Pesquisar neste blogue
segunda-feira, 15 de março de 2010
Nacionalismo
Indicava com acerto Jesús Tusón no seu ensaio El lujo del lenguaje que por si soa a palavra nacionalismo era neutra e que precisava de adjectivaçom. No Estado espanhol o nacionalismo espanhol demoniza os discursos nacionais opostos a el, tildando-os de nacionalismo como se eles nom foram nacionalistas.
De facto, o nacionalismo é a idiosincrasia, o argumento e o latejo de cada naçom e desde que o home deixou de ser mono existe a consciência da existência de comunidades ou tribos, embriom das actuais naçons ou nacionalidades. O próprio termo da conservadora constituiçom de 1978 "nacionalidades históricas" ratifica que esses territórios som é fôrom naçons por muito que ao espanholismo lhe doia como dizia Suso de Toro no seu livro Españois todos:
"A acusación xenérica contra 'o nacionalismo' é simplemente propaganda na guerra ideolóxica entre discursos nacionais. Os estados nación teñen un nacionalismo que pretenden invisíbel, din que non son nacionalistas; iso é unha mentira, unha arma dos nacionalismos xa realizados, constituídos en Estado, contra os que aspiran a existir ou medrar. E non che hai mais.
(...)
O nacionalismo é necesario para que exista unha nación, todas e calquera. (...) Todas esas comunidades teñen un discurso nacional que lles dá identidade. E, ademais, digámolo claramente, defenden os seus intereses e recursos como comunidade e, dentro deles, mo sinaladamente, os da súa clase ou grupo dirixente. Detrás de todo nacionalismo, todos, hai, a máis de poesía, unha cartilla de contas".
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário