Pesquisar neste blogue

terça-feira, 8 de novembro de 2011

RESUMO DO PLENO



1.- Aprobación de actas:

Neste ponto forzouse por parte do BNG a unha corrección de erros porque aparece unha relación de facturas a proveedores e autónomos que se van pagar con cargo ao crédito do Instituto de Crédito Oficial (ICO), que aprobamos no pleno anterior, e ao noso modo de ver ten que aparecer a data das mesmas. Se non se fai así, da pé a pensar de que non se paguen por orde de dédeba, xa que se deben pagar de máis antiga a máis nova.

 2.- Deuse conta dos Decretos e Resolucións da Alcaldía desde o derradeiro Pleno.

 3.- Aprobouse unha factura para facer fronte a pagos da Cruz Vermella por valor de 1.625 euros.

 4.- Mocións dos Grupos Políticos:

 O PP presentou duas mocións unha relativa a necesidade urxente de solicitar unha auditoria ao Consello de Contas de Galiza coa finalidade de coñecer a situación económica do Concello e coa maior transparencia.

Esta moción foi aprobada por unanimidade de todos os grupos. Pola nosa banda non temos nada que ocultar das contas da pasada lexislatura polo que apoiamos esta iniciativa facendo ver que haberia que aplicala tamén a lexislaturas anteriores posto que, cando chegamos ao goberno, nos atopamos cunha débeda de cáseque 7 millóns de euros, e, en catro anos fomos capaces de reducila até os 3.5 millóns. Non estiveron os gobernos do PP precisamente cheos de virtudes en canto á contas se refire. Lembrando tamén que no derradeiro Pleno quedouse en facer un traballo previo neste sentido, como non se fixo apoiamola.

A segunda foi unha moción relativa a necesidade de coordinación entre as distintas administración en materia social. 

Entre outras cousas decía que os concellos están a ter entre os seus cometidos a atención ás persoas dependentes na modalidade de axuda no fogar que se cofinancia até o de agora a través do denominado plan concertado. Pedían:

Demandar do Goberno Central a blindaxe do investimento que aporta a Galiza.

Demandar o financiamento do 50% do custe do servizo.

Estabelecer mecanismos de coordinación entre todas as administracións (Concello, Deputación e Xunta, para estabelecer liñas craras de financiamento dos servizos sociais.

Pór en marcha mecanismos para axilizar os pagamentos aos concellos. Permitir abonos trimestrais do servizo de axuda no fogar para os dependentes introducidos no sistema a 31 de decembro anterior.

Elaborar unha normativa que flexibilice nos Concellos a aplicación do copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos.

Esta moción foi aprobada cos votos do PP e de INTA, votamos en contra o BNG e o PSOE porque:

O primeiro que pensamos ao ler a moción que presentan foi que menudo papelón lle tocou xogar sr. Reinoso. Defender o indefendíbel. Aínda lembramos a sua cara, de susto ou de incredulidade  cando na derradeira sesión da comisión de facenda falamos dos recurtes da Xunta nas axudas do plan concertado. Presentar agora esta moción, parece una tomadura de pelo. Pero el non ten a culpa, estamos convencidos que fixo alguna chamada ao remate da reunión para confirmar os datos que alí se fixeron públicos, e mandaronlle este texto, para tratar de sair do paso e ao mesmo tempo deixalos, aos tres concelleiros do PP, co ¨cú ao aire¨. Con ela queren botar balóns fóra e non asumir as suas responsabilidades. A realidade é teimuda e non se poden escudar nos recurtes estatais, que son certos, para escaquearse das suas responsabilidades. Canto máis recurte o Estado máis debería apoiar a Xunta se de verdade pensan que os servizos sociais son un piar básico da nosa sociedade. "Xa vemos o grao de compromiso de Feijóo cos concellos: para afundilos un pouco máis".

Galiza está a cola do estado en apoios a lei de dependencia, esto é así por moito que queiramos despitar a cidadania coa presentación desta moción.

