Pesquisar neste blogue

terça-feira, 7 de fevereiro de 2012

RESUMO. Pleno 6 de febrero de 2012

1.- Aprobáronse as actas dos plenos anteriores, 15/12/2011 e 19/01/2012

2. Deuse conta dos decretos da Alcaldía, do nomeamento da nova interventora municipal e da sentenza do TSXG ao respecto dun establo en Mouricios.

3.- Foi retirado o pu
nto referido á cobertura dunha praza de aparellador municipal por via de urxencia por medio dunha interinidade a tempo parcial.

MOCIÓNS:

BNG:
a.- Para a elaboración dun plan de medidas sobre emprego e formación no Concello.
b.- Sobre Participación Veciñal.

Hai un compromiso por parte da Alcaldía da creación dunha comisión formado por todos os grupos da Corparación, incluíndo para a primeira a cámara de comercio e ao Consello económico e Social, para falar deses asuntos e tratar de chegar a un consenso para elaborar ese plan e falar do proxecto dun Regulamento de Participación Veciñal.

PP:
a.- Sobre o mantemento do paseo fluvial. Aprobada por Unanimidade.
b.- Sobre as obras concargo ao PEIM de Medio Rural. Aprobada por Unanimidade.
c.- Sobre a recollida selectiva de lixo
: Foi retirada polo PP porque a Alcaldía propuxo unha reunión o máis rápidamente posible para tratar o tema entre os portavoces municipais e aportar ideas para facer unhas bases para unha nova adxudicación. A empresa concesionaria actual remata contrato en tres meses.
Sobre a sinalización no corredor galego (estrada de Lalín) por mor do cruce de animais salvaxes: Aprobouse por unanimidade instando a Xunta ás reparacións convenientes.
d.- Sobre a solucitude á deputación para que Chantada sexa sede da empresa de turismo que se está a crear. Aprobada por unanimidade
e.- Sobre que unha rúa de Chantada leve o nome de Manuel Fraga: Foi aprobada cos votos do PP (3) e os de INTA (5). O BNG votou en contra xa que adicarlla non forma parte de ningunha disposición legal, de ningunha norma de cortesía ou de respeito institucional. É unha decisión política porque se honra así ao líder dun partido político que ademáis foi Presidente de Galiza durante 16 anos. Se algo fixo ben, que en tanto tempo supoñemos que sí, foi a súa obriga; todos nós, nos nosos traballos temos a obriga de facelos ben sen buscar nengún tipo de recoñecemento. A traxectoria política de Fraga ten luces e sombras, antes do ano 1978 máis sombras que luces. Ao sair do Pleno, e mentres se debatia, lembrámonos de Julian Grimau, de Enrique Ruano, de Castelao (prohibiu o Sempre en Galiza), de Salvador Puig Antich, dos traballadores mortos en Gasteiz despois da carga policial por defender os seus dereitos e das gabias (¨cunetas¨)...

MOCIÓNS URXENTES:
a.- Facultouse ao Alcalde para iniciar conversas cos Alcaldes das vilas por onde pasa a Autovia Lugo-Ourense para acadar un consenso para entre todos reclamar ao Estado (Ministerio de Fomento) a conclusión das obras de dita autovía.

b.- Decidiuse por unanimidade ceder as dietas do Pleno á familia que lle ardeu a casa en Garabelos así como abrir con elas unha conta para que cada quen achegue o que poda.

Fixemos unha proposta, sen votación, sobre a posibilidade de que Chantada se dera de baixa no Consorcio Turístico da Ribeira Sacra. Tratábase de pulsar de primeira man esta posibilidade. Falarémolo no futuro.

ROGOS E PREGUNTAS:

BNG:
Na depuación de Lugo existe un escrito de novembro de 2011 asinado polo Alcalde renunciando aos 6.000 euros de subvención para a feira ecolóxica (ECOSUS), coñece ese escrito?

RESPOSTA DO ALCALDE: Sí
No Pleno anterior presentamos unha moción co fín de aumentar os ingresos para o aproveitamento dos espazos públicos (empresas de telefonía, bancos e empresas de enerxía). Xa se fixo algo a este respeito?

RESPOSTA DO ALCALDE: Non.


Vaise levar a cabo alguna reforma na ordenanza do Punto Limpo, hai empresas que teñen problemas coa retirada dalgúns enseres (colchóns, mobles, etc)?,

RESPOSTA: Hai que traballar nese tema, estamos a facelo.



ROGOS:
Que se limpe a fosa séptica de Viana.
Que se arranxen os enlaces da páxina web do Concello, en concreto os relativos ás consultas de actas de plenos, é imposíbel acceder.

Rúa Fraga en Chantada



Os votos do PP (3) e os de INTA (5) [Independentes Terra do Asma], fronte a BNG (2) (Olga non puido asistir por motivos familiares graves) e PSOE (2) fixeron posíbel que Fraga Iribarne teña unha rúa de nova creación co seu nome en Chantada.

Hoxe ao sair do Pleno, e mentres se debatia, lembrámonos de Julian Grimau, de Enrique Ruano, de Castelao (prohibiu o "Sempre en Galiza"), de Salvador Puig Antich, dos traballadores mortos en Vitoria despois da carga policial por defender os seus dereitos e das ¨cunetas¨...

Lembrámonos da vergoñenta Transición e de como, a diferenza de Alemaña, Italia, Arxentina ou calquera estado que sobrepasar unha ditadura aquí hai rúas, estatuas e monumentos dos homólogos de Mussolini, Hitler, Goebbels, Videla, Pinochet, Sandino, Duvalier, Marcos... Volvemos aos tempos en que os "vencedores" nomeaban todas as rúas con Primo de Rivera, Franco, ex-combatientes... Ignonimia é o nome que merece a democracia de baixísima intensidade existente no estado español que fai até clamar ao ceo ao xornal The New York Times perante o xulgamento de Garzón.

Se aínda fica algo de dignidade na vila de Chantada é hora de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas para deter esta mostruosidade ou cando menos para que os que ergueron hoxe a man saiban que aínda temos DIGNIDADE, MEMORIA e vontade de exercer como cidadáns e non como ovellas mansas camiño do matadoiro.

quarta-feira, 18 de janeiro de 2012

terça-feira, 17 de janeiro de 2012

MOCIÓN PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE MEDIDAS SOBRE EMPREGO E FORMACIÓN NO CONCELLO


O momento de crise que estamos a padecer fai que moitas familias do noso municipio se atopen nunha situación complicada, e pensamos, que o concello non pode permanecer como espectador de esta situación, tendo en conta que a inserción no mercado laboral é un proceso complexo e que ademáis non se posuen competencias directas en materia de emprego. Pero, como administración máis próxima á cidadanía, temos a obriga ética e moral de por todos os recursos en igualdade ante os veciños e veciñas, isto supón que todos teñan as mesmas oportunidades para conseguir un emprego público ou unha formación axeitada para conseguir a súa inserción laboral, sobre todo aqueles que veñen de sectores especialmente castigados pola crise e que están a piques de rematar as prestacións económicas que perciben.

Nestes días, publicáronse as cifras de paro rexistrado en Chantada correspondentes aos meses de setembro, outubro e novembro do ano 2011. Son especialmente graves para non ser tidas en conta.

No mes de setembro 559 parados, en outubro, 597 e en novembro, 621. Como ven van en aumento a medida que pasan os meses. Se estas cifras se poden considerar graves, hai unha que chama ainda máis atención; e o paro feminino na franxa de idade entre 25 e 44 anos, 159, 161 e 166 respectivamente.

Vista esta situación, dende o BNG estamos na obriga de dar a coñecer a realidade no noso concello. E esta realidade, para desgraza de todos, especialmente dos que a están a padecer mais directamente é que no Concello hai máis de 600 desempregados, que o paro segue a medrar, e que dende o concello se deberían de tomar as medidas necesarias para axudar a paliar estas cifras.

Dende o Grupo Municipal Nacionalista queremos tomar parte e formular unha serie de medidas que permitan sumar os esforzos de todos os grupos municipais e que centremos os nosos esforzos en traballar xuntos en combater o desemprego. Esta situación ten que mudar para garantir o que neste momento ten que ser prioridade de traballo no Concello.

Como se mencionaron expresamente as cifras de paro entre as mulleres, no BNG cremos que se deberían tomar, entroutras, as seguintes medidas:
Informar, orientar e asesorar en materia de emprego, a aquelas mulleres que desexen acceder ao mercado laboral de cara a facilitar a súa inserción laboral.
Proporcionarlles ás mulleres información permanente sobre a situación do mercado laboral na comarca e das ofertas existentes.
Orientar ás mulleres individualmente no proceso de busca de emprego.
Asesorar as mulleres en materia de dereito das traballadoras (contratos de traballo, vacacións, permisos de maternidade e paternidade…)
Proporcionar ás mulleres que queiran iniciar una actividade empresarial, orientación, información e asesoramento para o desenvolvemento e a consolidación da súa empresa.
Divulgar as axudas, bonificacións, subvención e créditos existentes para a creación dunha empresa e proporcionarlle o asesoramento técnico para acadalas.
Achegar as actividades formativas ás mulleres do mundo rural, ás que debido ao seu horario de traballo e illamento territorial lles é difícil desprazarse para recibir a formación.



Por outra banda, e como remate queremos lembrar que unha boa parte da actividade económica do Concello de Chantada aparece aglutinada en torno a un espazo físico concreto: o polígono industrial de Os Acivros, dentro de pouco tempo estará rematada a tan asiada ampliación por iso cremos conveniente unha boa campaña para publitalo, para expoñelo, para dalo a coñecer, incluindo, se fora preciso, en todas aquelas actividades nas que o concello esté presente (festas, feiras turísticas, empresariais, INLUDES, etc).

Por todas estas razóns o grupo municipal do BNG, SOLICITA do Pleno da Corporación, a aprobación dos seguintes:

ACORDOS

1º.- Crear unha Comisión de Emprego onde estean integrados todos os grupos municipais e na que se convidará, cando os asuntos a tratar así o recomenden, a representantes dos axentes sociais con representación no municipio e outros colectivos ou asociacións que poidan ter relación cos temas a tratar en cada momento

2º.- Aprobar un protocolo, por parte desa comisión, para a tramitación das ofertas de emprego e convocatorias de formación donde se elaboren unhas bases tipo para todos os procesos que garantan a igualdade e a transparencia das probas, donde se regule tamén que o Concello ten que dar publicidade total cando vaia facer algún tipo de contartación de persoal ou a seleccionar persoas para calquera curso formativo. Regulando que unha vez recollidas as solicitudes se publicará a lista de admitidos e admitidas para a selección na páxina web, no taboeiro de anuncios e en carteis en todas as dependencias municipais. Nesta publicación figurará a data da proba para avaliar ás persoas seleccionadas. No caso das seleccións de persoal para contratacións para programas financiados por outras administracións nas que estas marquen un número mínimo e máximo de persoas seleccionadas se optará sempre polo número máximo. Un protocolo que regule que nas probas de selección non se utilizará o método da entrevista porque non garante a obxectividade nas puntuacións, ou que Cando haxa calquera proceso selectivo o alcalde presidente comunicará aos grupos municipais do goberno e oposición a apertura deste proceso, a finalidade, a constitución do tribunal e as bases para a selección.

MOCIÓN DO BNG SOBRE PARTICIPACIÓN VECIÑAL



O dereito da persoa a intervir no proceso de toma de decisións no ámbito local, a participación cidadá, constitúe parte inseparábel da sociedade democrática. A participación da cidadania, é necesaria para o funcionamento democrático da sociedade, sendo tamén a clave para a resolución correcta de múltiplos problemas municipais e, favorece a participación activa de todas as persoas na vida do seu barrio, parroquia, lugar de traballo, entidade cultural, deportiva, de lecer, etc

A información, debate, participación e consultas decisorias de todas as veciñas e veciños de Chantada deben ser xunto coa transparencia e a democracia participativa e real os fíos condutores dun Plan de Participación Veciñal que debe fomentar Asembleas veciñais participativas e decisorias do noso Concello.

Hai uns meses, o noso grupo político entregoulle un borrador de regulamento de participación vecinal e nun pleno posterior preguntamos se xa se tiña feito alguna xestión para a aprobación do mesmo ou doutro similar. Vemos que está a pasar o tempo e como non temos máis constancia é polo que propoñemos ao Pleno a aprobación do seguinte:

ACORDO:

1º.- Crear unha Comisión onde estean integrados todos os grupos municipais e na que se convidará a representantes dos axentes sociais, económicos, sindicais e veciñais para, entre todos, facer as reunións e consultas precisas co obxectivo de elaborar e aprobar un Regulamento de Participación Veciñal.

Chantada Xaneiro de 2012

quinta-feira, 5 de janeiro de 2012

MOCIÓN PARA A ELABORACIÓN DUN PLAN DE MEDIDAS SOBRE EMPREGO E FORMACIÓN NO CONCELLO

 A moción rexistrarase no pleno de xaneiro polos vareadores do BNG: Ildefonso Piñeiro, Olga e Xesús Mazaira.

O momento de crise que estamos a padecer fai que moitas familias do noso municipio se atopen nunha situación complicada, e pensamos, que o concello non pode permanecer como espectador de esta situación, tendo en conta que a inserción no mercado laboral é un proceso complexo e que ademáis non se posuen competencias directas en materia de emprego. Pero, como administración máis próxima á cidadanía, temos a obriga ética e moral de por todos os recursos en igualdade ante os veciños e veciñas, isto supón que todos teñan as mesmas oportunidades para conseguir un emprego público ou unha formación axeitada para conseguir a súa inserción laboral, sobre todo aqueles que veñen de sectores especialmente castigados pola crise e que están a piques de rematar as prestacións económicas que perciben.

Nestes días, publicáronse as cifras de paro rexistrado en Chantada correspondentes aos meses de setembro, outubro e novembro do ano 2011. Son especialmente graves para non ser tidas en conta.

No mes de setembro 559 parados, en outubro, 597 e en novembro, 621. Como ven van en aumento a medida que pasan os meses. Se estas cifras se poden considerar graves, hai unha que chama ainda máis atención; e o paro feminino na franxa de idade entre 25 e 44 anos, 159, 161 e 166 respectivamente.

Vista esta situación, dende o BNG estamos na obriga de dar a coñecer a realidade no noso concello. E esta realidade, para desgraza de todos, especialmente dos que a están a padecer mais directamente é que no Concello hai máis de 600 desempregados, que o paro segue a medrar, e que dende o concello se deberían de tomar as medidas necesarias para axudar a paliar estas cifras.

Dende o Grupo Municipal Nacionalista queremos tomar parte e formular unha serie de medidas que permitan sumar os esforzos de todos os grupos municipais e que centremos os nosos esforzos en traballar xuntos en combater o desemprego. Esta situación ten que mudar para garantir o que neste momento ten que ser prioridade de traballo no Concello.

Como se mencionaron expresamente as cifras de paro entre as mulleres, no BNG cremos que se deberían tomar, entroutras, as seguintes medidas:
  • Informar, orientar e asesorar en materia de emprego, a aquelas mulleres que desexen acceder ao mercado laboral de cara a facilitar a súa inserción laboral.
  • Proporcionarlles ás mulleres información permanente sobre a situación do mercado laboral na comarca e das ofertas existentes.
  • Orientar ás mulleres individualmente no proceso de busca de emprego.
  • Asesorar as mulleres en materia de dereito das traballadoras (contratos de traballo, vacacións, permisos de maternidade e paternidade…)
  • Proporcionar ás mulleres que queiran iniciar una actividade empresarial, orientación, información e asesoramento para o desenvolvemento e a consolidación da súa empresa.
  • Divulgar as axudas, bonificacións, subvención e créditos existentes para a creación dunha empresa e proporcionarlle o asesoramento técnico para acadalas.
  • Achegar as actividades formativas ás mulleres do mundo rural, ás que debido ao seu horario de traballo e illamento territorial lles é difícil desprazarse para recibir a formación.

Por outra banda, e como remate queremos lembrar que unha boa parte da actividade económica do Concello de Chantada aparece aglutinada en torno a un espazo físico concreto: o polígono industrial de Os Acivros, dentro de pouco tempo estará rematada a tan asiada ampliación por iso cremos conveniente unha boa campaña para publitalo, para expoñelo, para dalo a coñecer, incluindo, se fora preciso, en todas aquelas actividades nas que o concello esté presente (festas, feiras turísticas, empresariais, INLUDES, etc). 

Por todas estas razóns o grupo municipal do BNG, SOLICITA do Pleno da Corporación, a aprobación dos seguintes:

ACORDOS

1º.- Crear unha Comisión de Emprego onde estean integrados todos os grupos municipais e na que se convidará, cando os asuntos a tratar así o recomenden, a  representantes dos axentes sociais con representación no municipio e outros colectivos ou asociacións que poidan ter relación cos temas a tratar en cada momento

2º.- Aprobar un protocolo, por parte desa comisión, para a tramitación das ofertas de emprego e convocatorias de formación donde se elaboren unhas bases tipo para todos os procesos que garantan a igualdade e a transparencia das probas, donde se regule tamén que o Concello ten que dar publicidade total cando vaia facer algún tipo de contartación de persoal ou a seleccionar persoas para calquera curso formativo. Regulando que unha vez recollidas as solicitudes se publicará a lista de admitidos e admitidas para a selección na páxina web, no taboeiro de anuncios e en carteis en todas as dependencias municipais. Nesta publicación figurará a data da proba para avaliar ás persoas seleccionadas. No caso das seleccións de persoal para contratacións para programas financiados por outras administracións nas que estas marquen un número mínimo e máximo de persoas seleccionadas se optará sempre polo número máximo. Un protocolo que regule que nas probas de selección non se utilizará o método da entrevista porque non garante a obxectividade nas puntuacións, ou que Cando haxa calquera proceso selectivo o alcalde presidente comunicará aos grupos municipais do goberno e oposición a apertura deste proceso, a finalidade, a constitución do tribunal e as bases para a selección.

terça-feira, 20 de dezembro de 2011

RESUMO PLENO 19 de decembro de 2011



1.- Aprobáronse por unanimidade as actas dos plenos do 7 de novembro e do 24 de novembro de 2011.

2.- Deuse conta das resolución adoptadas pola Alcaldía desde o derradeiro Pleno.

3_4.- Aprobouse a liquidación do ano 2010. É un paso obrigado que exixe o Consello de Contas de Galiza unha vez aprobadas pola comisión especial de contas en xuño e despois de estar exposta ao público. Tamén se deu conta do informe de intervención sobre o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria (ingresos = gastos)

5.- Aprobouse por unanimidade a adopción dun acordo sobre a creación de ficheiros de datos de carácter persoal así como a aprobación inicial do Regulamento de creación de tales ficheiros.

6.- MOCIÓNS:

1.- Aprobouse por unanimidade a que presentamos ao respecto da redacción de ordenanzas para creación de taxas pola utilización privativa do dominio público as empresas de telefonía mobil, bancos e empresas comercializadores do sector enerxético (gasísticas, eléctricas, etc) porque se está a producir unha disminución dos ingresos satisfeitos a facenda local polas compañías prestadoras dos servizos de suministros. Como xa comentamos, en ningún caso se poden xustificar recortes sociais sen intentar ter outro tipo de ingresos, xa que, sempre se nos exixe aos mesmos cargar coas dificultades da crise, subas de impostos, recurtes salariais e de pensións ou reformas laborais sangrantes. E ainda por riba, a única reforma constitucional que se fixo no estado, obrígan aos concellos a controlar máis o gasto adoptando medidas antipopulares, regresivas e dolorosas para a cidadanía. As administracións deberían ter a obriga de buscar outro tipo de solución no canto de botar enrriba dos seus cidadáns e dos concellos os problemas que eles non crearon.

2.- Aprobouse por unanimidade unha moción do PP relativa ao pagamento do canon de explotación das piscinas municipais, 90.000 euros.

3.- Aprobouse por unanimidade unha proposta do PP relativa ao control do gasto, da austeridade e da boa xestión en lugar da suba de impostos e taxas aos vecinos.

Apoíamola porque é lóxico non estar de acordo, e así llo deben de transmitir aos seus dirixentes, con todas as medidas que se estan a tomar por parte das administracións, é normal que non esten de acordo coa regulación do dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes  e para as persoas desempregadas, ou co estabelecemento dun pago de 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria, ou coa eliminación da obrigatoriedade de gardas nocturnas para as farmacias dos concellos sen Punto de Atención Continuada. Coa eliminación da necesidade de ter servizo de farmacia nos centros socio-sanitarios de menos de 100 camas afectando  aos hospitais de Cee, O Salnés, Verín e O Barbanza e por pouco a Valdeorras. Un recorte mais na atención sanitaria que se presta dende os hospitais comarcais. Coa proposta de cambio no sistema de adquisición de próteses polo que a persoa usuaria debería adiantar os cartos.

Chegados aquí, o Alcalde conminounos a que nos cinguíramos ao contido da moción, por suposto o fixemos, pero engadindo que se deixara de mallar nos de sempre.

4.- Aprobouse por unanimidade unha moción do PP relativa a pequeñas obras de mantemento en locais sociais no rural.

7.- Aprobouse cos votos do PSOE (2), do BNG (3) e do PP (3) e cos votos en contra de INTA (5), unha moción urxente do PSOE para manter, coma así está nos actuais orzamentos a organización da Feira do Viño do ano 2012 á asociación Quinto Chote.

8.- ROGOS E PREGUNTAS:

OLGA OTERO: Que se arranxe a pista que transcorre entre Santa Cruz e Quintá.

OLGA: ¿Porqué non se organiza este ano a Feira ECOSUS?. Sabe que hai unha partida na Deputación de Lugo de 6.000 euros para este fín. Ao Concello non lle costaría nada máis que o traballo de organizala.

RESPOSTA DO ALCALDE: Pensei que estaba vinculada á Feira do Gando.
OLGA: Son actividades diferenciadas, fixéronse xuntas porqué así se decidiu tendo en conta a opinión dos gandeiros, dinlle información ao seu concelleiro Sr. Penela.
RESPOSTA DO ALCALDE: Foi unha pena que non falara conmigo.

segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

PARA NON MALLAR NOS DE SEMPRE...



MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL NACIONALISTA PARA A ELABORACIÓN DE ORDENANZAS MUNICIPAIS POLA UTILIZACIÓN PRIVATIVA DO DOMINIO PUBLICO.

