Se a cidadanía nos da a confianza o día 22 seguiremos na mesma dirección e os nosos compromisos son:
- Na administración axilidade, igualdade, equidade e trato amábel completando a implantación da administración electrónica.
- Participación veciñal na vida do concello, instauración de orzamentos participativos.
- Imposición dunha taxa ecolóxica aos que usan os nosos recursos naturais como o Salto de Belesar e os parques eólicos.
- Desenvolvemento do polígono para a creación de emprego e non para fins especulativos.
- Continuar e reforzar o estímulo á creación de postos de traballo con beneficios fiscais. A creación de postos de traballo terase en conta na adxudicación de obras.
- Plan de servizos de auga e rede de sumidoiros a todas as aldeas de máis de dez habitantes.
- Novo acceso o barrio da Ponte dende o mercado gandeiro.
- Construción dun centro de día con máis capacidade.
- Estímulo ao adecentamento de edificios.
- Ofertar actividades deportivas e lúdicas nas parroquias.
- Apertura dun colexio durante o verán para os nenos e nenas para actividades de lecer e tempo libre.
- Rematar a casa da alameda para o seu uso como biblioteca, oficina de turismo, oficinas municipais.
- Elaboración dun mapa turístico dixital que permita identificar na rede a riqueza patrimonial, etnográfica, histórica monumental, paisaxística, etc., así como identificar os estabelecementos hostaleiros, lugares de interese, roteiros.
- Promocionar a sensibilización e a educación ambiental
- Continuar coas audas para as mozas e mozos que estuden fóra da nosa vila.
- Garatizar a cobertura universal de internet.
- Continuar co impulso á rehabilitación e seguir coa recuperación e posta en valor do patrimonio histórico artístico e natural.
- Apoio incondicional á Feira do Viño, Festa da Sidra, Castañazo Rock, Feira do Gando Frisón, Cultura Fluvial, Folión de Carros, Banda de Música, Casa da música, e a todo tipo de actividade deportiva.
O alto custe do sostemento dos servizos obríganos a continuar con medidas de aforro enerxético, mantenemento, etc
Sem comentários:
Enviar um comentário