Hai exemplos dabondo do que estamos a decir… O nivel de usuarios non descende, senon que aumenta, até o punto de que hai concellos con lista de espera.

«O PP prioriza o modelo de dúas velocidades a do eixo atlántico frente ao resto». Porque como coñece, aprobaron a financiación de 110 plazas en residencias da terceira idade da zona das Rías Baixas deixando crara esa discriminación frente a zonas menos desenvolvidas e máis envellecidas.

«Se a Xunta non incrementa a súa parte na cofinanciación dos servizos sociais, corremos o risco de deixar de prestar o servizo». E que ademáis o anunciaran tan tarde xerou uns gastos que ao mellor non poderán ser cubertos polos concellos, xa que os orzamentos están prácticamente executados.

Haberia que lembar tamén que aínda que no concello nos fagamos cargo da prestación do servizo, a lexislación vixente non obliga ás administracións locais a asumir este tipo de servizos, que son competencia autonómica.

Sr Alcalde, nós, desde o BNG, imos animalo para que valore reclamar no xulgado, a cantidade que Chantada vai a percibir de menos, para que nos sexan devoltas ao Concello, para poder seguir a prestar o servizo. Escomezando por elaborar un informe sobre a situación do servizo porque haberá que coñecer a situación real de cada un dos usuarios. Co recorte das axudas autonómicas, o Concello, ao mellor, non pode asumir o custe que supón atender estas persoas. Non falamos de camiños, de cemento, senón de programas de intervención con persoas.

Sabe o que pensamos nós?. Pois que a política do PP, nestes anos no goberno galego, traduciuse en recortes, privatización e desmantelamento dos servizos públicos básicos.

Entre 2009 e 2011 (orzamentos iniciais) recortáronse 189 M€ en Educación aos que hai que sumar os 12 que se anuncian para 2012: en total, máis de 200 M€ menos!

En Sanidade entre 2009 e 2011 recortáronse 221 M€ aos que hai que sumar os 16 que se anuncian para 2012: en total, 237 M€ menos!

En materia de emprego e protección social, entre 2009 e 2011 recortáronse 45,5 M€ aos que hai que sumar aínda os 23 que se reducen en 2012. En total, 68,5 M€. E así seguido.

É esta a blindaxe do gasto social da que fala o PP?


ROGOS E PREGUNTAS:
Sabe vostede que están en fase de aprobación, os orzamentos da Xunta para o ano 2012?

RESPOSTA DO ALCALDE: Sí
Sabe vostede a canto ascende a cuantia que se vai aprobar para Chantada?

RESPOSTA DO ALCALDE: 0 euros. Contestámoslle que 56.000 euros, tampouco é moito


Sabe vostede donde ten pensado investir a Xunta esas cantidades? NON HOUBO RESPOSTA

Contestámoslle que:

3.642.87  euros en Rede Natura

52.326,52 euros para camiños en Esmoríz que haberá que agredecerllos ao Sr. Viana, Xefe de Gabinete da Consellaria do Medio Rural.
Coñece vostede a frase ¨O noso traballo vai a consistir en acadar recursos económicos para Chantada como prioridade¨?
Que fixo entón neste sentido para que Chantada teña só eses investimentos?

RESPOSTA DO ALCALDE: está en marcha o proxecto de aforro enerxético a pesar da perda de subvencións do INEGA do seu goberno, como nas piscinas, non nos lamentemos.

Á vista de todas estas cuestións o Grupo Municipal Nacionalista vaille facer una proposta a modo de ROGO:
Dirixirse á Xunta de Galiza cunha emenda a ditos orzamentos, polo que a Chantada se refire, feita coas propostas que a propia Presidenta do PP de Chantada fixo no seu dia cando o Goberno da Xunta estaba formado pola coalición entre o PSOE e o BNG, daquelas pediu un segundo xulgado para Chantada, unha residencia, un segundo equipo de garda no PAC,  Nova depuradora, Obradoiro de emprego, etc.

Sem comentários: