por Galicia”. A Galiza do “ano 10” Equivocam-se. Os que empobrecem o galego som os que enfermos de esquizoglossia paranoide rebaixam o orçamento de Normalizaçom Lingüística num 20% e um 15% para traduçons, “salvo para Castelao e Desván de los Monjes” como lhe lembrava ao PP Aymerich. A RAG paga caro a sua ousadia e tem que volver a ser mansa para recuperar o 30% que perdeu. O mesmo podemos aplicar-lhe às equipas de normalizaçom dos centros. Está claro todos os cartos de normalizaçom para esses jornais “galleguistas de centro moderado” como La Voz de la inmundicia e os empresários “tan gallegos como el gallego” do foro de Vigo.

Podemos condensar todo isto em poucas palavras bem é certo. Chegárom Feijoo e o PP ao governo galego o 1 de Março de 2009?. A resposta já foi antecipada: ni están, ni se les espera. E si senhor Ruiz Rivas, se o pobre de Marx levantara a cabeça...

Santa Cruz de Viana, 17 de Março de 2010.


[1] http://revoltairmandinha.blogspot.com/2010/03/as-mentiras-do-ultraliberalismo-good.html