Pesquisar neste blogue
terça-feira, 7 de fevereiro de 2012
Rúa Fraga en Chantada
Os votos do PP (3) e os de INTA (5) [Independentes Terra do Asma], fronte a BNG (2) (Olga non puido asistir por motivos familiares graves) e PSOE (2) fixeron posíbel que Fraga Iribarne teña unha rúa de nova creación co seu nome en Chantada.
Hoxe ao sair do Pleno, e mentres se debatia, lembrámonos de Julian Grimau, de Enrique Ruano, de Castelao (prohibiu o "Sempre en Galiza"), de Salvador Puig Antich, dos traballadores mortos en Vitoria despois da carga policial por defender os seus dereitos e das ¨cunetas¨...
Lembrámonos da vergoñenta Transición e de como, a diferenza de Alemaña, Italia, Arxentina ou calquera estado que sobrepasar unha ditadura aquí hai rúas, estatuas e monumentos dos homólogos de Mussolini, Hitler, Goebbels, Videla, Pinochet, Sandino, Duvalier, Marcos... Volvemos aos tempos en que os "vencedores" nomeaban todas as rúas con Primo de Rivera, Franco, ex-combatientes... Ignonimia é o nome que merece a democracia de baixísima intensidade existente no estado español que fai até clamar ao ceo ao xornal The New York Times perante o xulgamento de Garzón.
Se aínda fica algo de dignidade na vila de Chantada é hora de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas para deter esta mostruosidade ou cando menos para que os que ergueron hoxe a man saiban que aínda temos DIGNIDADE, MEMORIA e vontade de exercer como cidadáns e non como ovellas mansas camiño do matadoiro.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário