Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 31 de outubro de 2011

O BNG DE LUGO-SUL RECLAMA GARANTIR OS SERVIZOS SOCIAIS DENDE OS CONCELLOS.



As políticas doutras administracións, máis antisociais canto máis forte é a crise económica, esixe a oposición firme dos concellos e o compromiso na atención aos sectores da cidadanía máis vulnerábeis.

O Consello Comarcal do BNG de Lugo-Sul que integra as comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada, reunido cos alcaldes e concelleiros do BNG do seu ámbito acordou por unanimidade:

1. Expresar publicamente a preocupación pola grave situación financeira dos concellos diante dos recortes económicos que están a efectuar as outras administración e que repercuten moi negativamente nas facendas municipais postas en moitos casos ao borde da creba.

2. En consecuencia o BNG comprométese, sexa desde o goberno ou desde a oposición, coa viabilización da suficiencia económica dos concellos para o mantemento dos servizos esenciais á cidadanía, especialmente os servizos sociais.

3. O compromiso do BNG para enfrontar as dificultades derivadas da crise que non causaron nin os cidadáns nin os concellos pero que ambos sofren con especial dureza, abrangue dende o apoio e impulso as iniciativas para forzar a remuda das políticas antipopulares dos gobernos central e autonómico até a reforma da fiscalidade local e no entanto, á actualización razoábel paliando no posíbel a regresividade da maioría dos impostos e taxas que a compoñen e que polo xeral non cobran máis a quen máis ten.

Sem comentários: