Pesquisar neste blogue

segunda-feira, 9 de abril de 2012

Constitúese a asemblea nacionalista de Chantada

Este sábado constituíse  a Asemblea Nacionalista de Chantada nunha asemblea que se convocou para as 16:30 horas e durou até as 20:00 horas dando pé a interesantes debates e á vontade de seguir camiñando unidos, os que xa o viñan facendo como o Grupo Nacionalista - con tres concelleiros-, xentes de +GZ, independentes e integrantes do Encontro Irmandiño que convocou esta primeira asemblea.

Na asemblea debateuse tamén o texto que achegou o Encontro Irmandiño para a construción dun novo referente político na Galiza e que podedes consultar aquí. Canto aos principios:

Galiza é unha nación. O novo referente político débese construír en base á cidadanía galega que defenda o carácter nacional de Galiza e a autoorganización da mesma para o exercicio pleno da súa soberanía.

Democracia participativa. No convencemento de aplicar a mesma no funcionamento interno do referente político e na relación do mesmo coa sociedade (no traballo político cos movementos sociais e dende as institucións), pois a liberación nacional de Galiza debe ser realizada por e para o pobo galego.

Modelo social en defensa dos intereses populares. Implica políticas activas transformadoras que graviten na esquerda ao servizo da maioría social agredida fronte á agresión do capital financeiro.

Auto-organización. O novo proxecto común debe estar integrar por persoas, colectivos ou grupos que partan dunha completa independencia orgánica exterior e que teñan como principio e fin das súas decisións os intereses colectivos de Galiza e o seu proceso dinámico de autodeterminación para superar a dependencia do noso País.

Antiimperialismo e Pacifismo. O novo referente político debe posicionarse na loita antiimperialista, e contraer o compromiso de asumir e exercer con absoluta enerxía e rotundidade os métodos de combate pacíficos e democráticos propios da mobilización cívica, social e política, con exclusión do uso da violencia e co rexeitamento e denuncia da violencia institucional padecida polo común da cidadanía.

Antipatriarcado.

Sustentabilidade ecolóxica e social

A seguinte xuntanza será o 28 de abril ás 20:00 horas e creouse tamén un grupo de traballo en rede para os integrantes desta nova andaina aberta a todo aquel que desexe participar.

1 comentário:

Bia Pipoca disse...

Olá queria perguntar se queriam acessar o meu blog. É muito giro, o site é http://blogdabiawiki.blogspot.pt espero que goste.