Pesquisar neste blogue

terça-feira, 22 de novembro de 2011

Eleccións xerais: breve comentario dos datos de Chantada.



Onte en Chantada houbo unha participación de 72'3% con 5.439 electores e unha abstención de 27'7% con 2.084 que non exerceron o dereito a voto.

Na vila gañou o PP con 1.593 votos, o PSOE obtivo 724 votos, o BNG 415 votos, EU-V 96 votos, UPyD 14 votos, PACMA 10 votos, C.XXI 3 votos, UCE 2 votos, 76 votos nulos e 66 votos nulos.

Nas parroquias o PP aumenta aínda os seus resultados, como é habitual, con 1499 votos, o PSOE 544 votos, o BNG 266 votos, EU-V 47 votos, PACMA 16 votos, UPyD 7 votos, UCE 4 votos, C.XXI 1 voto, Nulo 35 votos e branco 32 votos.  

Daquela os resultados totais para o concello de Chantada son os que seguen: PP 3.092 votos o que lle outorga unha maioría absoluta folgada con 57'92% dos votos, PSOE 1.2.68 votos con 23'75% do voto emitido, o BNG recolle 13'01% dos votos cun total de 695, EU-V 143 votos cun 2'67%, PACMA 26 votos e 0'48% do voto emitido, UPyD 21 votos e 0'39% do voto emitido, UCE 6 votos e 0'11% dos votos e C.XXI 4 votos (0'07%).

Comentario local

O Partido Popular obtén a maioría absoluta con 3.092 votos (aos que se lle sumarían os da extrema direita de UPyD e de C.XXI - aínda que esta formación é nacionalista e non ultraliberal). O electorado, xa que logo, obtou maioritariamente (unha constante practicamente na historia de Chantada desde 1975) pola dereita. Estes resultados deixan claro que o electorado de INTA é conservador e de dereita e votou en masa ao PP a pesar do confronto local entre PP e INTA. Isto pode conducir a unha baixada dos apoios que INTA reciba nas próximas eleccións a favor do PP ou presionar para unha fusión dos dous partidos agora que o PP conta con practicamente todos os resortes do poder, algo sen precedentes desde 1975. Nas municipais INTA recibira 2.407 votos e o PP 1.192 votos (a participación foi de 6.117 electores e por tanto maior), a esquerda galega em Chantada necesita traballar por atraer todo o voto da esquerda agora dividido fundamentalmente entre PSOE, BNG e EU-V (que duplica os seus resultados na Galiza) e tamén ten que necesariamente elaborar un proxecto atractivo para a parte do electorado situada máis esquerda de INTA e que progresivamente se desencante do Goberno de Rajoy polos durísimos recortes que se aveciñan.

Con 1268 votos (frente aos 966 das municipais onde sufriu un descalabro total) o PSOE toca praticamente  o seu solo e tópase en caída libre aínda que o BNG foi incapaz de facerse co voto que cede o PSOE e que vai en grande parte para o PP, UPyD e a abstención.


Comentario xeral:

Recomendamos este artigo:  http://​www.sinpermiso.info/​articulos/ficheros/​20n2011.pdf

  O PP recibe practicamente os mesmos votos que en 2008 (gaña uns 500.000 votos) o grande perdedor é o PSOE que perde máis de 4.300.000 de votos. Contando branco, nulo e abstención a porcentaxe do PP sería de 38%. Ademais, a vitoria do PSOE en 2008 contou con máis de 11 millóns de votos cifra a que non chega o PP con este "arrase".

O BNG segue perdendo votos elección tras elección e necesita pór orde na asemblea de xaneiro indo a unha refundación como na asemblea de Riazor de 1982, onde deberían entrar outras forzas da esquerda galega, independentes e a "nova" esquerda surxida a partir do 15-m como Equo e outros. é posíbel pasar novamente porriba do PSOE e ser a alternativa de goberno a Feijoo na Galiza (será moi difícil con todo no inmediato sobre todo porque haberá adianto electoral). Esquerda Unida repunta como na anterior debacle do PSOE que coincidira coa vitoria de Aznar por minoría.

O bipartidismo perde 3'6 millóns de votos e 20 escanos o que pode significar o comezo dunha tendencia xa moi acentuada en Grecia desde a chegada do FMI. En Grecia o PASOK (PSOE local) e Nova Democracia (o PP heleno) sumaban sempre máis de 80% dos votos emitidos e agora segundo as enquisas non chegarán nin ao 40%. Repunta a ultradereita de LAOS (do teor de UPyD) e sobre todo a esquerda.

E os "mercados" ao seu: http://www.elpais.com/​articulo/economia/mercados/​reciben/Rajoy/ascensos/​prima/riesgo/caidas/Bolsas/​elpepueco/​20111121elpepueco_4/Tes Avecíñanse grandes e crueis axustes para seguir transferindo as rendas do traballo para as rendas do capital: http://politica.elpais.com/politica/2011/11/22/actualidad/1321956435_084118.html.




 

Sem comentários: