Con data 19 de abril
do ano 2012 o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, aprobou un documento
que contiña os principios e criterios básicos para unha nova demarcación
xudicial, do que se daría traslado o Ministerio de Xustiza.
Con data 3 de maio de
2012 o pleno do Consello Xeral do Poder
Xudicial, aprobou en sesión extraordinaria unha proposta de mapa xudicial que
pretende resultar da aplicación dos criterios anteditos.
A proposta do pleno contempla
a supresión do Partido Xudicial de Chantada xunto con todos os partidos
xudiciais da provincia de Lugo que quedarían integrados nun partido xudicial con
cabeceira en Lugo.
Os principios que se
establecen por parte do Consello á hora de elaborar o documento proposta
de nova planta xudicial son:
-
A
atención e proximidade da Xustiza ao cidadán non pode medirse en kilómetros
senón en tempo e servizos.
-
O
desplazamento do cidadán o Xugado e a súa presencia nas oficinas xudiciais
deber reducirse aos supostos estrictamente necesarios grazas a comunicación
telemática e ao uso das novas tecnoloxías.
-
As
circunscripcións resultantes tirán unha poboación superior aos 100.000
habitantes e o desprazamento desde os núcleos de poboación até a cabeceira non
poderán exceder dunha hora a través das vías de comunicación existentes.
-
A
separación de órdes xurisdiccionais esixe un mínimo de oito xulgados para
garantir un funcionamiento correcto da administración de xustiza, polo que as
agrupacións resultantes tenderán a reunir un mínimo de órganos que permita
acadar dita cifra.
-
A
reordenación atenderá ás concretas circunstancias de xeografía política
procurando respetar os ámbitos territoriais nos que se desenvolven as actividades
político-económicas de cada zona.
A
aplicación de tales principios, no que a provincia de Lugo e o Partido Xudicial
de Chantada, (que comprende os concellos de Portomarin, Palas de
Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Taboada, Carballedo e Chantada) pon de manifesto un
descoñecemento profundo da realidade histórica e xeográfica, dos ámbitos territoriais existentes e das
propias actividades político económicas das comarcas do sur lucense.
En primeiro lugar en
canto a proximidade da Xustiza o cidadán dice que non debe medirse en kilómetros
establece criterios de kilometraxe e de tempo de viaxe, e o certo é, que en
algúns dos concellos que integran o partido xudicial de Chantada o tempo de
viaxe ata a capitalidade provincial e superior a unha hora, engadindo as
dificultades existentes co transporte público. Por se fora pouco as
infraestructuras viarias son moi deficientes. A supresión, supón un alonxamento
da xustiza do cidadán polo feito de que teña que desplazarse a Lugo para a
realización de calquera acto xudicial.
En segundo lugar,
dadas as características da población ésta ten un acceso reducido os medios
telemáticos de comunicación e novas tecnoloxías.
En terceiro lugar, a
población existente e un criterio que como se pode observar e sistemáticamente
incumprido na propia proposta do Consello, e que de calquera maneira poderíase
lograr, como segunda alternativa, coa unificación dos partidos xudiciais do sur
de Lugo.
En cuarto lugar, o
grave coste económico que supon para os cidadáns o feito de ter que trasladarse
á capital provincial, unido a envellecemento poblacional e a gran dispersión
dos núcleos ruráis, coas repercusións que elo conleva.
De consumarse a
proposta elaborada polo pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial dará lugar a
un grave prexuizo á cidadanía dos municipios que conforman o actual partido
Xudicial.
Por todas estas razón os grupos municipais nacionalista
e socialista propoñen ao Pleno a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1.- Rexeitar a
proposta feita polo Consello Xeral do Poder Xudicial con data 3 de maio de 2012
no que se refire a supresión do partido
xudicial de Chantada polo grave perxuizo que supon para o acceso á xustiza dos
cidadáns.
2.- Dar traslado do
presente acordo ó Ministro de Xustiza do
Goberno do Estado, a fin de que non se leve a efecto a supresión do
partido Xudicial.
3.- Dar traslado do presente acordo o Presidente
da Xunta de Galiza, a fin de que adopten as medidas que procedan para o
mantenemento do partido xudicial.
4.- Dar traslado do
presente acordo os voceiros dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia,
ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, a fin de que sexa tido en conta polo
seu órgano de gobernó, informando a favor do mantemento do Partido Xudicial. Dar traslado así mesmo aos voceiros dos partidos
políticos do Congreso dos diputados e do Senado, ao Colexio Provincial de
Abogados e ao Colexio Provincial de Procuradores de Lugo.
5.- Poñer en
coñecemento da cidadanía a existencia deste acordo e dos graves perxuizos que
de levarse a efecto a supresión do Partido xudicial se ocasionarían.
En Chantada, o 25 de xuño de 2012
Asdo:
Ildefonso Piñeiro
Díaz. Portavoz Nacionalista
|
Xosé Manuel Ledo. Portavoz do PSdeG-PSOE
|
Sem comentários:
Enviar um comentário