Pesquisar neste blogue

terça-feira, 7 de fevereiro de 2012

RESUMO. Pleno 6 de febrero de 2012

1.- Aprobáronse as actas dos plenos anteriores, 15/12/2011 e 19/01/2012

2. Deuse conta dos decretos da Alcaldía, do nomeamento da nova interventora municipal e da sentenza do TSXG ao respecto dun establo en Mouricios.

3.- Foi retirado o pu
nto referido á cobertura dunha praza de aparellador municipal por via de urxencia por medio dunha interinidade a tempo parcial.

MOCIÓNS:

BNG:
a.- Para a elaboración dun plan de medidas sobre emprego e formación no Concello.
b.- Sobre Participación Veciñal.

Hai un compromiso por parte da Alcaldía da creación dunha comisión formado por todos os grupos da Corparación, incluíndo para a primeira a cámara de comercio e ao Consello económico e Social, para falar deses asuntos e tratar de chegar a un consenso para elaborar ese plan e falar do proxecto dun Regulamento de Participación Veciñal.

PP:
a.- Sobre o mantemento do paseo fluvial. Aprobada por Unanimidade.
b.- Sobre as obras concargo ao PEIM de Medio Rural. Aprobada por Unanimidade.
c.- Sobre a recollida selectiva de lixo
: Foi retirada polo PP porque a Alcaldía propuxo unha reunión o máis rápidamente posible para tratar o tema entre os portavoces municipais e aportar ideas para facer unhas bases para unha nova adxudicación. A empresa concesionaria actual remata contrato en tres meses.
Sobre a sinalización no corredor galego (estrada de Lalín) por mor do cruce de animais salvaxes: Aprobouse por unanimidade instando a Xunta ás reparacións convenientes.
d.- Sobre a solucitude á deputación para que Chantada sexa sede da empresa de turismo que se está a crear. Aprobada por unanimidade
e.- Sobre que unha rúa de Chantada leve o nome de Manuel Fraga: Foi aprobada cos votos do PP (3) e os de INTA (5). O BNG votou en contra xa que adicarlla non forma parte de ningunha disposición legal, de ningunha norma de cortesía ou de respeito institucional. É unha decisión política porque se honra así ao líder dun partido político que ademáis foi Presidente de Galiza durante 16 anos. Se algo fixo ben, que en tanto tempo supoñemos que sí, foi a súa obriga; todos nós, nos nosos traballos temos a obriga de facelos ben sen buscar nengún tipo de recoñecemento. A traxectoria política de Fraga ten luces e sombras, antes do ano 1978 máis sombras que luces. Ao sair do Pleno, e mentres se debatia, lembrámonos de Julian Grimau, de Enrique Ruano, de Castelao (prohibiu o Sempre en Galiza), de Salvador Puig Antich, dos traballadores mortos en Gasteiz despois da carga policial por defender os seus dereitos e das gabias (¨cunetas¨)...

MOCIÓNS URXENTES:
a.- Facultouse ao Alcalde para iniciar conversas cos Alcaldes das vilas por onde pasa a Autovia Lugo-Ourense para acadar un consenso para entre todos reclamar ao Estado (Ministerio de Fomento) a conclusión das obras de dita autovía.

b.- Decidiuse por unanimidade ceder as dietas do Pleno á familia que lle ardeu a casa en Garabelos así como abrir con elas unha conta para que cada quen achegue o que poda.

Fixemos unha proposta, sen votación, sobre a posibilidade de que Chantada se dera de baixa no Consorcio Turístico da Ribeira Sacra. Tratábase de pulsar de primeira man esta posibilidade. Falarémolo no futuro.

ROGOS E PREGUNTAS:

BNG:
Na depuación de Lugo existe un escrito de novembro de 2011 asinado polo Alcalde renunciando aos 6.000 euros de subvención para a feira ecolóxica (ECOSUS), coñece ese escrito?

RESPOSTA DO ALCALDE: Sí
No Pleno anterior presentamos unha moción co fín de aumentar os ingresos para o aproveitamento dos espazos públicos (empresas de telefonía, bancos e empresas de enerxía). Xa se fixo algo a este respeito?

RESPOSTA DO ALCALDE: Non.


Vaise levar a cabo alguna reforma na ordenanza do Punto Limpo, hai empresas que teñen problemas coa retirada dalgúns enseres (colchóns, mobles, etc)?,

RESPOSTA: Hai que traballar nese tema, estamos a facelo.



ROGOS:
Que se limpe a fosa séptica de Viana.
Que se arranxen os enlaces da páxina web do Concello, en concreto os relativos ás consultas de actas de plenos, é imposíbel acceder.

Sem comentários: