Pesquisar neste blogue

quarta-feira, 12 de janeiro de 2011

Descoberta a adega mais antiga do mundo

Notícia tirada de aqui. Umha curiosidade para começar o ano 2011 e relacionada com a nossa comarca pola importáncia do seu sector vitivinícola.

Há evidências que o Homem já produzia vinho há oito mil anos, mas os equipamentos de produção vinícola mais antigos que se conheciam tinham apenas cinco mil. Agora, uma equipa de arqueólogos descobriu numa gruta no Sul da Arménia vestígios arqueológicos de uma adega com mais de seis mil anos de idade.
Os vestígios estão dentro de uma gruta que fica no Sul da Arménia, no Cáucaso
Os vestígios estão dentro de uma gruta que fica no Sul da Arménia, no Cáucaso (Reuters)
 
“Esta é, para já, a mais antiga adega de vinho, com prensa, cubas de fermentação e vasilhas para armazenamento no local”, disse citado pela AFP Hans Barnard, um dos autores do artigo sobre a descoberta publicado na revista Journal of Archaeological Science. A gruta, que fica perto da cidade de Areni, junto da fronteira com o Irão, já tinha sido notícia em Junho do ano passado devido à descoberta de um mocassim de couro com 5500 anos.

Os artefactos descobertos agora pela equipa internacional de investigadores arménios, irlandeses e norte-americanos dão o panorama geral de como era um unidade de produção de vinho. No local também se identificaram sementes de uva, ramos envelhecidos dos cachos, uvas prensadas, além de copos e taças para beber.

As análises laboratoriais feitas aos resíduos retirados da cuba encontraram pigmentos que só existem nas uvas e nas romãs. As análises às sementes mostraram que as uvas utilizadas são da variedade Vitis vinifera vinifera, a mesma das vinhas de hoje.

“Pela primeira vez temos uma imagem arqueológica completa do que foi a produção de vinho há 6100 anos”, disse o arménio Gregory Areshian, co-director da escavação, da Universidade da Califórnia. Os vestígios mais antigos que se conheciam comparáveis com os que foram encontrados agora no Cáucaso, estavam num túmulo com 5100 anos, do rei Escorpião I do antigo Egipto.

A data do sítio arqueológico na Arménia é entre 4100 e 4000 a.C., na altura da Idade do Cobre. Apesar da maioria do conhecimento histórico desta altura se centrar nas civilizações que se desenvolviam no Egipto ou na Mesopotâmia, Gregory Areshian defende que “existiam muitos centros únicos, especializados, de civilização no mundo antigo, que hoje só conseguimos olhar como um mosaico de populações”.

Não se conhece a identidade do povo que habitava aquele local, os cientistas acreditam que as prensas de vinho seriam utilizadas pelos precedentes do povo Kura-Araxes, um dos primeiros povos transcaucasianos. Segundo os investigadores, este vinho seria utilizado em cerimónias fúnebres, já que as prensas e os jarros de vinho estavam junto de túmulos.

“Este vinho não era utilizado para [as pessoas] desanuviarem no final do dia”, disse Areshian. “Isto era uma adega relativamente pequena que estava ligada ao local dentro da gruta. Para o consumo diário, eles teriam prensas muito maiores na aldeia”.
 
 
 

quarta-feira, 17 de novembro de 2010

O BNG de Chantada defende os serviços e o carácter público da área sanitária comarcal




Aproveitamos a marcha pola sanidade pública para fornecerlle aos nosos leitores e leitoras algunhas chaves da mecánica económico-financieira da construçom de novos hospitais e da paseniña privatización e mercantilización da sanidade. O artigo foi tirado do blogue Feijoomente que pode consultar-se aqui.

Poñamos por caso que facer o novo hospital de Vigo coste 60 millóns de euros.

Iso significa que a empresa concesionaria terá que adiantar esa financiación, negociando o crédito nos mercados financieiros e bancarios. Tal e como está o panorama, o custo financieiro dese préstamo será realmente elevado.

Unha vez realizado ese gasto, e inaugurado o hospital - poñamos de novo por caso - en 2013, a empresa concesionaria deberá tamén facerse cargo do gasto corrente do edificio. A canto pode ascender isto?

Tomemos como parámetro o orzamento de gasto corrente dun hospital de tamaño similar, o CHUAC, para 2010 (Vigo non pode ser, obviamente, menos que A Coruña...), e limitémonos ás partidas previstas na nota de prensa da Consellaría de Sanidade, deixando fóra as subministracións de material sanitario:

- 212 (reparacións, mantemento e conservación do edificio): 2.000.000 €.
- 213 (maquinaria, instalacións e utensilios): 5.000.000.
- 221.00 (enerxía eléctrica) 2.500.000 €
- 221.01 (auga) 350.000 €.
- 221.02 (gas) 30.000 €.
- 221.03 (combustibles) 1.500.000 €.
- 223 (transportes): 1.200.000 €
- 227, gastos de limpeza, seguranza, gastos postais): 17.000.000 €.

A suma de todo este gasto corrente é de 29.580.000 millóns de euros anuais. Isto, sen contar os gastos de persoal que deberá afrontar a empresa para xestionar todos estes aspectos (supoñamos, con salarios inframileuristas segundo convenio que corresponda, 3.000.000 €).

Ou sexa, que durante os trinta anos de duración do contrato, a empresa deberá amortizar o principal e abonar os gastos financieiros dun préstamo de 60 millóns de euros; a maiores, cada ano deberá afrontar o pagamento de 30 millóns de euros de gasto corrente, amén dos gastos de persoal.

Como as empresas non son monxas da caridade, cabe preguntarse de onde vai sair o ingreso para afrontar tamaño nivel de gasto da empresa?

Pois ben, os ingresos neste tipo de contratos proveñen de dous tipos de fontes:

  1. O canon que abona a Administración anualmente á empresa (o denominado peaxe en sombra no caso das concesións de obra pública tradicionais para facer autoestradas) para manter o equilibrio económico-financieiro do contrato. Un canon que se abona desde o orzamento público, recadado, obviamente, vía impostos a todos os contribuíntes, pero que, ademáis, non computa como déficit público a efectos do Sistema Europeo de Contas, pois irá orzamentado como gasto corrente financieiro ou como gasto de investimento (non sei como o van meter). Todo un choio nesta época en que o déficit público se dispara: Feijóo, como bon reaccionario, volve ás maquillaxes do déficit da señorita Pepis, ás que tanto xa nos acostumara o PP na época en que había que entrar "sí o sí" nos criterios de converxencia europea.
  2. A explotación dos servizos do ben inmoble por parte da emmpresa: cafetaría, floristaría, reprografía, arquivo, aparellos de televisión nos cuartos, expendedores de bebidas e comida en planta, e todo o que poda ser explotado pola empresa licitamente ao seu risco e ventura. Unha explotación que pagará, obviamente, o usuario do servizo público.

En resumidas contas: unha hipoteca a 30 anos para o conxunto do contribuínte, e unha porta aberta á sobreexplotación mercantil dos servizos públicos máis básicos dunha sociedade moderna, como son os hospitais.

Eis o verdadeiro modelo de Feijóo.

terça-feira, 9 de novembro de 2010

Solidariedade co pobo saharaui

Hoxe concentracións con motivo dos últimos acontecementos no Sáhara Occidental. O BNG convoca as seguintes concentracións nas cidades galegas mañá ás 20:00 hora:

PONTEVEDRA

Subdelegación do Goberno
Praza de España, s/n

A CORUÑA

Delegación do Goberno
Praza de Ourense, s/n

LUGO

Subdelegación do Goberno
Rúa Armanya, 10

OURENSE

Subdelegación do Goberno
Parque de San Lázaro, 1

FERROL

Concello de Ferrol
Praza de Armas, s/n

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Praza de Cervantes

VIGO

Museo MARCO
Rúa do Príncipe, 54

segunda-feira, 8 de novembro de 2010

Desmembro: Mini-saia pastoral

Desmembro: Mini-saia pastoral: "'Pinta sobre o marco da túa conciênciacom sangue do carneiro que te emprenha', Jorge Pérez Árias Deixade que os meninhos se acheguem a mi..."

terça-feira, 12 de outubro de 2010

Esta quinta-feira, joves, acto do Encontro Irmandinho com Beiras em Monforte


ACTOS DO EI EN MONFORTE.

- Xoves, 14 de outubro de 2010 - 20:15 horas – Casa da Cultura de Monforte

Charla-coloquio con:

XOSÉ MANUEL BEIRAS – Unha alternativa nacionalista á crise.

- Sábado, 23 de outubro de 2010

Asemblea Comarcal do EI aberta a simpatizantes.

* Se desexas participar connosco dunha cea en Monforte o día 14 de outubro, despois da charla,

é preciso anotarse antes do 13 de outubro no teléfono 647576723 ou en revolta_irmandinha@hotmail.es

O acto deste xoves enmárcase nunha serie de encontros con Xosé Manuel Beiras que estamos a organizar dende o EI por toda Galiza co obxectivo de achegar á xente unha explicación da grave crise económica que padecemos. Os grandes medios de comunicación só nos dan a versión ultraliberal da crise, a versión dos poderosos, facéndonos ver os recortes no gasto público coma inevitábeis. Beiras achega unha visión explicativa sobre as causas da crise dende unha perspectiva clara de esquerda e propón alternativas ao sistema.

Ao remate da conferencia abrirase un coloquio, agardando que participen todas as xentes interesadas en plantexar as súas dúbidas a un economista da talla de Beiras que sabe explicar de xeito sinxelo o que nos sucede. Este coloquio é unha parte central destes actos, pois entendemos dende o EI que a voz das xentes que máis padecemos a crise – asalariadas, autónomos, parados, traballadoras en xeral… - debe ser escoitada. Ademais, cremos que só a toma de conciencia destas xentes do común e a súa organización pode deter as medidas sociais regresivas – coma a reforma laboral de Zapatero – que se están a aplicar coa excusa da crise. Na Galiza, tamén é vital esta organización fronte a un goberno do PP na Xunta decidido a desmantelar os servizos públicos e a rematar coa nosa propia Cultura.

Neste contexto é no que se enmarca a III Asemblea do EI, á que convidamos a participar a quen esté interesado. De feito, este xoves Beiras estará acompañado por irmandiños da comarca, sendo presentado por Xosé Lois Soutelo, que explicarán aos asistentes cómo participar neste proceso.



IRMANDADE DE LUGO-SUL

quarta-feira, 22 de setembro de 2010

29 de setembro GREVE GERAL

Marco Túlio Cícero, ano -55

"O orçamento deve equilibrar-se, o Tesouro deve ser reaprovisionado, a dívida pública deve ser diminuída, a arrogáncia dos funcionários públicos deve ser moderada e controlado o seu gasto, e a ajuda a outros países deve eliminar-se para que Roma nom vaia à bancarrota. A gente deve apreender novamente a trabalhar, em lugar de viver à conta do Estado."

"A greve dos desempregados", ler artigo completo aqui.



quinta-feira, 2 de setembro de 2010

Asumimos íntegramente as alegacións presentadas polo Sindicato Labrego Galego contra as DOT do PP

O BNG de Chantada asume íntegramente as alegacións presentadas polo Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas porque nestas Directrices de Ordenación do Territorio o Goberno da Xunta de Galiza propón un cambio radical do modelo de País facendo desaparecer os valores culturais, sociais e económicos en base á modernidade, ao desenvolvemento e á innovación dunha economía ficticia aínda por crear. Impónsenos un novo concepto de equilibrio territorial, do agro, do litoral, da cultura, da paisaxe, do lecer...

Fan desaparecer as parroquias, as comarcas naturais, os pequenos núcleos e, con eles, unha maneira de ser e de vivir. Como consecuencia desaparecerán os servizos que se prestan á poboación dende a proximidade, as comunicacións entre pequenos núcleos,etc. Tamén se dan por desaparecidas as actividades primarias ligadas ao territorio.

Chantada e a súa comarca ao igual que a grande maioría da Galiza interior asenta a súa vida económica na agro-gandería da que dependen a práctica totalidade das outras actividades.

Apostamos por un mundo rural vivo, polo dereito dos labregos e labregas a ocupar un espazo, polo dereito dos labregos e labregas a ter un futuro como tales, polo seu dereito a producir e vivir do seu traballo, polo papel dos mesmos na conservación e defensa da calidade do territorio, da paisaxe e do medio ambiente, polo mantemento dos postos de traballo na agricultura, poñendo freo ao actual proceso de desaparición da explotación agraria familiar.



terça-feira, 6 de julho de 2010

Aprovados os orçamentos para o ano 2010

Os orzamentos que hoxe apresentamos para discusión e aprobación están pensados e elaborados para unha situación de crise, cun esforzo importante na contención de gastos con carácter xeral. Unha contención que é debida, en grande medida, aos recurtes que se están facendo por parte do goberno do Estado e da propia Xunta de Galiza, no caso de Chantada de máis de 500.000 euros. Unha barbaridade, por non decir unha tropelía. Esto siñifica, non hai que ser economista para darse conta, que vai haber menos fondos o que poderia siñificar unha merma de servizos ou da súa calidade, intentaremos que non sexa así, recurtaremos gastos en outras partidas para que a diferencia doutras administracións os déficits non os paguen os cidadáns de Chantada.

Como exemplo comentarei que na área de Benestar pasamos dun orzamento de 303.658 euros do ano 2009 a algo máis de 392.000 euros, caseque 90.000 euros de aumento no ano 2010, o que vai facer crible e realizable a política cara aos dependentes. En época de crise, este goberno municipal aposta polo benestar, outros non poden decir o mesmo. Nestes mesmos momentos estase a votar na Asamblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o seu desmantelamento, rachando así co seu carácter universal e público do sistema, sendo tamén unha decisión vinculada á privatización dos servizos sociais impulsada pola Xunta. Ademais vai impedir a participación dos concellos na planificación e decisión, así como na xestión dos centros, pasando dun sistema de cooperación en pé de igualdade, a outro dependente da Xunta. Van modificar a participación municipal no financiamento estabelecendoo no terzo dos gastos de xestión en efectivo, na vez dos gastos de mantemento. E esto vainos afectar xa que foi a xestión deste goberno municipal xunto coa do consorcio a que fixo que os gastos do Centro de Día pasaran de 11.000 euros ao mes do goberno anterior aos 3.000 mensuais na nosa xestión.

Nestes orzamentos seguimos a darlle cabida ás necesidades do medio rural. Non podía ser doutro xeito nun concello eminentemente agrícola e gandeiro, a pesar dos atrancos que outros andan a pór, priorizando, como ven na documentación achegada, os gastos en acción social, en servizos sociais e no rural que como sabemos noutras épocas foi o grande esquecido.
Con estes orzamentos, tratamos de incentivar a inversión, que haxa un incremento económico e laboral do Concello coa aposta, desde o principio da lexislatura foi así, da ampliación do polígono industrial, investiremos cartos do canon para o abastecemento de auga e así poñer un gran de area para a saida da crise.

En canto á axudas as diversas asociacións son as mesmas cas do ano 2009 cando aplicamos un plan de austeridade que nos permitiu pedir un crédito de algo máis de 600.000 euros para pagar débedas. Non as vou repetir aquí xa que están na documentación achegada… pero eso sí, só lembrar as declaracións que estes días están a sair na prensa. «Nestes momentos só cumpren o Concello de Chantada, que nos garante unha axuda de 15.000 euros, e a Deputación de Lugo. Da Xunta non temos noticias. Este ano deixamos de percibir uns 37.000 euros en distintos conceptos, e así é practicamente imposible competir na elite», son verbas do Presidente do Clube de Baloncesto.
Ou estas outras.. «Tivemos que conformarnos con que puntúe só para o autonómico, xa que o ano pasado deixamos de ingresar 24.000 euros, é dicir, dos 30.000 que nos prometeu a Xunta, só recibimos 6.000. Desta forma é imposible manter o rango. A Deputación de Lugo mantén a súa axuda, que suma 12.000 euros, mentres que o Concello de Chantada achegará 9.000. Son verbas do Presidente da Escuderia Chantada. Así que polo menos señor e señora concelleiros do PP fagan correxir o que escriben na súa páxina web cando dín que ¨O Goberno Municipal de Chantada está promovendo unha espiral de vetos e ataques contra entidades deportivas de Chantada, á Escuderia Chantada e o Clube de Baloncesto¨. Onte pola noite ainda estaba.

Como estamos a falar de cartos, de orzamentos, de situacións complicadas e decir de financiamento, aproveito a ocasión para desde este foro, que é o único que temos, volver a reclamar un novo modelo de financiamento local que teña en conta criterios de dispersión da poboación, de extensión territorial e de envellecemento poboacional no reparto dos fondos do Estado, un novo modelo de financiamento local que “non castigue ao concello, como sucede co sistema actual” xa que a prestación dos servizos ten un maior custe no noso Concello.

Un problema que está agravado porque aumentáronos as competencias, sen que se incrementara proporcionalmente o financiamento que recibimos das outras administracións. Como xa comentei, o recurte do Concello, de máis de 500.000 euros, vai agravar a situación, xa que a esto haberá que engadirlle o déficit por ingresos de licenzas urbanísticas, o recurte nas subvencións (as da Xunta xa as coñecen incluso mellor ca nós os integrantes do grupo popular), non poder asinar convenios con outras administracións ou a propia renovación dos existentes.

Chamóulles a atención no capítulo de investimentos, a achega da Xunta neste apartado…a astronómica cifra de ¨cero¨ euros, en contraposición aos investimentos do Estado que se cifran en caseque millón e medio de euros ou aos da Deputación que entre Canon e outras partidas ascende a cáseque 2 millóns de euros. A nós a verdade é que non nos extrana, a Xunta non aposta por Chantada, pasa de todos os vecinos e veciñas, non do goberno, pasa de todo o pobo de Chantada.

Hai que decir tamén que os concellos atopámonos nunha situación de estrema gravidade, é necesario demandar, e así o imos a facer desde Chantada, que a Xunta, no seu fondo de cooperación, reparta maior porcentaxe nos seus 315 concellos. A Xunta pódese permitir o luxo de non facer nada nunha lexislatura, leva camiño, salvo demoler o feito, pero os concellos non, porque seguimos a ter dependentes, axuda no fogar, deporte, saneamentos, abastecementos, etc, etc.
Cando toca gobernar, toca decidir e priorizar, e nestes momentos difíciles, este goberno decide apretarse o cinto sen que se resinta a calidade dos servizos que imos prestar.
Tamén hai que ter en consideración a opinión de quen sabe máis ca nós e considerar as observacións que fixo a Sra. Interventora, foron uns orzamentos moi difíciles de facer, os máis difíciles dos derradeiros anos destacando tamén que será a execución do mesmo, o cumprimento das previsións de ingresos e gastos e a consecuente adopción de medidas as que fagan que sexan uns orzamentos reais e equilibrados.

Nada do que levo dito até o de agora é novidade para ninguén, a xente non precisa de grandes sabios para saber que os tempos son malos, sen embargo, tamén quero deixar craro que os causantes deste desastre son os mesmos que agora teñen vara alta, non cambiou para nada o persoal causante do mal, non houbo recoñecemento de erros nos Bancos Centrais, no FMI, e demáis tropa como xa os definimos noutra ocasión. A súa incompetencia é a responsabel da situación actual.

segunda-feira, 14 de junho de 2010

Na memória dos caídos pola democracia, a dignidade e a liberdade


A. Sarceda, cidadao da II República de Lugo, finou no forte de Santo Cristovo que domina a cidade de Irunha (Pamplona) em Nafarroa e foi soterrado junto a outros 131 presos republicanos. Os restos agora identificados enterrárom-se acarom dumha garrafa em que se incluiam os seus dados por decisom do crego José María Pascual.

