Pesquisar neste blogue

quinta-feira, 13 de outubro de 2011

Resumo pleno 10 de outubro

Aprobouse a acta do pleno anterior cunha pequena corrección en canto ao nome dun Concelleiro.

Ponto 3.- Aprobación de solicitude de operación de endebedamento ao Instituto de Crédito Oficial (ICO) para cancelación de débedas con proveedores e autonomos.

Aprobouse por unanimidade. O BNG fixo unha proposta de acordo en canto ao financiamento dos Concellos, que foi aprobada igualmente por unanimidade, que imos transcribir integramente.

Como deixamos de manifesto na Comisión Informativa do xoves 6 de outubro, o noso grupo vai apoiar a solicitude de operación de endebedamento ao Instituto de Crédito Oficial para poder facer fronte ao pago de facturas debidamente aprobadas polo Concello…Non me vou extender nas condicións deste digamos ¨préstamo¨ porque son de sobra coñecidas por todos nós…Estes días só falamos de ICO, de cartos, de débeda, de pagos…Pero hai algo que sí nos gustaría decir, unha cuestión que sempre que hai algún tipo de debate ao respeito, é decir, cando falamos de cartos, o BNG aproveita a oportunidade para volver a insistir sobre o xa tristemente famoso sistema de financiamento local.

¿Non lles parece paradóxico que o Concello teña que devolver uns 400.000 € por mor das famosas devolucións das liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado e sexa o mesmo estado o que nos permita endebedarnos a través dun crédito cuxos fondos salen desa mesma participación?.

Estamos certos cando decimos que o actual sistema de financiamento das entidades locais abócanos hoxe non só á minoración dun importante montante dos ingresos dos concellos senón, como xa comentei, a devolución desas liquidacións, pondo en perigo o mantemento dos servizos públicos locais e á quebra económica e existencia dalgúns concellos.

Os efectos da crise, sumada a insuficiencia financeira crónica dos concellos, constitúe unha mestura explosiva que está a provocar dificultades para atender os servizos públicos

Este modelo de financiamento local, que subordina aos concellos a unha existencia de sobresaltos e angustia económica, afecta tamén á participación da Xunta de Galiza na distribución dos recursos e emprega criterios discriminatorios co noso país ao non ter en conta factores como a dispersión dos núcleos de poboación e o avellentamento, factores estruturais que impiden un axeitado modelo de financiamento ás administracións públicas locais.

Non existen medidas reais para superar esta grave situación, simplemente exixen a devolución de xeito mecánico e administrativo, levando a cabo medidas económicas que prexudican aos concellos e a sociedade en xeral, familias, traballadores e traballadoras. Nós cremos que debe estabelecerse de xeito urxente un aprazamento nas devolucións, condicionandoas en todo caso a que non se poña en risco a suficiencia financeira dos concellos para atender servizos públicos básicos, e tamén unha revisión a fondo do sistema de financiamento local.

Os concellos galegos, por suposto Chantada entre eles, representan aproximadamente o 6,5 % da poboación do Estado español, receben un 5,27% da participación nos ingresos do Estado. Mentres os concellos de Galiza receben 176,54 euros por habitante, a media no conxunto do Estado recebe 221,07 euros.

Así, queda patente que o financiamento dos concellos desde o Estado é insuficiente e inxusto: só ten en conta a poboación (75%) e o esforzo fiscal (25%) e non ten en conta que os custos dos servizos en Galiza, por suposto tamén en Chantada, son máis altos que no resto do Estado pola dispersión e o avellentamento da poboación. Neste sentido cómpre recordar que Galiza conta coa metade dos núcleos de poboación do Estado: 36.000; e que a dispersión encarece os custos da prestación dos servizos.

É necesario reformar o financiamento local e incrementar a contía da participación nos ingresos do Estado. Así, débese integrar plenamente a transferencia da participación nos ingresos do Estado nos orzamentos da Xunta de Galiza, e esta transferencia deberá ter en conta o maior custo dos servizos en Galiza.

Por iso, desde o noso Grupo imos propor a adopción dos seguintes

ACORDOS:

Instar á Xunta de Galiza

1. A que demande do Goberno do Estado a elaboración un Plan que garanta o gasto corrente aos concellos e a acordar unha moratoria no pagamento das liquidacións negativas das cantidades recibidas da Participación de Ingresos do Estado (PIE).

2. A que, así mesmo, demande do Goberno do Estado a reforma urxente do financiamento local, de maneira que o novo modelo incremente a contía da PIE, e dita participación dos concellos galegos se integre plenamente nos orzamentos da Xunta de Galiza. Así mesmo, demandarase que o novo modelo teña en conta o maior custo dos servizos en Galiza, derivado da dispersión dos núcleos e do envellecemento da poboación.

3. Dar conta deste acordo ao Goberno da Xunta de Galiza e aos grupos parlamentares do Parlamento de Galiza.
 _______________________________________________

Aprobouse por unanimidade a moción que apresentamos ao respeito do mantemento de camiños e estradas do Concello, xa coñecida porque está publicada no noso muro desde hai días.
O PP presentou duas moción pola via de urxencia (que foi aprobada), unha para o arranxo dunha pista no lugar de Formaríz, Parroquia de Vilauxe, que foi aprobada por unanimidade.
A outra relativa á situación financieira e de sostenibilidade económica do Concello, así como a necesidade de elaborar un Plano Municipal de Eficiencia co fín de analizar, para mellorar, a estructura organizativa do Concello, melloramento da técnica orzamentaria, incidir no cumplimento do principio orzamentario, políticas de austeridade, cumprimento de prazos nas tramitacións, sobre o saneamento das contas e solicitude de auditoria ao consello de contas. Desde o grupo de goberno se propuxo un acordo para todos os grupos que foi aceitado consistente en facer todo ese traballo ao longo dos vindeiros, dias, xuntanzas periódicas de todos os portavoces, busqueda de solucións, e se non quedamos contentos, auditoria ao Consello de Contas. Aprobouse por unanimidade.

ROGOS E PREGUNTAS. (BNG)

1.- A Deputación de Lugo, hai uns meses, cedeu cinco marquesiñas para a espera de usuarios de transporte público. A ubicación das mesmas foi decidida polo goberno anterior. Estan todas colocadas?. Cambiouse alguna ubicación?

RESPOSTA ALCALDE: Pensa que están todas colocadas e nos lugares indicados

2.- Na pista que transcorre entre Quinzán da Vila e Argozón, realizada por TRAGSA a través dun Plan da Conselleria do Medio Rural, houbo certos problemas na súa construcción (foxos tapados, mal asfaltado, etc). O Concello dirixiuse, no seu momento, tanto a Conselleria como a empresa constructora para arranxar as deficiencias detectadas e se estas non eran subsanadas non se recepcionaria a obra. Teñen alguna nova a este respecto?. Recepcionouse a obra?

ROGO: Dirixirse a Conselleria para ver de buscar alguna solución?

RESPOSTA DO ALCALDE: Agradece a iniciativa porqué así, tal e como se comenta na pregunta a obra non se debería recepcionar. A recepción non está feita por parte do Concello. Fará as xestións pertinentes para saber que pasa. Non ten mingunha novidade ao respeito.

3.- No Monte de Moreiras, no límite entre Chantada e Rodeiro, nas faldas do Faro, estase a construir unha granxa de porcino. Algúns vecinos fixeron alegacións contra esta construcción por temor a contaminación de acuíferos, e incluso agora pode estar invadindo un camino público. ¿Qué sabe desta tema?. Estase controlando esta construcción?. Qué información nos pode dar ao respeito?.

RESPOSTA DO ALCALDE: Non sei decir, para dar a licenza definitiva teremos que facer as indagacións oportunas.

4.- Porque non se están a publicar na páxina web do Concello as actas dos plenos aprobadas até este momento?.

RESPOSTA DO ALCALDE: Non haberá ningún problema para que así se faga no futuro.

5.- No derradeiro pleno de setembro entregámoslle unha proposta de regulamento de Participación Veciñal para o seu estudo. ¿Fíxose?.

RESPOSTA DO ALCALDE: Xa lle ¨din varias voltas¨ e hai cousas que non nos convencen.


6.- Fixo alguna xestión ao respeito de mancomunar algún servizo con concellos limítrofes como quedou de facer no pleno anterior?

RESPOSTA DO ALCALDE: Falou co Tenente-Alcalde de Monterroso, cos Alcaldes de Antas, Guntín, e segundo eles ainda están en ¨pañais¨. Comentáronlle que pola dimensión de Chantada non se dirixiran a él no escomenzo das conversas. Seguen a estudar o tema da mancomundade con todo detalle e detenimiento.

7.- O paseo fluvial carece nestes momentos de luz. Estase a levar a cabo alguna xestión ao respeito?

RESPOSTA DO ALCALDE: Xa está a funcionar.

8.- ROGO: Arranxo de columpios na zona recreativa do Sangoñedo.

9.- No POS da Deputación decidiuse por parte do goberno anterior levar a cabo o arranxo da praza do Grupo Caixa de Aforros. No seu día tamén se decidiu que a licitación e adxudicación, para aforrar trámites administrativos, se fixera por parte da propia Deputación. Sabemos que esta ao final foi feita polo Concello, mediante un negociado sen publicidade, e vimos que non foi convidada ninguna empresa de Chantada. Hoxe mesmo soupemos dunha empresa en concreto que levou a cabo despedimentos. Que foi o que pasou?. A que se debeu esta decisión?...

INAUDITA RESPOSTA DO ALCALDE: Encargouse un funcionario do expediente e outro da licitación.

A resposta do noso grupo foi ¿Cómo?. Esa responsabilidade cédese a un funcionario? 

 - Aprobouse por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito (factura) con cargo a recursos propios por importe de 841,87 euros a laboratorios de biotecnoloxía.
- Aprobouse por unanimidade o Plano de Saneamento financieiro (recurtes de gastos do Concello), condición indispensable para poder optar ao crédito do ICO.
- Moción de INTA sobre o servizo da Fundación Preescolar na casa. Aprobouse por unanimidade



Vaia por diante o noso apoio a esta iniciativa, o noso rexeitamento á decisión da Xunta de Galiza de recortar as axudas a este programa e lembrar, que este programa naceu en Lugo no ano 1977 e xa serve como modelo para o desenvolvemento educativo para outras nacións europeas con características poboacionais e demográficas semellantes a Galiza”. Desde a propia Fundación Preescolar na Casa díxose que “nestes tempos de crise temos que entender que a educación, os servizos educativos non son un gasto. Todo o contrario, son o mellor investimento que se pode facer de cara ao futuro” e deben de ser “as institucións públicas as garantes do mantemento de todos os servizos de benestar social tal e como é Preescolar na Casa, que atende a familias, fundamentalmente, no ámbito do medio rural”.

Como saben , moitas nais e pais deste País asinaron un manifesto en apoio desta iniciativa, o manifesto ímosllo entregar para que se queren o leamos neste pleno e o apoiemos desde a Corporación.

Pero debémoslle decir que tomen exemplo da súa propia iniciativa, é decir, acabamos de aprobar un plano de sanenamento para facer fronte á operación de endebedamento a través do ICO, nel se fala de rescisión de contratos de persoal, pois ben, cando haxa que levar esto a cabo, se pense nesta moción, na filosofía e no fondo desta moción, e non fagan despedimentos en aquelas áreas que comprometan o benestar da nosa poboación, estoume a referir aos servizos sociais, axuda no fogar, xantar a domicilio, podoloxía, educación familiar, centro de información á muller, etc.

quarta-feira, 5 de outubro de 2011

NÓS-UP anuncia que O Piloto será homenageado na XI ediçom do Dia da Galiza Combatente

Fonte orixinal (aqui).



 O último guerrilheiro galego antifranquista José Castro Veiga, popularmente conhecido como Piloto, centrará o Dia da Galiza Combatente 2011, instaurada por NÓS-UP em 2001.

Sam Fiz de Asma acolhe atividades

O ato central terá lugar no cemitério de Sam Fiz de Asma, em Chantada, onde estám os restos do combatente galego abatido pola Guarda Civil 10 de março de 1965.

Sob a legenda Piloto exemplo de coragem, tenacidade e resistência NÓS-UP realizará um comício domingo 9 de outubro às 13 horas.

Intervirám o especialista na guerrilha galega antifranquista Xaquín Yebra Pimentel, Francisco Martínez López "Quico", guerrilheiro antifranqusita que combateu no grupo do Giróm, Laura Guisantes em nome de BRIGA, e o porta-voz nacional de NÓS-UP Alberte Moço.

A iniciativa contará com recital poético e posteriormente terá lugar um jantar de confraternizaçom.

Editada biografia do Piloto

NÓS-UP editou um caderno de 36 páginas com a biografia do Piloto que está sendo distribuido a 1€ e que após o dia 11 de outubro será disponibilizado em formato digital.

Autocarro do Sul

NÓS-UP freta autocarro para facilitar assistência. Partirá às 8.30 horas de Salvaterra com paragens em Ponte Areias (8.45h), Porrinho (9h), Vigo (9.15h) e Ponte Vedra (10h).

O cartom pode ser adquirido por 8€. Para mais informaçom nacional@nosgaliza.org ou telefonando a 669 778 474.

domingo, 18 de setembro de 2011

RESUMO PLENO 12 de Setembro



Como quedamos, imos facer un resumo do Pleno do día 12 de setembro, o primeiro Pleno Ordinario da lexislatura. Despois de cáseque tres meses, os asuntos a tratar non eran de ¨vital importancia¨ para Chantada. O Mellor, sempre ao noso modo de ver, foron os rogos e as preguntas…

1.- Se aprobaron as actas anteriores cunhas correcións no tocante as dietas, quedaron aprobadas as asimiladas ao grupo II da administración.

2.- Propuxemos como Concellos no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria aos vecinos de Taboada, Carballedo e O Saviñao, ao non poder votarnos a nos mesmos.

3.- Como representante do Concello no Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do servizo contra incendios e salvamento quedou nomeado José Manuel Ledo. Na votación para aprobar esta designación o resultado foi José Manuel Ledo: 8 votos (BNG, PP e PSOE) fronte ao candidato de INTA, Manuel Varela, 5 votos.

4.- Fixáronse coma días festivos para o ano 2012, por unanimidade da Corporación, o día 28 sw agosto (Festa da Empanada) e o 18 de outubro (San Lucas).

5.- Bonificouse nun 95% o ICIO para unha obra de rehabilitación no Casco Histórico co fin de seguir a promover este tipo de iniciativas para revalorizar e promocionar dita zona.

6.- O Concello de Villamarín solicitou o apoio do noso Concello para que se reanuden as obras dun tramo da autovía Lugo-Ourense. No mes de maio, desde o BNG, a través dunha moción, aprobada por unanimidade, pediramos que se reanudaran as obras de ¨toda¨ a autovía, polo que, o acorde que lle imos trasladar ao Concello de Villamarín vai nese sentido, apoioamos a reanudación de toda a obra, non só do tramo que pide dito Concello.

Tamén acordamos, para tratar no vindeiro pleno, volver a pedirle ao Ministario que reanude esas obras, dunha vez.

7.- Aprobouse por unanimidade o cambio de trazado dun camino no lugar de Xillán (Requeixo)

8.- ROGOS e PREGUNTAS:

PREGUNTAS BNG:

1.- Preguntamos porque Chantada non está a liderar ninguna iniciativa para promover unha mancomunidade de Concellos, ao igual que se está a facer na comarca da Ulloa, incluindo a Taboada, que forma parte da nosa comarca natural e tendo en conta que a Xunta de Galiza anunciou que para o ano 2012 hai liñas de axudas (uns 400 millóns de euros) para concellos que teñas algún servizo mancomunado.

RESPOSTA DO ALCALDE: ¨ a verdade e que me pillou un pouco en fora de xogo¨, podemos integrarnos na que xa está en marcha, ou promover outra con Carballedo, con outros da Riveira Sacra, etc. A Deputación, parece, que non lle gusta esta iniciativa.

2.- Preguntamos pola paralización das obras da traída de augas que se está a construir en Requeixo.

RESPOSTA DO ALCALDE: Efectivamente están paralizadas mentras non haxa autorización de Urbanismo por estar situada en Rede Natura, xa empezamos os trámites.

3.- Preguntamos pola cuantia que se está a aplicar as sancións de tráfico no Concello, tendo en conta que existe unha ordenanza municipal donde se regulan as mesmas, e as cantidades que se están a aplicar (200 euros, por exemplo) non veñen reflectidas en dita ordenanza.

RESPOSTA: Hai un regulamento superior, que é o que hai que aplicar, o Regulamento Xeral de Circulación (Ministerio do Interior).

Pola nosa parte decimos que, entón de que vale facer ordenanzas municipais

ROGOS BNG:

1.- Que ao igual que se fixo mo encoro dos Peares, cun convenio entre a Xunta e Gas Natural- Unión Fenosa, se intente, como nos consta que xa fixo vostede na sua anterior etapa como alcalde, e igualmente no anterior goberno municipal, con bastante pouco éxito, por certo, un convenio de similares características para que as Residencias do Encoro de Belesar se podan rehabilitar para algún cometido similar.

COMENTARIO DO ALCALDE: Estase a traballar para poder vicular alguna inicitiva coas licenzas de obra da amoliación do encoro.

2.- Fixemoslle entrega ao alcalde dun borrador de regulamento de participación vecinal para posible aplicación unha vez estudado polo goberno, asociacións, etc e para a súa aprobación.

3.- Pedímoslle tamén que se levara a cabo a limpeza de maleza do camino que vai desde a Ponte a Quintela.

quarta-feira, 25 de maio de 2011

10 questons sobre o 22 de maio em Chantada.

Antom Fente Parada.

Na imagem Susana López Abella, actualmente com Beatriz Mato na Junta da Galiza; Ramón Barreiro, defenestrado politicamente após perder contra Feijoo na carreira do PP pola Junta e de nom alcançar a presidência da Deputaçom de Lugo; Alfredo Suárez Canal, ex-conselheiro de Medio Rural; e Manuel Lorenzo Varela, antigo alcaide polo PP e deputado provincial por esse partido que votara contra o cobro do cánon e que agora lidera INTA, vencedora sem ambagens das eleiçons do 22 de maio que chegou a disputar-lhe o concelheiro número 13 ao PP. INTA obteve finalmente 5 vareadores, o BNG 3, o PP 3 e o PSOE passou de 4 a 2 vareadores nom alcançando nem os 1.000 apoios.

1º) A direita chantadina alcança uns resultados sem parangom desde 1991, precisamente quando a direita se esgazara também em duas candidaturas. Os "independentes" da direita chegam até onde as siglas do PP nom chegárom nunca e mobilizando ao eleitorado como nunca. A soma do PP e de INTA (que nos passados comícios tinham 6 vareadores como PP) é de 8 vareadores (1.292 votos PP e 2.401 voto INTA).

2º) Esta vitória da direita produze-se num quadro em que a ascensom da extrema-direita em todo o Estado (os melhores resultados do PP na história) convida a pensar que muita gente votou em chave de estatais e que um grande número de tradicionais votantes do PSOE virou para a direita, ao tempo que outros somárom-se à abstençom para castigar nestas "primárias" ao PSOE pola sua política neocon. Destarte em toda a Europa regista-se umha defenestraçom continuada da Terceira Via enquanto sobe a direita liberal e a extrema-direita xenofóbica: os Auténticos Finlandeses, Marine Le Pen ou Soares Coelho som exemplo disto perante a caída de Papandreu, Zapatero ou Sócrates.

3º) A abstençom revela em muitas mesas que a participaçom, longe do discurso tradicional, pode favorecer à direita. Existiu nesta pequena abstençom em Chantada (em torno ao 20%) um bom número de jovens que nom votárom e que som aderentes da esquerda e, nomeadamente, do BNG. Outros que nunca votariam PP sim aderírom ao projecto de INTA.

4º) O voto-poder mostra-se mais importante do que, em princípio, se julga nomeadamente no rural que segue a ser o grande handicap do BNG de Chantada, especialmente mesas como Nogueira ou Líncora (6'67% dos votos e 9'31% dos votos respectivamente) face outras mesas rurais como Sam Fiz (22'32%), Muradelhe (23'72%) ou Laxe (25%). INTA raramente chega ao 40% nas mesas da vilta enquanto supera essa percentagem, por vezes com amplitude (sem chegar nunca a 50%) nas mesas do rural agás em Adá e Sabadelhe. A soma de direita no rural supera sempre 60% dos sufrágios agás em Mariz, Laxe e Adá.

5º) As siglas PSOE som umha carga engadida a dia de hoje. As diferenças do PSOE chantadino e a sua constante e contínua descomposiçom botárom por terra umha excelente legisltura no capítulo de gestom e inversons. Está claro que nom avonda com isto pois passárom de 1864 votos a 966 votos num duríssimo castigo do eleitorado. Só recebírom os vareadores que dá a alcaldia  historicamente esteja quem esteja nela: 2.

6º) O candidato mais valorado na vila e entre a mocidade foi sem dúvida Ildefonso Pinheiro, mas a lousa de governar até o último dia com o PSOE provocou que o BNG nom for quem de aproveitar a queda do PSOE como sim aconteceu noutros concelhos como Ponte Vedra ou Teu. Em todo caso, o BNG recebeu apoios novos com respeito a há quatro anos perdendo votos de 2007 a prol de INTA e da abstençom e ganhando alguns do PSOE, do PP e de novos votantes. Na vila os resultados do BNG som francamente bons e entre a mocidade ainda melhores.

7º) Vistos no contexto galego os resultados do BNG chantadino som excepcionais. Mantém a sua representaçom, perde pouquíssimos votos (mas o censo baixou em mil votos, se bem subiu a participaçom), num contexto onde nom existiam "governos amigos" e onde as diferenças com o PSOE, que incumpriu o pacto durante toda a legislatura, eram sobradamente conhecidas. Aliás, o BNG passa a ser a segunda força mais votada e principal alternativa para além de cabeça da oposiçom. Nom é difícil adivinhar um processo de descomposiçom e reorganizaçom do PSOE que o fagam voltar a sua situaçom tradicional (1 concelheiro) nem um apoio do PP a INTA que poda provocar umha "limpeza" no PP (solicitada já encubertamente por Manuel Lorenzo Varela na comparecência em Televinte do domingo) para umha posterior "reunificaçom" onde o PP passe a ser INTA mantendo apenas as suas siglas.

8º) O ciclo de Manuel Anxo Taboada na política municipal tocou a sua fim ao tempo que a cabeça de Susana López Abella pende dum fio, se bem os excepcionais resultados do PP na Galiza nom fam apremiar a "anexom" de INTA na direcçom do PPdG. 

9º) Manuel Lorenzo Varela, após deixar o concelho endividado em mais de sete milhons de euros, com a obra da rua Xoán XIII e a sua financiaçom com Aquagest e com a ruinosa negociaçom do eólico volta a ser alcaide. As redes clientalares, o tu a tu e a campanha casa por casa som muito mais eficientes que a difamaçom e a campanha suja do PP ou que a cordialidade e a campanha "informativa" do BNG. Quanto ao PSOE, a sua campanha praticamente nom existiu em grande parte pola guerra interna que sofre este partido entre os antigos independentes, que controlam o aparato (Surribas, Neira, Taboada, etc.), e os socialistas chantadinos históricos (Maridora, Gisi, etc.).

10º) Com participaçom no governo, com umha gestom impecável e com umha valoraçom do candidato excelente o BNG chantadino nom pode mostrar-se satisfeito ainda quando as siglas BNG nom ajudem precisamente nestes intres muito. Nas passadas passou-se de 1 a 3 e essa barreira parece agora infranqueável. Nom soubemos traduzir a simpatia polo nosso projecto em votos, ainda quando o nosso mitin e a nossa ceia-apresentaçom durante a campanha fossem os mais concorridos (como há quatro anos). No entanto, seria umha leitura embotada nom vermos que somos a oposiçom realmente existente e que isso nos pom numha muito boa situaçom, especialmente na vila, para podermos atingir nas próximas eleiçons mucicipais um excelente resultado que nos permita governar e jubilar dumha vez a velha caste política chantadina que nos conduziu e nos conduzirá muito provavelmente a um beco sem saída. Os vindouros comícios em chave estatal e nacional serám também importantes para ir vendo a evoluçom do BNG e necessitarám de campanhas cada vez mais coordenadas, extensas e que cheguem a mais e mais vizinhança. A esquerda chantadina avança nom tanto como gostariamos muitos, mas a sua ascensom semelha imparável.




quinta-feira, 12 de maio de 2011

O candidato de Susana segundo O Carrabouxo

AS NOSAS PROPOSTAS

Se a cidadanía nos da a confianza o día 22 seguiremos na mesma dirección e os nosos compromisos son:
  • Na administración axilidade, igualdade, equidade e trato amábel completando a implantación da administración electrónica.
  • Participación veciñal na vida do concello, instauración de orzamentos participativos.
  • Imposición dunha taxa ecolóxica aos que usan os nosos recursos naturais como o Salto de Belesar e os parques eólicos.
  • Desenvolvemento do polígono para a creación de emprego e non para fins especulativos.
  • Continuar e reforzar o estímulo á creación de postos de traballo con beneficios fiscais. A creación de postos de traballo terase en conta na adxudicación de obras.
  • Plan de servizos de auga e rede de sumidoiros a todas as aldeas de máis de dez habitantes.
  • Novo acceso o barrio da Ponte dende o mercado gandeiro.
  • Construción dun centro de día con máis capacidade.
  • Estímulo ao adecentamento de edificios.
  • Ofertar actividades deportivas e lúdicas nas parroquias.
  • Apertura dun colexio durante o verán para os nenos e nenas para actividades de lecer e tempo libre.
  • Rematar a casa da alameda para o seu uso como biblioteca, oficina de turismo, oficinas municipais.
  • Elaboración dun mapa turístico dixital que permita identificar na rede a riqueza patrimonial, etnográfica, histórica monumental, paisaxística, etc., así como identificar os estabelecementos hostaleiros, lugares de interese, roteiros.
  • Promocionar a sensibilización e a educación ambiental
  • Continuar coas audas para as mozas e mozos que estuden fóra da nosa vila.
  • Garatizar a cobertura universal de internet.
  • Continuar co impulso á rehabilitación e seguir coa recuperación e posta en valor do patrimonio histórico artístico e natural.
  • Apoio incondicional á Feira do Viño, Festa da Sidra, Castañazo Rock, Feira do Gando Frisón, Cultura Fluvial, Folión de Carros, Banda de Música, Casa da música, e a todo tipo de actividade deportiva.
O alto custe do sostemento dos servizos obríganos a continuar con medidas de aforro enerxético, mantenemento, etc

quarta-feira, 20 de abril de 2011

A esquerda chantadina fixo onte oficial a súa candidadura

FAINOS CHEGAR AS TÚAS ACHEGAS E PROPOSTAS PARA O NOSO PROGRAMA, que QUEREMOS QUE SEJA TAMÉM O TEU PROGRAMA.
Onte fíxose oficial a candidatura definitiva do BNG para as eleicións locais do mes de maio (video de Televinte eiquí). Tamén onte comúnicabase ao público a lista do PSOE e antonte as do PP e INTA. A pesar da fragmentarización aparente da política chantadina estas siglas non responden nen a culturas políticas diferentes, nen a demandas ideolóxico-políticas da sociedade civil organizada e nen sequera a unha sólida cultura cidadá. Eiquí enfróntanse apenas dúas cultutas políticas: dunha banda, a da esquerda galega chantadina, con un programa e proxecto sólido e ben definido  (cunha equipa que, a diferenza dos restantes partidos da vila, se mantivo unida durante a pasada lexislatura conquistanto importantes logros); e doutra banda unha cultura política que ten unha concepción patrimonial e clientelar das institucións democráticas.
 Eis a candidatura do BNG: 


01.- Idefonso Xosé Piñeiro Díaz. (Chantada) 
02.- Xesús Mazaira Varela. (O Convento)
03.- Olga Otero Gómez. (Arcos)
04.- Antón Fente Parada. (Sta. Cruz de Viana)
05.- Inés Fernández Porto. (Sabadelle)
06.- Alberto Ledo Moure. (Chantada)
07.- Monserrat Rey ...Saa. (Chantada) 
 08.- Castor Fernández Rodríguez. (Pesqueiras) 
09.- Elvira Montes Vence. (Monte) 
10.- Xosé Manuel Ledo Conde. (Sta. Cruz de Viana) 
11.- Maria Anxeles Sánchez González. (S. Pedro de Viana) 
12.- Maria Laura Vázquez Sobrado. (Chantada) 
13.- Xosé Álvarez Bugallo. (Chantada) 
 SUPLENTES
01.- Carlos Fernández Rodríguez. (Agrade) 
02.- Carme González Doval. (Chantada) 
03.- Alfredo Pardo Hermida. (Chantada) 
04.- Astrid Pérez Gómez. (Chantada) 
05.- Ramón Rodríguez Novoa. (O Convento) 
06.- Ilda Mera Bayón. (Chantada) 
07.- Iban Fernández Rodríguez. (Camporramiro)



FUTURO
                                                                                    CHANTADA
ESQUERDA
                                                  REPÚBLICA

GALIZA 
                                                         SOCIALISMO
ECOLOXISMO 
                                   DEMOCRACIA PARTICIPATIVA
DESENVOLVEMENTO
                                                                                              AGRO
FRATERNIDADE                                   MULLER


Adiante CHANTADA, Adiante ILDEFONSO PIÑEIRO DÍAZ, Adiante A ESQUERDA

Bloque Nacionalista Galego


Relacionada:
http://chantadanova.blogspot.com/2011/02/en-chantada-direita-xa-os-seus.html

terça-feira, 22 de março de 2011

A esquerda chantadina xa ten o seu candidato

                                            FUTURO
                                                                                    CHANTADA
ESQUERDA
                                                  REPÚBLICA
GALIZA 
                                                         SOCIALISMO
ECOLOXISMO 
                                   DEMOCRACIA PARTICIPATIVA
DESENVOLVEMENTO
                                                                                              AGRO
FRATERNIDADE                                   MULLER


Adiante CHANTADA, Adiante ILDEFONSO PIÑEIRO DÍAZ, Adiante A ESQUERDA

Bloque Nacionalista Galego


Relacionada:
http://chantadanova.blogspot.com/2011/02/en-chantada-direita-xa-os-seus.html