Ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Chantada
Examinadas as cláusulas
administrativas e prescripcións técnicas que rexerán a contratación da xestión
do servizo público de limpeza viaria, recollida e transporte de residuos
sólidos urbáns do Concello de Chantada, sometidas a información pública
mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 131
de data 8 de xuño de 2012, obsérvase o seguinte:
A)
Cláusula quinta:.- Duración do contrato: dez anos.
B)
Cláusula cuarta:.- Tipo de licitación: 293.743,50 euros
anuais e 23.499,49 euros de IVE, que fan un total de 317.243,08 euros.
C)
Cláusula sétima:.- Presentación de proposicións e
documentación: oito días a contar dende a publicación.
D)
Cláusula décima:.- Mesa de contratación composta polas
persoas designadas pola Alcaldía ou Comisión Local de Goberno.
E)
A iniciación e aprobación do expediente:.- Aparecen
ditos actos, aprobados por resolución da Xunta de Goberno Local de data 24 de
maio de 2012.
Pois ben, todas esas disposicións
e demáis contidas no expediente tramitado, non se axustan ao disposto na
normativa que regula a expresada contratación, que é a seguinte:
A Disposición Adicional 2ª do
Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de
Contratos do Sector Público, relativa a Normas
específicas da contratación das Entidades Locais, establece o seguinte distribución competencial:
Alcalde-Presidente da Entidade
Local:
1.- Os contratos de obras, de
suministro, de servizos, de xestión de
servizos públicos, etc…, cando a súa cuantía non supere o 10% dos recursos
ordinarios do ornamento nin, en calquer caso, a cuatía de 6 millóns de euros, incluídos
os de carácter plurianual cando a súa duración non sexa superior a catro anos,
sempre que o importe acumulado de todalas anualidades non supere, nin a
porcentaxe indicadas, referido aos recursos ordinarios do orzamento do primeiro
ejercicio, nin a cuantía sinalada.
2.- Corresponde ao Pleno as
competencias como órgano de contratación respecto dos contratos non mencionados
no apartado anterior que celebre a Entidade Local.
7.- Corresponde ao órgano de
contratación a aprobación do expediente e a apertura do procedemento de
adjudicación nos termos que se regulan no artigo 110.
A aprobación do prego de
cláusulas administrativas particulares irá precedida dos informes do secretario
ou, no seu caso, do titular do órgano que teña atribuída a función de
asesoramento xurídico da Corporación, e do Interventor.
Os actos de fiscalización
exércense polo Interventor da Entidade Local.
10.- A Mesa de Contratación
estará presidida por un membro da Corporación ou un funcionario da mesma, e
formará parte de ela, como vogais, o Secretario ou, no seu caso, o titular do
órgano que teña atribuído o asesoramento xurídico, e o Interventor, así como
aqueles outros que se designen polo órgano de contratación entre o persoal
funcionario de carreira ou persoal laboral ao servizo da Corporación, ou
membros electos da mesma, sin que o seu número total sexa inferior a tres.
Actuará como Secretario un funcionario da Corporación.
A vista de dita normativa,
resulta claro e patente que a competencia para a contratación da xestión do
servizo público de referencia corresponde ao Pleno da Entidade, ao ter unha
duración de dez anos e ademáis, a cuantía supera o 10% dos recursos ordinarios
do ornamento. Dándose, neste caso, os dous supostos previstos en dita
disposición legal.
Por outra parte existen as
seguintes infraccións legais que afectan a todo o expediente de contratación:
-
Infracción do artigo 109, o non ser iniciado o
expediente polo órgano de contratación.
-
Infracción do artigo 110, ao non ser aprobado o
expediente polo órgano de contratación.
-
Infracción do artigo 112, ao non axustarse os prazos ao
establecido nos artigos 158 e 159.
Todo o actuado está incluído nos
supostos de invalidez e nulidade previstos nos artigos 31 e 37 do R.D.L.
3/2011, de 14 de novembro, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector
Público e artigo 62.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
Polo exposto, solicitamos se proceda a unha nova tramitación do expediente de contratación.
Chantada 22 de xuño de 2012
Asdo: Portavoz do Grupo do Psoe.
Ado: Portavoz do Grupo Municipal Nacionalista
Xosé Manuel Ledo Fernández Ildefonso J. Piñeiro Díaz
Sem comentários:
Enviar um comentário