O Concello de Chantada soporta unhas infraestructuras e uns servizos considerables e caros sen que os ingresos fiscais sexan suficientes para facerlles fronte. En ningún caso se poden xustificar recortes sociais sen intentar ter outro tipo de ingresos, xa que como dixemos noutras ocasións, sempre se nos exixe aos mesmos cargar coas dificultades da crise, subas de impostos, recurtes salariais e de pensións ou reformas laborais sangrantes.

A fiscalidade é un dos grandes obstáculos nos concellos medianos e pequenos como o noso, e debemos tentar atopar solucións sen, como decimos, mallar nos de sempre. E ainda por riba, a única reforma constitucional que se fixo no estado, obríga aos concellos a controlar máis o gasto adoptando medidas antipopulares, regresivas e dolorosas para a cidadanía. As administracións deberían ter a obriga de buscar outro tipo de solucións no canto de botar enriba dos seus cidadáns e dos concellos os problemas que eles non crearon.

Hai tres temas importantes, ao noso modo de ver, nesta proposta. En primeiro lugar, lembrar que hai sectores que viven un momento de importante expansión económica como a telefonía móvil, industria enerxética (eléctricas, eólicas) ou a banca, que teñen en común a necesidade de usar infraestructuras públicas locais ou municipais sen que esto repercuta nas arcas do concello. Para que estas empresas podan ofrecer e prestar os seus servizos, é necesario que desfruten da utilización privativa ou dos aproveitamentos do dominio público local, constituidos polo voo, solo e subsolo das vías ou terreos públicos municipais.

O sector das telecomunicacións, segundo o seu propio informe de mercado, obtivo no ano 2010 unhas ganancias duns 40 mil millóns de euros, no caso da telefonía móvil acadou a cifra de 14 millóns de euros.

O traballo realizado polo Grupo Municipal Nacionalista nos últimos días permitiunos coñecer as cantidades que están a recadar por este concepto outros concellos do País, ao noso ver, cantidades nada despreciabeis. A modo de exemplo, Concello de Cerdeda, 23.000 euros. Arzúa, 26.000 euros. Ribadeo, 42.000 euros.

En segundo lugar, o Tribunal Supremo deu vía libre aos municipios para poder cobrar a caixas e bancos pola utilización intensiva que os caixeiros automáticos fan dos espazos públicos. Nesta sentencia recoñeceuse a lexitimidade para poder cobrar una taxa municipal aos caixeiros automáticos instalados nas fachadas das entidades financeiras. Deste xeito, pódese instaurar unha nova taxa que terán que aboar os bancos e as caixas, sen prexuicio para o consumidor, xa que son estas entidades as que se enriquecen desa utilización de dominio público e non os usuarios.

En terceiro lugar, e como remate, tamén as empresas do sector enerxético (eléctricas, eólicas, solares, etc) fan uso do dominio público nas súas actividades polo que este tipo de taxas serian susceptibeis de aplicación. No caso destas empresas, dito aproveitamento ten características especiais porque fan unha ocupación continua tanto no espazo coma no tempo. Por este motivo, a propia lei regula un procedemento específico para valorar dita utilidade e determinar o importe da cota da taxa, que se pode fixar nun 1.5 % dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente no termo municipal.

Por todo isto, o Grupo Municipal Nacionalista propón ao Pleno a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Elaborar e aprobar unha ordenanza fiscal reguladora do aproveitamento especial do dominio público local a favor de empresas explotadoras de servizos de suministros de interese xeral.

2º.- Elaborar e aprobar a ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalación de caixeiros automáticos nas fachadas dos inmobles con acceso directo dende a vía pública.


En Chantada decembro de 2011

Asdo:

Ildefonso Piñeiro Díaz. Portavoz Nacionalista.

quinta-feira, 24 de novembro de 2011

Pleno Extraordinario. Recurtes da Xunta de Galiza en Servizos Sociais



Hai dous aspectos importantes a ter en conta cando falamos do brutal recurte que o goberno galego está a facer no plan concertado de servizos sociais.

Por una banda queremos lembrar que no pleno do Parlamento galego do 14 de xuño debateuse unha iniciativa na que se instaba á Xunta de Galiza a incrementar o financiamento do Plano Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais de competencia municipal e así asegurar a plena cobertura dosservizos sociais.

Saben cal foi a posición do Partido Popular?... rexeitar a proposición.

Non só se negaron a incrementar o financiamento do Plano Concertado senón que reduciron drasticamente os fondos aos concellos, por debaixo do xa recortado nas previsións orzamentarias do ano 2011 e o máis grave e que os concellos contaban con estes fondos tal como fora anunciado e cando xa teñen comprometidos ou realizados estes gastos
.

A Xunta, logo de varios anuncios sobre orzamentos previstos, en setembro reduciu o financiamentos en 2, 3 millóns de euros e, despois de anunciar que os pagamentos aos concellos faríanse nun 100% no 1º semestre deste ano, a día de hoxe aínda non cobraron.

Por riba, para o vindeiro ano e para acabar cos servizos sociais nos concellos van reducir case que a metade o diñeiro de 2009 para o Plan Concertado (20 millóns no 2009 e para 2012, 12, 4 millóns de euros). No Servizo de Axuda do Fogar enmascaran co anuncio dun aumento de 23 a 30 millóns, a eliminación de 9 millóns do cheque asistencial e a eliminación de 7,4 millóns de euros do Programa Comunitario de Servizos Sociais. O que vén supoñer preto de 7 millóns de euros menos, estrangulando así aos concellos e ás persoas que utilizan os servizos sociais.

E hai máis, exclúen ou dificultan o acceso ao servizo de Axuda no Fogar ás persoas que están fóra do sistema de dependencia ou as que teñen dereito recoñecido á prestacións pero non as reciben, que o 1 de outubro eran 27.400 persoas, case o 50% das que teñen recoñecido o dereito.

O caso de Chantada é coñecido, en axuda no fogar no Plan Concertado se está a prestar servizo a 68 usuarios. Que vai pasar agora co recurte?

Dende 2009 o goberno do PP na Xunta de Galiza vén diminuíndo de xeito ininterrompido os seus orzamentos fronte a crecente demanda por parte dos veciños e veciñas de servizos sociais fundamentais. Eliminan 2,5 millóns de euros para o mantemento das escolas infantís que dependen dos concellos.

Estó é clara demostración de que os recortes do PP afectan ao gasto social e un ataque ás persoas máis vulnerábeis da nosa sociedade, afectando gravemente os dereitos das persoas e executándose de xeito sangrante, con frialdade e crueldade coas persoas máis febles.

É cinismo político cando falan de blindar as políticas sociais. Incluso están dispostos a ir máis alá, introducindo medidas regresivas tamén na sanidade, pois acabamos de coñecer polo DOG de 8 de novembro de 2011 (Decreto 209/2011) que pretenden introducir un procedemento para repercutir nos usuarios e usuarias os gastos ocasionados como consecuencia do uso irresponsábel das prestacións asistenciais do sistema sanitario público, o que vén a significar un paso máis na estratexia solapada de introducir o copago pola asistencia sanitaria na rede da sanidade pública.

Aínda que tamén somos críticos co recorte feito polo goberno do Estado, co acordo dos recortes do PP na Xunta de Galiza, superan con creces estas porcentaxes.

Debemos saber, por outra parte, que con respecto á Dependencia Galiza ocupa o penúltimo lugar do Estado en relación á porcentaxe de persoas que, tendo recoñecido o dereito a percibir a prestación, non a reciben. Penúltimo lugar tamén en canto a ditames realizados sobre solicitudes.

A achega da Xunta de Galiza por habitante en 2010 era de 78,54 euros cando a media do Estado era de 102,35 euros.

Neste Pleno, a corporación de Chantada o que temos que defender é que a Xunta se comprometa a incrementar para o ano 2012 as partidas que financian os servizos e as políticas sociais, polo menos no mesmo nivel que tiñan no ano 2009. E, polo que a nós se refire, tanto aos concelleiros do BNG como aos do PSdeG-PSOE, autores desta iniciativa volvemos a rexeitar a pretensión do PP de crear unha normativa que lle permita aos concellos aplicar o copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos como defenderon na moción que presentaron no derradeiro pleno ordinario municipal.

Chegados a este ponto é donde entra o segundo aspecto ao que nos referíamos ao inicio desta intervención. A actitude do goberno municipal, que por certo, co seu apoio, cos seus votos, aprobaron aplicar o copagamento dos servizos sociais comunitarios básicos e específicos como defenderon os concelleiros do PP na moción que presentaron no derradeiro pleno ordinario municipal. É frustrante, que teña que sair un grupo político desta corporación a protestar sobre estes recurtes e a reacción do goberno se produza varios días máis tarde. É frustrante que non fose o alcalde de Chantada o que abandeirase estas iniciativas. É frustrante que non apoiasen a celebración deste pleno extraordinario e o é porque, estamos a falar do máis importante na vida dun gobernante, a defensa do seu concello fronte aos que se queren cargar por decreto o benestar dos seus vecinos e veciñas.

 Con todo, sr. Alcalde, ímoslle dar un marxe de confianza, ímoslle propor que se quere, se acredita que este é un grave e grande problema que vai ameazar o benestar do concello que goberna, ao igual que xa fixemos no derradeiro pleno, valore reclamar no xulgado, as cantidades que Chantada vai a percibir de menos, para que nos sexan devoltas ao Concello, para poder seguir a prestar o servizo. Escomezando por elaborar un informe sobre a situación do servizo porque haberá que coñecer a situación real de cada un dos usuarios. Co recorte das axudas autonómicas, o Concello, ao mellor, non pode asumir o custe que supón atender estas persoas. Non falamos de camiños, de cemento, senón de programas de intervención con persoas. Se é así, se así o fai, nós imos apoialo.

E por suposto que lle imos pedir que unha das maneiras que ten de facelo é apoiando a moción que apresentamos conxuntamente para aprobación por este pleno.

O recorte da Consellaría de Traballo e Benestar é de 2.398.542,60 euros

O PP, dende a Xunta, está a pasar a tesoira pola Sanidade, a Educación ou a axuda á dependencia e aposta polas privatizacións

O PP decide con estos orzamentos meter a tesoira no gasto social, deixar aos concellos nunha situación moi precaria nas areas de servizos sociais e poñer en risco servizos como a axuda no fogar ou atención de emerxencia social a persoal maiores”.

Entre os recortes de ambas as dúas administración (Estado e Xunta), redúcese o orzamento destinado ao Plan Concertado, que é o instrumento de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios nos Concellos. Como estamos a ver, os primeiros programas afectados son a axuda no fogar, as emerxencias sociais e a prevención e promoción da saúde.

Os recortes no conxunto do orzamento prexudican seriamente o Plan de Inclusión e a Risga. Estes recortes “son inadmisíbeis, cando é máis que evidente que coa crise sistemática capitalista que padecemos, os servizos socias son de vital importancia para evitar a exclusión social que xa sofren moitas persoas e que corren o risco de sufrir moitas máis”.

Miren vostedes, destinar unicamente 12.985 euros para o Plan de Loita contra a Pobreza e Exclusión Social é “unha auténtica demostración de que non se quere atallar o problema”. “Os recortes en servizos sociais significan de facto o finiquito de moitos convenios que a Xunta tiña cos concellos para que estes puidesen cubrir as necesidades sociais das veciñas e veciños”.

Os Servizos Sociais son o sector estratéxico idóneo para a xeración de emprego, de riqueza e de avance de novos dereitos. “Estamos diante do despropósito de botar pola borda os servizos de orientación, de información, de axuda no fogar, de aloxamento preventivo, de prevención e, por ende, de inserción social e laboral”.

Algúns exemplos:

Noia: recurte de 22.000 a 3.000 euros de axuda a domicilio

Consorcio de Ordes: de 80.000 a 9.000 euros.

Brion: 16.225,49 euros no P. C. e 140.000 euros menos para dependentes.

Ames: Recurte de 35.700 euros

Allaríz: un recorte de máis de 26.000€

Caldas, se pasa de 106.323 euros a 62.603.

Chantada: Coñecido…de cáseque 36.000 euros a poco máis de 9.000

Seguen a crer que é un problema de non facer ben os deberes, se é así todos os concellos do País os fixeron mal, ou trátase, de recurte puro e duro.

Nun debate neste mesmo lugar dixen que había que deixar de mallar nos de sempre. Estaba certo que un debate en chantada ía ter pouca repercusión en decisións posteriores que ían tomar as distintas administracións que compoñen o estado. Dixen tamén daquelas que estaba indignado por tanta mentira e aterrado pola posibilidade de que nola fixeran crer, e o resultado é o que é. A indignación non me pasou e as medidas, xa ben, están aquí.

Se hai que falar de recortes na administración, falemos da supresión de administracións sen sentido como as deputacións ou ministerios como o de sanidade ou educación, ou non están transferidas as súas competancias ás Comunidades Autónomas?. Ainda que visto o visto, vanse aprobar os orzamentos da Deputación cun aumento de 100.000 euros para axuda no fogar, quedando en 600.000 euros para paliar os recurtes da xunta, e parece que o goberno que de verdade sobra é o da Xunta.

O noso compromiso, para enfrontar as dificultades derivadas da crise, que queremos deixar moi craro, non causamos nin os cidadáns nin os concellos pero que ambos sofrimos con especial dureza, é o apoio e impulso a iniciativas para forzar a remuda das políticas antipopulares dos gobernos para cobrar máis a quen máis ten.

Temos que esixir que se planten, que nos plantemos ante os poderosos e que deixen de mallar nos de sempre.