A fortaleza de Santa Cristovo construiu-se no século XIX no contexto das guerras carlistas, precedente longínquo da Guerra Civil espanhola (1936 - 1939) e desde 1934, quando governava na II República o governo das direitas que protagonizou o biénio preto, operou como cárcere para os presos procedentes da revoluçom de Asturies. Em 1936 os presos vírom-se beneficiados pola anistia da Frente Popular, mas com a guerra o penal aginha contou nuns meses com 2.000 presos muitos dos quais eram "postos em liberdade" para a continuaçom serem abatidos no monte.

Chegárom a acumular-se 4.900 presos e a partir de 1942 passou a atuar como hospital penitenciário e em 1945 fechou-se, morrendo 1 de cada 5 presos até um total de 750 vítimas. Os calaboços eram subterrános e os presos durmiam sobre a auga e cheios de piolhos. A tubercolose e a desnutrçom aforrorrárom-lhe balas ao régime que no extremo do paroxismo depositou umha praca em Sam Cristovo assinada polo porco-marro que em 1975 morria de tromboflebite:

"Si se visitasen los establecimientos penales de los distintos países y se comparasen sus sistemas y los nuestros, puedo aseguraros sin temor a equivocarme que no se encontraría régimen tan justo, católico y humano como el establecido desde nuesto movimiento".

Agora que fôrom recuperados os restos e se procede a sua identificaçom o arzobispado de Irunha facilitou os dados a um jornal conservador retendo-os durante 60 anos sem avisar às famílias numha outro gesto de "piedade" católica, apostólica e romana.

O forte de Santo Cristovo era até agora conhecido como polo cementerio de las botellas, mas pola tentativa de fugida espetacular que protagonizárom os presos (albaneis, camponeses, marinheiros, etc.). O 22 de Maio de 1938 795 presos organizárom umha fugida e em meia hora tomárom o forte, com o objetivo de chegar até a fronteira, mas infelizmente apesas dous conseguírom o seu alvo. 207 caírom no monte sob as balas repressoras, 14 cabezilhas fôrom fusilados e o resto atrapados até morrerem muitos lentamente pola açom da tuberculose e outras enfermidades. O falangista delator e outros 30 presos que colaborárom vírom reduzidas as suas penas.

Entre os mortos desta fugida topavam-se 14 de A Crunha, 5 de Ourense e em Lugo outros 4. Em 1988 levantou-se, com motivo do 50 aniversário, um monumento no monte Ezkaba aos 207 mortos. Aginha cobriu a maleça e o esquecemento e que, para maior escárnio da sociedade "democratiquíssima" do Reino de Espanha foi atacado polos herdeiros do fascismo até em três ocasions, a última em 2009. Por certo, o Partido Popular (o PPN criou-se em 2008 após a cisom entre a UPyN e o PP em Nafarroa) nom condenou este ataque, talvez umha razom mais para que o célebre grupo local Barricada lhes dedicara umha música: "22 de Maio". O mesmo cam com distinto colar e adato às circunstáncias até que seja necessário regressar à barbárie para manter o poder.



Para todos eles a nossa memória, o nosso reconhecimento e o nosso compromisso de continuar com a luita polas suas arelas libertárias. Para nós o seu exemplo de dignidade, luita e compromisso com a democracia, o povo e a liberdade.




quinta-feira, 10 de junho de 2010

Directrizes de ordenaçom do território





Vídeo cumprido do Pleno do Parlamento Galego onde o conselheiro de Médio Ambiente e Infraestruturas fala das DOT. Hai respostas das restantes forças políticas parlamentares.

Como poderedes observar o conselheiro bota esvardalhando meia hora sem dizer praticamente nada, quê é o que se vai passar com Chantada? Tirade vós as vossas próprias conclusons. Lembrar-vos tamém que está aberto o período para recolher achegas da cidadania para o nosso programa eleitoral.

http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/intervencionsVideo.aspx?wmv=0000007037E&timecode=00