1.- Aprobouse a acta do pleno anterior.
2.- Déronse conta dos decretos da Alcaldía
3.- Aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 8.835,35 euros de 3 facturas (2 de Aquagest e 1 de Laboratorios ABO)
4.- Dedicación exclusiva do cargo de Alcalde.
O Grupo Nacionalista e o Grupo Socialista mantivemos o voto en contra desta dedicación, 1.800 euros netos ao mes (a proposta inicial era de 2.000 euros). Os motivos son os mesmos que dixemos na Comisión de Facenda, se está a pedir austeridade a todos, como se foramos os culpábeis da crise, familias en paro, con ingresos moi cativos, recurtes nos servizos e recurtes nos soldos, nas pensións. Traballadores, xubilados, dependentes, pequenos comerciantes ou autónomos pagando as desfeitas dos poderosos.
O asunto quedou sobre a mesa para outro pleno, como se iso o fose arranxar, porque así o pediu o Partido Popular coa aceitación do grupo INTA, para estudar mellor o asunto.
5.- Deuse conta do informe de morosidade do Concello.
6.- MOCIÓNS:
Partido Popular:
1.- Para que o Alcalde dera conta ao pleno sobre o contrato de explotación das piscinas: Foi retirada polo PP xa que deron por válidas as explicacións do Tenente-Alcalde Sr. Novoa ao respeito. Citouse a empresa para tratar sobre o tema e engadiu que todos os gobernos reclamaron o canon para que non prescribira.
2.- Pedindo un área de aparcamento para vehículos pesados: Quedou sobre a mesa, xa que todos estamos de acordo no tema pero hai que buscar solucións para que ao Concello non lle coste nin un só euro.
3.- Sobre o estado de contas do Concello: Quedou sobre a mesa, xa que os servizos económicos están a traballar no novo decreto do goberno do estado sobre pago de facturas, o traballo está adiantado pero leva pouco tempo no Concello, ademáis vai a ter lugar, previsibelmente na semana que ven un Pleno Extraordinario sobre este tema.
4.- Sobre aforro enerxético no Concello. Aprobouse por unanimidade. Neste punto, demos conta de todo o que se fixo neste tema no goberno anterior, en lucerio, cos cambios se chegou a aforrar uns 30.000 euros ao ano na factura eléctrica sen contar o que vai supor a instalación da caldeira de biomasa na piscina climatizada e as placas solares no pavillón. Tamén lle fixemos unha emenda para intentar incrementar os ingresos, coa instalación e posterior venda da enerxia producida por paneis fotovoltaicos naqueles lugares que o Concello estime oportuno, hai concellos que poden incrementar os ingresos en cantidades que oscilan entre os 20.000 e 30.000 euros/ano.
Grupo Nacionalista:
1.- Pedindo o rexeitamento á reforma laboral. Esta reforma laboral profundamente antiobreira é a máis agresiva que se fixo no Estado Español no seu periodo democrático. Nós estamos certos de que o problema está no modelo económico e nas políticas que se están ou que se queren facer. Unha vez máis … para seguir mallando nos de sempre…
Buscamos o pronunciamento do Pleno nun tema de vital importancia porque esta reforma laboral debilita a posición dos traballadores ao tempo que reforza os poderes da dirección das empresas outorgándolles capacidade para interpretar e desenvolver de xeito unilateral as condicións de traballo pactadas tanto a nivel individual (contrato de traballo) como as derivadas dos acordos sustentados nas negociacións colectivas.
Queremos facer nosas as explicacións que deu CARLOS HUGO PREZADO DOMÉNECH, maxistrado do social do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya, e que resume a reforma laboral do seguinte xeito:
As E.T.T. poden actuar como axencias de colocación.
Pódese permanecer até os 30 anos nun contrato de formación e aprendizaxe.
Dótase as empresas de poder sobre a acreditación dos traballadores.
Elévanse as bonificacións dos contratos precarios, reducindo os ingresos á Seguridade Social, co que eso conleva.
Créase un contrato por tempo indefinido de apoio aos emprendedores, cun periodo de proba dun ano, o cal siñifica o despedimento libre e gratis durante o primeiro ano de relación laboral.
Introdúcese a posibilidade de facer horas extras nos contratos a tempo parcial.
Créase o contrato a distancia.
Suprímense as categorías profesionais.
O empresario pode distribuir o 5% da xornada ao seu gusto, sen negociar.
Facilítase a mobilidade xeográfica.
Facilítase a modificación das condicións de traballo.
Prímase o convenio da empresa sobre os convenios colectivos.
Non se precisa autorización administrativa para despedir, suspender contratos, reducción de xornada, desaparecen os ERE e decide o empresario.
Desaparece a xustificación das cousas de despedimento obxectivo.
Pódese despedir por absentismo xustificado.
Redúcese a indemnización por despido improcedente.
Suprímense algún salarios de tramitación.
Mercantilízanse os servizos públicos.
Hai un punto positivo. Limítanse as indemnizacións aos directivos de entidades de crédito. (despois de darlles o que lle levan dado pola sua excelente xestión (9000 millóns de euros de cartos públicos))
Prevese a posibilidade de despedir traballadores fixos da administración pública, mesmo os que acceden por oposición.
Xa están a proliferar cursiños de cómo sacarlle o máximo partido á reforma.
Os recurtes en gasto público social, con reducción das transferencias, como as pensións así como do gasto nos servizos do estado do benestar teñen como obxectivo debilitar ao mundo do traballo diluindo a universalidade de tales servizos convertendose en servizos de beneficiencia, de tipo asistencial.
Hoxe, as clases populares no estado español, están sometidas ao ataque máis frontal experimentado no periodo democrático, baixo o pretexto de aumentar a competitividade.
Esta reforma, como outras, non servirá para crear emprego. Simplemente tomouse o pretexto da crise para desequilibrar a balanza das relacións laborais ao lado da empresa e expandir o medo a perda do emprego como poderosa ferramenta de logro de beneficios.
O risco agora xa non o asume o empresario, asúmeo o traballador, que inda terá que agradecer ter un posto de traballo e pasa a vivir ¨con permiso¨ do seu empregador.
FOI APROBADA COS NOSOS VOTOS (2) E OS DO PSdeG-PSOE (2), 3 en contra do PP e 5 abstencións (INTA)
7.- Deuse conta da demisión de Ildefonso Piñeiro como representante do Concello de Chantada no Consorcio Turístico da Ribeira Sacra por motivos laborais.

Sem comentários:
Enviar um comentário